Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Xornadas en Ourense

Ronsel de ideas polo patrimonio

Exposicións, proxeccións, obradoiros, música, conferencias, magosto... Continúa até o martes en Ourense a xuntanza arredor do patrimonio inmaterial organizada pola Universidade de Vigo.

Redacción - 12:30 09/11/2008

É a segunda edición da mostra celebra a súa segunda edición da Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués, e ten lugar até o 11 de novembro en Ourense. Un amplo programa que une obradoiros tradicionais e de artesanía, actuacións de música e baile, conferencias e proxeccións audiovisuais. O fío condutor: o Ciclo do ano, denominación baixo a que se reúnen as actividades que os galegos facemos de xeito cíclico cada estación do ano. Cada un dos catro días váiselle adicando a unha estación.

Segundo explica Iván Area, vicerreitor da Universidade de Vigo, a mostra é escaparate axeitado dun ambicioso traballo no que están implicadas as tres universidades do país, a Xunta a través das consellarías de Cultura e Medio Rural e diversos colectivos e institucións, entre os que menciona a Asociación de Gaiteiros Galegos, Ponte nas Ondas, Brinquedia, o Museo do Pobo Galego ou a Fundación Son de Seu, entre outros.

Alén do Proxecto Ronsel, como obxectivo inmediato os sectores implicados traballan para a definición dun plan para a encomenda, salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial. Un proxecto que, explica Iván Area, aposta pola difusión internacional do patrimonio; o seu aproveitamento turístico e a elaboración de materiais educativos e o apoio á edición de contidos en formatos diversos. A iniciativa conta ademais cun espazo propio aloxado no portal da Universidade de Vigo con ampla documentación e arquivos audiovisuais relacionados, desde a forxa á olería, pasando pola muiñeira vella que achegan os veciños de Limiñoa até o encontro de tocadores de trompa.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: