Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EN VALENCIA, NO 25º ENCONTRO

Os escritores de Galeusca denuncian unha "involución" no Estado

Criticaron con dureza "posicionamentos públicos belixerantes" como o 'Manifiesto por la lengua común'.

Redacción - 14:10 10/11/2008

As asociacións de escritores galegos, bascos e cataláns, finalizaron este domingo o encontro que celebraron en Valencia e Sueca entre os días 7 e 9 de novembro. o tema central desta XXV edición xirou ao redor da 'Literatura e a paisaxe do eu', co obxectivo de afondar na literatura como un espazo de construción do propio suxeito e as súas múltiples concrecións. O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez dicía o xoves en Vieiros que o feito de que o encontro se centrase neste tema non significaba que ficasen fora do debate os ataque que nos últimos tempos veñen recibindo as culturas galega, catalá e vasca.

Cesáreo Sánchez afirmaba que precisamente por esa razón é máis importante ca nunca "afondar nas raíces das nosas literaturas nacionais e devolver ao escritor ao centro da creación". "A literatura é un territorio libre", dicía, que engadía que esas presións "non poden condicionar as nosas creacións".

Así, nas conclusións do encontro os ascritores afirman "a evidencia de estarmos a vivir unha situación de involución que se manifesta en posicionamentos públicos belixerantes como o 'Manifiesto por la lengua común', entre outros, que xa nos fixeron responder conxuntamente o pasado mes de xullo". Así mesmo, manifestan a súa intención de "traballar na procura da normalidade como creadores e creadoras, malia as nosas situacións sociolingüísticas, políticas e culturais seren adversas".

A Asociación de Escritores en Lingua Galega estivo representada polos autores Marica Campo, Francisco Castro, Agustín Fernández Paz, Anxos Sumai, Marilar Aleixandre, Isidro Novo, Xerardo Méndez, Carlos Negro, Antía Otero, Mercedes Queixas, Elvira Riveiro Tobío, Xan Arias, Xavier Queipo e Cesáreo Sánchez Iglesias.


5/5 (14 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: