O conselleiro de Industria e o secretario de Estado de Telecomunicacións asinaron unha addenda que supón un préstamo de 99 millóns á Xunta.
Galiza percibirá cen millóns de euros para mellorar as súas infraestruturas de telecomunicacións. Desa cantidade, o 99% procede de fondos do Ministerio de Industria, que lle achega ao Goberno un préstamo a un prazo de 15 anos. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o secretario de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, Francisco Ros, asinaron este mércores o acordo.
O convenio ten un importe total de 99,98 millóns de euros. Fernando Blanco salientou que o acordo lle dará pulo ás infraestruturas de telecomunicacións no país, principalmente nas áreas rurais, onde o acceso ás novas tecnoloxías é máis deficiente. Así, case 94 millóns destinaranse á integración das TIC nas áreas rurais, tanto por redes sen fíos como de fibra óptica, mentres que outros 5 serán para financiar o despregamento da TDT no país, de cara a universalizar o servizo antes do apagón analóxico. Finalmente, 1 millón de euros destinaranse a dotar os polígonos industriais de redes de banda larga, complementando as actuacións xa postas en marcha por Innovación e Industria.
A Consellaría lograra o crédito concedido polo Estado Español na reunión da Conferencia Sectorial da Sociedade da Información de decembro de 2007 na que participar a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela.
Máis frecuencias
Fernando Blanco indicou que o seu departamento aspira a que Galiza teña servizos de telecomunicacións de calidade e de vangarda, con mellores tecnoloxías e estándares. Para iso, o país deberá contar con licenzas de espectro radioeléctrico coas frecuencias que queden libres despois do apagamento da televisión analóxica. Esas frecuencias servirán para crear redes de telefonía móbil ou de internet sen fíos a nivel nacional, e poderán converter Galiza nun "país atractivo para o investimento dos operadores"
Inversión anunciada dos o tres veces cada año, pero que se debe estar embolsando alguien en la Consejería, porque las telecomunicaciones no llegan al rural...
"A Consellaría lograra o crédito concedido polo Estado Español"
Quintana, anota estos 100 millones en el debe de la región de Galicia a la Nación Española...
Si es que España se pasa el día manteniendo a los gallegos...a ver cuándo son capaces de subsistir por sí solos sin la pasta de eso que ellos, despectivamente, llaman Madrid.
Ay como algún día a Madrid le de por dejar de mantener a Santiago...¡a ver cuánto duran los audis, los despachos de 2 millones y las exposiciones de Castelao!
Y añado...¡a ver cuánto duraba entonces Vieiros! ¿U os pensáis que esto nos sale gratis a los gallegos?
Yo vos mandaba al ejército espanhol en misión de paz y a la guardia civil dacaballo para aprendervos a comportarvos. Ibais ver vosotros después si volviais escribir las parvadas galleguistas que escribís en Vieros...
Gaviotero, que non te enteras.
A pasta hai que devolvela: E un préstamo, como ven indica a nova. O mellor tamén che hai que explicar o que é un préstamo.
Bufón! quen vai gobernar en galiza nas próximas? é ese o teu gran problema?
A min faime moita gracia o Gaviotero. Sen il non sería nin a metade de divertidos istes foros. Ánimo e dalles duro!
Imos ver: penso que estamos a tratar dun tema moi delicado e o suficientemente serio, coma para tomalo tan a lixeira. Se coñecemos un chisco ao país, ou sexa; Galiza, temos que recoñecer que preto dun 60% dos núcleos de poboación rural non ten acceso a mal chamada banda ancha ou banda longa, como se lle queira chamar. Non estou a falar da porcentaxe de habitantes, estou a facelo da porcentaxe do territorio; cousa moi distinta.
E ise territorio tamén forma parte da Galiza, ou non? Supoño que tod@s os galeg@s temos os mesmos deberes e os mesmos dereitos. Eu son dos que non quero que no meu País haxa cidadáns de primeira e de terceira coma está a ocorrer até o de agora.
Polo que respeita ao que di o Sr. Blanco; antes de conselleiro, traballador de Telefónica; as hemerotecas non minten. Textualmente dixo: a finais do ano 2008, Galiza contará con banda ancha Universal. Agora todo depende do que o Sr. Conselleiro entenda por Universal. Ollíño ao que latricamos! Cando menos non deixa de ser un chisco sospeitosa a cousa. Tivo bos mestres en Telefónica de España; co Sr. Alierta (información privilegiada incluida) a cabeza; para ter máis perigo ca un anuncio de Telefónica! Co da TDT está a ocorrer algo somellante. A cousa ten a súa frangulla e non deberíamos falar tan a lixeira sobor distes temas que teñen a motísima xente máis que cabreada….e se me apurades un chisco con toda a razón. Só, pensar que iste comentario non o poden ler na meirande parte do territorio galego. Con iso debía sobrar!