Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOBILIZACIÓNS

Estudantes de todo o país dinlle "non" a Boloña

A folga convocada polo Sindicato de Estudantes tivo un seguimento no ensino medio do 90%, segundo a formación, e do 44% ,segundo a consellaría.

Redacción / EP - 19:40 13/11/2008

Arredor de catro mil persoas, segundo o Sindicato de Estudantes, protestaron este xoves en varias cidades do país respondendo á convocatoria dunha folga xeral contra o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), coñecido como o Plan Boloña.

Segundo os datos do sindicato, a manifestación máis numerosa tivo lugar en Compostela, con algo máis de 1.200 estudantes, seguida da de Pontevedra, con mil; 900 en Vigo, 700 na Coruña e 300 en Ferrol. O voceiro en Galiza do sindicato, Lucas Picó, dixo que o seguimento foi algo inferior á protesta do pasado día 22, agás en Pontevedra. Así, cifrou o respaldo do paro nun 70 por cento nas universidades e dun 90 no ensino medio.

Pola súa banda, a Consellaría de Educación apuntou que o seguimento da folga foi de entre un 43 e un 45 por cento no ensino medio, cunha porcentaxe "case uniforme" en todo o país.

O estudantado tamén amosou na xornada o seu rexeitamento a que o goberno español destine miles de millóns aos banqueiros e aos empresarios "mentres recortan a achega para educación e gastos sociais", dixo Picó.

O responsábel da agrupación estudantil tamén fixo un chamamento aos sindicatos CCOO, UXT e CIG para que convoquen unha folga xeral do profesorado conxuntamente coa protesta do estudantado.


3,86/5 (7 votos)

Comentarios (9)

ecoe #1 13/Novembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non á mercantilización e privatización conseguinte da Universsidade Pública.

micsha #2 13/Novembro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



k3ltoi #3 15/Novembro/2008 k3ltoi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

namentres o tratado de bolonha estaba en discusión e había a oportunidade de frealo as ruas galegas saian catro gatos, ¿onde estaba a xuventude? no botellón, agora que está aprobado e non vai haber marcha atrás, ¿protestan? pois agora que apanden....
PD: tampouco me extrañaría nada que saian a rúa so por non ir a clase. En fin a xuventude galega e en xeral esta apapaostia, e o di alguen que ten 20 e pico anos.

galego83 #4 15/Novembro/2008 galego83
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Boloña é inevitable, debido aos acordos dentro da UE para unifica-las carreiras universitarias e favorece-lo libre tránsito de traballadores dentro da UE.

O caso é facer folga para non ir a clase.

Carballo #5 16/Novembro/2008 Carballo
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

La adaptación al Espacio Europeo de Enseñanza Superior iba a suponer lo siguiente:

a) Cambio del modelo de docencia. Poco se habla de este asunto, pues de momento seguiremos con las mismas aulas y estilo de clases magistrales.
b) Cambio de la estructura de los estudios. Habría dos niveles. Grado y Posgrado. De momento y debido a las presiones fácticas van a seguir los dos niveles de ingeniería pues los Máster que debieran ser estudios de prestigio para profundizar conocimientos específicos de carrera o estudios avanzados para investigación se van a convertir en másteres "paraguas" generalistas. En otras palabras, seguirán los dos ciclos y los másteres específicos serán mínimos y sin prestigio. Com hasta ahora. Una vergüenza.
c) Desaparecerían un número importante de carreras. Se hablaba de mantener la mitad (pues, entre otras cosas, desaparecerían las diplomaturas). Pues NO, van a seguir las mismas carreras.
d) Modificación del tipo de profesorado. Sería un profesor más "visitante" y menos funcionario. No se sabe nada de esto.
e) Las carreras serían más cortas y generalistas (el Grado) y menos específicas dejando para los másteres la especialización que surgiera necesaria. Pues NO. Ahora las carreras serán de seis años. O sea dos ciclos de 4 más 2.

Esto es lo que está proponiendo el Sr. Director General de Universidades recientemente. ¿Será así el final de esta larga y patética adaptación al EEES?. Pues SI.

Nuestros hijos encontrarán, en definitiva, mejor enseñanza en cualquier país vecino y con menos sacrificios. Además si en el páis se habla inglés, mejor, por lo menos para las carreras técnicas. Lo siento.

castelom #6 16/Novembro/2008 castelom
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É mui criticável, além de triste, que Vieiros.com, como meio informativo nacional, nom se faga eco da participaçom e da agitaçom do estudantado independentista de AGIR para este acto. Acto que em absoluto convocava só o Sindicato de Estudiantes, colectivo ao qual sempre dades cancha... quando convoca manifestaçons... que nunca se lhes vê o pelo para outra cousa.
É por terdes medo da competitividade com os Comités? Ou porque silenciades AGIR?
A verdade... nom deixa bom sabor de boca, máxime quando AGIR também interveu ao final do acto, também repartiu brochuras informativas, e fijo mais do que ninguém durante estes cursos contra o Processo de Bolonha.
As minhas queixas.

mceleiro #7 18/Novembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#5 Os meus filhos nunca pisarão a universidade. A tua universidade. Esse parvulário onde lhes mercas a titulação aos teus. Terão trabalho, serão mansos escravos com ar de grandeza orneiando em inglês.


A boas horas os protestos contra Bolonha. Será que há eleições em alguma universidade?

Carballo #8 19/Novembro/2008 Carballo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#7
No es mi universidad aunque estudié en ella a distancia y por la noche porque trabajaba. Lo siento te equivocaste de tío.
Tal como está ahora la universidad no me gusta sin embargo soy positivo y la juzgo con seriedad para que cambie. Despotricar es malo pues pierdes credibilidad.

teixugo #9 7/Decembro/2008 teixugo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

UNIVERSIDADE PRIVADA, QUE EU POSSA PEDIR UMA FOLHA DE RECLAMAÇÕES, PRESENTAR UMA RECLAMAÇÃO A QUALQUER MOINANTE INCOMPETENTE.

FUNCIONARIOS NÃO, OBRIGADO.

NÃO, NÃO E NÃO!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: