Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A oposición fala de "fraude"

Milleiros de sandinistas reclaman os resultados electorais nas rúas de Nicaragua

Os países da ALBA expresaron a súa solidariedade co país á vez que rexeitaron a intromisión de EUA nos seus asuntos internos.

Redacción - 09:45 18/11/2008
Policía antidisturbios contén simpatizantes da FSLN

Policía antidisturbios contén simpatizantes da FSLN

Milleiros de seguidores da Fronte Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), partido do goberno de Nicaragua, saíron ás rúas este luns para exixir os resultados finais das eleccións municipais de hai unha semana, mentres se rexistraban esporádicas escaramuzas con simpatizantes conservadores.

O candidato a alcalde do Partido Liberal Constitucionalista (PLC) en Managua, o ex banqueiro Eduardo Montealegre, non recoñeceu os resultados dos comicios que lle deron o triunfo ao ex campión mundial de boxeo, o sandinista Alexis Argüello.

Montealegre non enviou os seus letrados ante a autoridade electoral para efectuar un reconto de máis de dúas mil actas de votación que el mesmo exixira, e seguiu en busca de apoio ante embaixadas e líderes católicos para denunciar presuntas anomalías no proceso. Ademais, estaba prevista unha manifestación de protesta para este martes.

Intervención de EUA e apoio da ALBA

Os gobernos dos países membros da Alternativa Bolivariana para os pobos da nosa América (ALBA), expresaron a súa solidariedade con Nicaragua á vez que rexeitaron a intromisión norteamericana nos seus asuntos internos.

O pasado venres, Estados Unidos condicionou a axuda que outorga a Nicaragua á espera de resultados "transparentes" nos comicios, e recomendoulles este luns aos cidadáns que planean viaxar ao país centroamericano da "crecente preocupación en seguridade".

Sectores da dereita, logo de coñeceren o pasado día 9 a vitoria da FSLN na maioría dos municipios, provocaron disturbios nas rúas da capital nicaraguana.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: