ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
90 ANIVERSARIO DA ASEMBLEA NAZONALISTA DE LUGO

O día que Galiza decidiu ser unha nación

A Fundación Galiza Sempre recupera o manifesto coa publicación dunha edición facsímile.

M.S.P. - 11:00 18/11/2008

Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas. Así comeza o Manifesto ao Pobo Galego saído da I Asemblea das Irmandades da Fala, celebrado en Lugo os días 17 e 18 de novembro de 1918, acta fundacional do nacionalismo galego. Coincidindo co seu noventa aniversario, a Fundación Galiza Sempre (que adquiriu o documento en 1999 e o depositou no Museo do Pobo) publica unha edición facsímil.

As primeiras Irmandades creáranse na Coruña dous anos antes, desenvolvendo neste tempo unha pelexa entre rexionalistas e nacionalistas, e entre progresistas (os irmáns Villar Ponte, Lois Porteiro, Lois Peña Novo, Roberto Blanco Torres, Xaime Quintanilla ou Xoan Vicente Viqueira) e tradicionalistas (Losada Diéguez, Vicente Risco). A primeira, saldouse cunha vitoria das teses nacionalistas, a segunda tamén foi vencida polos progresistas, seguramente dun xeito menos claro, pero suficiente para que poidamos falar de que o nacionalismo galego tivo dende as súas orixes unha base nidiamente esquerdista.

Para Xusto Beramendi o documento constitúe "o maior punto de inflexión da historia do galeguismo político" e os acordos adoptados na asemblea de Lugo "configuran o cerne de tódolos programas do nacionalismo galego até os anos sesenta. É, xa que logo, a súa acta de nacemento". Defíne a Galiza como nazonalidade, reivindica a súa autonomía cunha carga moi importante de competencias, fai unha proposta federal ou mesmo confederal para a Península Ibérica, e defende a cooficialidade de galego e castelán. Propugna, ademais, unha regaleguización idiomática, cultural e xurídica do país. Beramendi salienta que "gran parte das arelas maiores que inspiraron este documento fican hoxe insatisfeitas e seguen a constituir motivo de conflicto político en España e en Galicia".

É un manifesto nacionalista, pois, mais tamén un texto de esquerdas, no que os postulados progresistas, herdeiros do republicanismo federal, priman sobre as ideas tradicionalistas. Para Beramendi "estamos perante un proxecto moi avanzado para o seu momento, que postula unha democracia representativa moderna, daquela non existente en ningún país europeo e menos aínda na España da Restauración: voto para a muller, representación proporcional, limpeza no sufraxio, erradicación do clientelismo mediante a eliminación das Deputacións provinciais e os concellos rurais...".

Non é tan avanzada, no entanto, o seu programa de transformacións socioeconómicas, en particular a cuestión dos foros e dos reximes de propiedade e cesión da terra, non dedicando a este asunto máis ca unha declaración moi laxa: A Asambleia declara de toda urxencia a resolucion do problema dos gravámenes sobor da terra en Galicia e Tamén declara sere un crime contra Galicia o permanente absentismo dos propietarios da terra.

Actos de conmemoracións en Lugo
Baixo o título A Galiza das Irmandades, unha perspectiva actual, a Deputación de Lugo programou nove conferencias sobre a vixencia dos postulados do manifesto, que serán impartidas no salón de actos da institución entre o 18 de novembro e o 31 de xaneiro de 2009. Entre os conferenciantes destacan Francisco Rodríguez (18 de novembro), Xoán Garrido (2 de decembro), Encarna Otero (3 de decembro), Margarita Ledo (4 de decembro), Pilar García Negro (8 de xaneiro), Xosé Díaz (15 de xaneiro) ou Antón Bao (16 de xaneiro).

Pola súa banda, o Centro Social Mádia Leva! conmemora o noventa aniversario da asemblea este martes no hotel Méndez Núñez (Rúa da Raíña) a partir das sete e media da tarde.


Ligazóns

5/5 (23 votos)


Comentarios (29)

rekila #1 18/Novembro/2008 rekila
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

A Comissom de Memória Histórica d Gentalha do Pichel organiza umha ceia-concerto, com Mini e Mero, esta sexta-feira, 22 de novembro para comemorar o 90 aniversário da Assembleia Nacionalista de Lugo.
Máis info no Pichel (rua santa clara 21-compostela)
http://www.agal-gz.org/gentalh...

AGIL #2 18/Novembro/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

E pensar que há gente, a si própria declarada "galeguista", que procura mesmo o contrário do proposto neste projeto!!! E insiste em ser considerada "galeguista"...!!!
Está conseguidas estas propostas?:
«4º. Federación da Ibéria.
»5º. Dentro d-esta federación, igoaldade de relaciós con Portugal.
»6º. Crendo na accidentalidade das formas de goberno intrésanos acrarar que non apelamos por ningunha, mais simpatizaremos dende logo con aquela que se amostre mais doada pra chegare â federación con Portugal.
»7º. Ingreso das nazonalidades da Ibéria na Liga das Nazóns.»

Carlinhos #3 18/Novembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Quanto se recuou em 90 anos, virghemsantirma!

MarioJesus #4 18/Novembro/2008 MarioJesus
[Valora este comentario Positivo +15 Negativo]

Em Lugo hoje, acto de conmemoraçom as 19:30hh. Copiado do blogue da Sociedade Mádia Leva!.

O Centro Social Mádia Leva! conmemora o 90 aniversário da " Asemblea Nazonalista de Lugo"

O Centro Social Mádia Leva! quer conmemorar esta 3ªFeira (martes) 18 de Novembro no hotel Méndez Núñez o 90 aniversário da primeira "Asemblea
Nazonalista" celebrada na nossa cidade polas Irmandades da Fala. Na
Assembleia de 1918 estiverom representadas 67 sociedades agrarias, cinco centros culturais e mandarom a súa adhesión cinco federacións agrarias,
once concelhos, máis de 49 associaçons e numerosas personalidades da
Galiza.
De esta saíu o "Manifesto Nazonalista", onde o galeguismo político
deixa atrás o rexionalismo. Este manifesto constitue a base comum de
todos os programas do nacionalismo galego até a Guerra Civil. Em el
define-se a Galiza como naçon, reclama-se a autonomia integral da Galiza e a cooficialidade do galego.
Literalmente di: “Tendo a Galiza todas as caracteristicas esenciais de
nacionalidade, nós, nomeámonos, de hoxe pra sempre, nacionalistas
galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle todas as aspiracións nin
encerra toda a intensidade dos nosos problemas.”

DIA:3ªFeira (Martes), 18 de Novembro de 2008
HORA: 19:30
LUGAR:Hotel Méndez Núñez (Rua da Rainha)

Para mais informaçom
madialeva@gmail.com

Lisboeta #5 18/Novembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Será que toda esta energia foi mesmo destruida pelo Renegado Franco e seus descendentes espirituais??? Será possível?

Renascimento para a Galiza! Exorcismo para Franco!

mansdodemo #6 18/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +17 Negativo]

¡Canta ledicia me da todo isto que estou lendo!.A Fundación Galiza Sempre,recupera este Manifesto ao Pobo Galego,manifesto nacionalista: "....nós nomeámonos,doxe pra sempre,NAZONALISTAS GALEGOS.....".
¡Canto loitaron as primeiras Irmandades da Fala con personaxes tan importantes pra Galiza!.
Xusto Beramendi....é un avanzado nestes estudos.

Gaviotero #7 18/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -33 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Barcelos #8 18/Novembro/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Home gaviotero non sabiamos que foses galego. Aínda que cando fales dos galegos non xeneralices.

Hispanico #9 18/Novembro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +18 Negativo]

#7
ó gaivoteiro, u-la "naçom espanhola"?
Láride carronheiro: nom há ente corruto e abusador dos dereitos dos povos que dure 1000 anos. A naçom espanhola é só uma ilusom em certas mentes capital-liberalistas ou subdesenvolvidas e nos seus viles e chiantes servidores, coma ti. O Reino bourbónico de Espanha se desmorona ... Ficarám as nações ibéricas, e na dos galegos nom haverá lugar para os traiçoeiros ... vá para a Castela, onde está o teu ninho pútrido e imperialista ...
A Galiza para os galegos!
Castelãs p'ra Castela (mesmo se som aves pelágicas, já atoparám um ninho à beira de qualquer encoro)!
Viva a República dos povos confederados ibéricos!
Abaixo o pútrido reino bourbónico herdeiro do ditador assassino!

luisfoz #10 18/Novembro/2008 luisfoz
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Umha lembrança para Luís Porteiro Garea. Um dos mais importantes e avançados membros das Irmandades. A Assembleia ia-se celebrar uns meses antes mas a famosa "gripe asiática" fizo que se tivesse que adiar. Umha das vítimas mortais daquel terrível andaço foi Porteiro.

Lisboeta #11 18/Novembro/2008 Lisboeta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para quem se ajeita com o inglês descobri a figura inspiradora do nosso pássaro doido ... pendurado pelas asas numa prisão do império.

http://es.youtube.com/watch?v=...

Terrific race these Romans

galeguzo #12 18/Novembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Também recomendável a reportagem de Sei o que nos Figestes... que inclui algumas outras referências que não estão nesta reportagem (igual que não recolhe outras daqui... vamos, complementos perfeitos): http://seioque.com/index.php/b...

rolandomo9 #13 18/Novembro/2008 rolandomo9
[Valora este comentario Positivo +19 Negativo]

Os valentes heroes reintegracionistas non teñen tido a coraxe de actualizar o galego e asumir inmediatamente o galego escrito respectando integralmente a norma universal. No momento até teñen a xustificación do recente acordo ortográfico aceptado por todos os países irmáns da fala.
O actual galego reintegracionista nin é peixe nin carne é minoritario para todos.
O galego reintegracionista ao respectar o actual acordo ortográfico traía para a Galiza unha ortografia vencedora por ter libros de todas as materias así como produtos multimedia. Os estudantes da universidades galegas pasaban a ter libros e outras ferramentas de traballo na ortografia reintegracionista. Isto era un paso importante para a reintegración do noso idioma nativo.
É urxente a actualización do reintegracionismo hai novas palabras que recentemente foron introducidas no vocabulário galego-portugués especialmente relacionadas coa informática e novas tecnoloxías. Nesta actualización Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palabras os reintegracionista a cerca de 5% sendo que se limita á alteración de poucas regras de fácil comprensión.

rolandomo9 #14 19/Novembro/2008 rolandomo9
[Valora este comentario Positivo +19 Negativo]

A sociedade galega ten que esixir do Estado o seguinte:

1- A oficialización do galego na norma universal (como única lingua oficial) conforme o acordo ortográfico ratificado por todos os países irmáns da fala. Co ensino escolar inmediato e obrigatorio para todos os queiran vivir e traballar na Galiza.
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube.com/watch?v=...

2- Recepción inmediata das canles de televisión portugueses na Galiza en canle aberta e recepción por cabo das canles do Brasil, Angola, Mozambique, Guinea, Cabo Verde, Macau, Timor e de todos os países de lingua galego-portuguesas posíbel tecnicamente.
http://www.youtube.com/watch?v...
http://www.youtube.com/watch?v...

3- Entrada da Galiza como membro con todos os dereitos na lusofonia.
http://br.youtube...

5- Entrada da Galiza na xestión no Instituto Internacional da Lingua tendo tamén dereito á presidencia rotativa mesmo sen ser país independente.
http://www.iilp-cplp.cv/index...

Estas son as condicións mínimas para recuperarmos o tempo perdido de desalfabetización en Galego e termos un idioma de traballo que nos axude a gañar diñeiro e prestixio no mundo. O galego é unha lingua universal. Temos que ter inmediatamente unha cultura galega actualizada ao século XXI. O galego/portugués é oficial en 10 Estados soberanos se incluírmos a Rexión Autónoma de Macau na China. Idioma oficial no Mercosur, Unión Africana (onde o español non é) Unión Europea e con tradución permanente nas Nacións Unidas. A Galiza só terá futuro como rexión ou país galego coa recuperación da súa lingua materna. Abran os ollos galegos non se deixen enrolar con crioulos da RAG nin con reintegracionismo desactualizado. Co galego actualizado entramos nun mercado non só literario como en todos os dominios de máis de 250 millóns de persoas. Se temos un idioma nativo e materno con orixe milenária dos nosos antepasados que nos proxecta no mundo porque iremos trocar por un simple crioulo artificial por adopción sen futuro!.... feito á presa pola RAG para continuarmos da dependencia de Madrid.!!

rolandomo9 #15 19/Novembro/2008 rolandomo9
[Valora este comentario Positivo +19 Negativo]

Hino do Antigo Reino da Galiza (incluia a actual Galiza e zonas galegofalantes, Norte e Centro de Portugal)
http://br.youtube...

silvano89 #16 19/Novembro/2008 silvano89
[Valora este comentario Positivo +22 Negativo]

#13 rolandomo9

Em relação aos reintegracionistas tens toda a razão. São uns heróis têm tido um grande trabalho para a recuperação do idioma nativo na Galiza ocupada com SPAM espanholista por todo o lado..
Porém também penso que está a faltar um pouco de visão a estes patriótas. A norma em que escrevem é praticamente aquela que Portugal usava antes da implantação da República.
Concordo que os reintegracionistas devem estar atentos à evolução e aproveitarem o recente acordo ortográfico da língua para actualizar a norma escrita também na Galiza.
Não é com uma norma minoritária que se consegue travar o castelhano na Galiza.
É preciso dar mercado literário aos escritores galegos para estes escreverem em reintegrado.
É necessário haver à venda nas livrarias na Galiza livros sobre todos os temas na norma integrata.
No domínio das novas tecnologias é fundamental a existência de programas informáticos com aplicações para todos os fins no nosso idioma materno.
Os estudantes nas universidades têm de poder ter acesso a livros e documentação para trabalharem e estudarem no nosso idioma materno.
Só assim conseguimos demonstrar na prática aos galegos a utilidade de termos uma língua diferente do castelhano.
Falarmos que somos mais de 250 milhões de falantes sem se mostrar as vantagens disso é poesia.

alfamar327 #17 19/Novembro/2008 alfamar327
[Valora este comentario Positivo +21 Negativo]

#16 silvano89
Acordo total temos de actualizar a norma reintegracionista só assim podemos crescer.
Porém a escrita só não consegue o objectivo se as televisões portuguesas não forem vistas em nossas casas. Estamos pluídos de fonética espanhola.

LANS #18 19/Novembro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo +21 Negativo]

Um dos principais e graves problemas da Galiza, do que já se decataran faz perto de duzentos anos os primeiros provincialistas, e que regionalistas e nacionalistas converteram numa das suas primcipais reivindicações, ainda segue hoje sem solução sem que os partidos institucionais, mesmo os considerados a primeira força nacionalista tenham intenção nenhuma de arranjá-lo.
Esse problema é a actual divisão provincial da Galiza. Temos que exigir a supresióm das quatro províncias e que Galiza fique sendo uma só dividida em comarcas. A divisão em províncias cria centros urbanos e económicos falsos baseados em centros administrativos e judiciais artificiais. As consequências são:
Abandono de aldeias povos e vilas em favor das cidades e o abandono do agro e a gadería a que deveria ser a nossa prioridade a nível produtivo e económico.
Destrución do transporte público de curto percorrido.
Corrupção nas deputacióms provinciais.
Impede-se o desenrrolo de cooperativas a participação cidadão na tomada de decisões.
Perpetuaçôm do caciquismo.
Desvertebración do país etc,...
A primeira reivindicações dos primeiros galeguistas de consciência segue sem se solucionar, hoje seguimos coma faz duzentos anos, porque a divisão territorial imposta por o centralismo espanhol segue vigente.

tinho #19 19/Novembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +24 Negativo]

AGORA E SEMPRE GALIZA CEIVE GALIZA NAÇOM

tuzaro #20 19/Novembro/2008 tuzaro
[Valora este comentario Positivo +20 Negativo]

Galiza non decidíu ser unha nación o 17 e 18 de novembro de 1918 en Lugo. Galiza é unha nación polas súas características, exista ou non ese manifesto e reuníranse ou non as Irmandades. Galiza xa era unha nación antes de as IIFF decidir denominárense "nacionalistas", e ségueo a ser. Porque o noso carácter nacional non depende das reivinicacións senón das nosas características como pobo.

Hoxe e sempre, queiran ou non, Galiza é unha nación!

Biosbardos #21 19/Novembro/2008 Biosbardos
[Valora este comentario Positivo +17 Negativo]

O certo e que en todo caso avanzouse, os nacionalistas eran una minoría antes e agora. Simplemente agora fan máis ruido e son moitos mais aún así, a idea da Nación galega non está espallada nin moito menos na sociedade galega. Ás veces hai que abrir un pouco os ollos

Non ladredes,quen dí que non é certo o que digo?

mansdodemo #22 19/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +14 Negativo]

Tes toda a razón.Hai que abrir os ollos e sobor de todo, a intelixencia.A idea de Nazón Galega non está nin moito menos acougada nesta nosa sociedade galega.Deberíamos facer moita laboura a carón deste tema.¡É de vital importancia!.

galleto #23 19/Novembro/2008 galleto
[Valora este comentario Positivo -18 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



FalaGalega #24 20/Novembro/2008 FalaGalega
[Valora este comentario Positivo +21 Negativo]

O certo galego é o escrito na norma universal.
Defenda sempre a escrita no galego universal coñecido internacionalmente como portugués. Eu estou a aprender.

O crioulo castrapo da RAG é motivo da desgraza da galiza soa falsos galegos (galícios) o apoian.

limosolar #25 20/Novembro/2008 limosolar
[Valora este comentario Positivo +20 Negativo]

A Galiza só terá o seu dia quando o povo falar e escrever bem galego na norma universal.

limosolar #26 20/Novembro/2008 limosolar
[Valora este comentario Positivo +20 Negativo]

A GRANDE VERDADE:
#16 silvano89
Acordo total temos de actualizar a norma reintegracionista só assim podemos crescer.
Porém a escrita só não consegue o objectivo se as televisões portuguesas não forem vistas em nossas casas. Estamos pluídos de fonética espanhola.

chairego #27 20/Novembro/2008 chairego
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



neutro #28 21/Novembro/2008 neutro
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Para haver nação os galegos têm de se entenderem.

Nos últimos dias temos assistido a simpatizantes do REINTEGRACIONISMO e da norma RAG defenderem posições mais frontais e cada uma das partes valorar os comentários positivamente ou negativamente conforme concordem ou não.
Na valorização a vantagem é esmagadora a favor dos REINTEGRACIONISTAS.
Isto justifica-se com o facto de haver muitos simpatizantes dos REINTEGRACIONISTAS que não comentam mas votam.
Será que esta vitória esmagadora dos REINTEGRACIONISTAS é bom para a Galiza e para a recuperação do nosso idioma materno como defendem?
Penso que não. Sempre que galegos estejam em desacordo com questões relacionadas com a língua da Galiza todos perdemos e a Galiza também.
Todos os galegos devem procurar o que os une e não o que os desune.
Aqueles que defendem o galego na norma universal são afinal contra o quê?
1- O Ñ espanhol que na norma RAG substitui o tradicional NH originário da Galiza.
2- O LL espanhol que na norma RAG substitui o tradicional LH originário da Galiza.
3- O CIÓN espanhol que na norma RAG substitui o tradicional ÇÓM originário da Galiza e que num aprofeiçoamento do idioma foi substituído por ÇÃO.
4- As palavras não acabarem em N (como por exemplo en) como prevê a norma castelhana mas em M (em) como é originário da norma galega. Um S entre duas vogais no galego original lê-se Z (por isso A palavra isso tem dois SS para não ser lido como Z)
5- Que não se escreva só respeitando o som de ouvido mas também respeitando a origem das palavras. Em galego JÁ (lê-se XA mas não se deve escrever para respeitar culturalmente a origem da palavra), JO (lê-se XO mas não se deve escrever para respeitar culturalmente a origem da palavra ), GE (lê-se XE mas não se deve escrever para respeitar culturalmente a origem da palavra ), GI (lê-se XI mas não se deve escrever para respeitar culturalmente a origem da palavra ).
6- Respeitar a constituíção das palavras como língua culta e não escrever somente pelo som como os crioulos escritos exemplos: COM A (e não COA), COM AS (e não COAS), COM O (e não CO), Também (e não TAMÉN).
Resumindo são praticamente 6 regras que dividem os galegos e mais alguns pequenos detalhes, entre isolatas e reintegratas.
A nação galega não tem valor suficiente para resolverem esta questão?
Tenho a certeza que sim ambas as partes façam uma refexão e chegarão rapidamente que não há motivos para uns estarem contra os outros.
De um lado dirão os isolatas querem escrever conforme o nosso ouvido ouve e não respeitar a origem familiar das palavras e queremos aplicar as normas castelhanas e não as originárias da Galiza. Nem que para isso o galego se torne um idioma ultraminoritário com dificuldades de não existirem livros nem conteúdos informáticos no idioma e andarmos sempre atrás. Ser uma língua sem autonomia de se impôr no mundo mas queremos viver isolados. Queremos ter um idioma só para casa e o castelhano para trabalhar.
Por outro lado dirão os integratas. O galego/português hoje é uma língua universal. Temos de ter imediatamente uma cultura galega actualizada ao século XXI.
O galego/português é oficial em 10 Estados soberanos se incluirmos a Região Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosul, União Africana (onde o espanhol não é) União Europeia e com tradução permanente nas Nações Unidas.
A Galiza só terá futuro como região ou país galego com a recuperação da sua língua materna. Abram os olhos galegos não se deixem enrolar com crioulos da RAG nem com reintegracionismo desactualizado. Com o galego actualizado entramos num mercado não só literário como em todos os domínios de mais de 250 milhões de pessoas.
O galego reintegracionista ao respeitar o actual acordo ortográfico traz para a Galiza uma ortografia vencedora por ter livros de todas as matérias assim como produtos multimédia. Os estudantes da universidades galegas passam a ter livros e outras ferramentas de trabalho na ortografia reintegracionista. Isto era um passo importante para a recuperação do nosso idioma nativo.
É urgente a actualização do reintegracionismo há novas palavras que recentemente foram introduzidas no vocabulário galego-português especialmente relacionadas com a informática e novas tecnologias. Nesta actualização Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palavras os reintegracionista actualizariam cerca de 5% sendo que se limita à alteração de poucas regras de fácil compreensão.

Se temos um idioma nativo e materno com origem milenária dos nossos antepassados que nos projecta no mundo porque iremos trocá-lo por um simples crioulo artificial por adopção sem futuro!.... feito á pressa pela RAG para continuarmos da dependência de Madrid.!!

Conclusão não se dividem escolham o melhor para a Galiza.
Acabem com esta guerra em que todos perdem. Eu não vou interferir mais em comentários já disse aqui tudo. Não quero ser acusado de spamista mas isto tinha de ser dito neste momento neste tema.

VOU REPETIR NA NORMA RAG PELO RESPEITO IGUAL PELAS DUAS PARTES..

VOU REPETIR NA NORMA RAG POLO RESPECTO IGUAL POLAS DúAS PARTES..
Os últimos días temos asistido a simpatizante do REINTEGRACIONISMO e da norma RAG defenderen posicións máis frontais e cada unha das partes valorar os comentarios positivamente ou negativamente conforme concorden ou non.
Na valorización a vantaxe é esmagadora a favor dos REINTEGRACIONISTAS.
Isto xustifícase co feito de haber moitos simpatizante dos REINTEGRACIONISTAS que non comentan mais votan.
Será que esta vitoria esmagadora dos REINTEGRACIONISTAS é bo para a Galiza e para a recuperación do noso idioma materno como defenden?
Penso que non. Sempre que galegos estean en desacordo con cuestións relacionadas coa lingua da Galiza todos perdemos e a Galiza tamén.
Todos os galegos deben procurar o que os une e non o que os desune.
Aqueles que defenden o galego na norma universal son ao final contra o quê?
1- O Ñ español que na norma RAG substitúe o tradicional NH originário da Galiza.
2- O LL español que na norma RAG substitúe o tradicional LH originário da Galiza.
3- O CIÓN español que na norma RAG substitúe o tradicional ÇÓM originário da Galiza e que nun aprofeiçoamento do idioma foi substituído por ÇÃO.
4- As palabras non acabaren en N (como por exemplo en) como prevé a norma castelá mais en M (en) como é originário da norma galega. Un S entre dúas vogal no galego orixinal lese Z (por iso A palabra iso ten dous SS para non ser lido como Z)
5- Que non se escriba só respectando o son de oído mais tamén respectando a orixe das palabras. En galego JÁ (lese XA mais non se debe escribir para respectar culturalmente a orixe da palabra), JO (lese XO mais non se debe escribir para respectar culturalmente a orixe da palabra ), GE (lese XE mais non se debe escribir para respectar culturalmente a orixe da palabra ), GI (lese XI mais non se debe escribir para respectar culturalmente a orixe da palabra ).
6- Respectar a constituición das palabras como lingua culta e non escribir soamente polo son como os crioulos escritos exemplos: COM A (e non COA), COM AS (e non COAS), COM (e non CO), Também (e non TAMÉN).
Resumindo son practicamente 6 regras que dividen os galegos e máis algúns pequenos detalles, entre isolatas e reintegratas.
A nación galega non ten valor suficiente para resolveren esta cuestión?
Teño a certeza que si ambas as partes fagan unha refexión e chegarán rapidamente que non hai motivos para uns estaren contra os outros.
Dun lado dirán os isolatas queren escribir conforme o noso oído ouve e non respectar a orixe familiar das palabras e queremos aplicar as normas castelás e non as originárias da Galiza. Nin que para iso o galego se torne un idioma ultraminoritário con dificultades de non existiren libros nin contidos informáticos no idioma e andarmos sempre atrás. Ser unha lingua sen autonomía de se impôr no mundo mais queremos vivir illados. Queremos ter un idioma só para casa e o castelán para traballar.

Por outro lado dirán os integratas. O galego/portugués hoxe é unha lingua universal. Temos que ter inmediatamente unha cultura galega actualizada ao século XXI.
O galego/portugués é oficial en 10 Estados soberanos se incluírmos a Rexión Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosur, Unión Africana (onde o español non é) Unión Europea e con tradución permanente nas Nacións Unidas.
A Galiza só terá futuro como rexión ou país galego coa recuperación da súa lingua materna. Abran os ollos galegos non se deixen enrolar con crioulos da RAG nin con reintegracionismo desactualizado. Co galego actualizado entramos nun mercado non só literario como en todos os dominios de máis de 250 millóns de persoas.
O galego reintegracionista ao respectar o actual acordo ortográfico trae para a Galiza unha ortografia vencedora por ter libros de todas as materias así como produtos multimedia. Os estudantes da universidades galegas pasan a ter libros e outras ferramentas de traballo na ortografia reintegracionista. Isto é un paso importante para a recuperación do noso idioma nativo.
É urxente a actualización do reintegracionismo hai novas palabras que recentemente foron introducidas no vocabulário galego-portugués especialmente relacionadas coa informática e novas tecnoloxías. Nesta actualización Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palabras os reintegracionista actualizarían cerca de 5% sendo que se limita á alteración de poucas regras de fácil comprensión.

Se temos un idioma nativo e materno con orixe milenária dos nosos antepasados que nos proxecta no mundo porque iremos trocar por un simple crioulo artificial por adopción sen futuro!.... feito á presa pola RAG para continuarmos da dependencia de Madrid.!!

Conclusión non se dividen escollan o mellor para a Galiza.
Acaben con esta guerra en que todos perden. Eu non vou interferir máis en comentarios xa dixo aquí todo. Non quero ser acusado de spamista mais isto tiña que ser dito neste momento neste tema.

silvano89 #29 21/Novembro/2008 silvano89
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Uma NAÇÃO uma só língua o galego escrito na norma universal.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Asistentes á Asemblea de Lugo
Asistentes á Asemblea de Lugo
Primeira páxina do manifesto. Preme para ampliar
Primeira páxina do manifesto. Preme para ampliar
Carné de afiliación ás Irmandades
Carné de afiliación ás Irmandades