O equipo adestrado polo arxentino Marcelo Bielsa enfróntase ao actual campión de Europa no estadio do Madrigal, en Vila-Real.
Marcelo Bielsa dando indicacións aos seus xogadores
O vindeiro rival da Irmandiña afronta este mércores un complicado partido amistoso fronte ao equipo español que dirixe Vicente del Bosque. O estadio elixido é o Madrigal, na localidade castellonense de Vila-Real.
Os seareiros da selección nacional teñen este mércores unha boa ocasión para comezar a calibrar o potencial do rival ao que se enfrontará o noso equipo o vindeiro día 27 en Riazor. Así, Chile chega a Vila-Real sen os xogadores que aportan os catro clubs máis importante do país andino, como son Universidade de Chile, Colo Colo, Universidade Católica e Cobreloa. O seleccionador chileno Marcelo Bielsa decidiu non chamar os xogadores destes equipos por atopárense xogando a liga final do torneo clausura chileno.
Aínda así presenta un equipo forte no que destacan xogadores como Matías Fernández, Mauricio Isla, Nicolás Corvetto, Carlos Villanueva ou Fabián Orellana. Ao adestrador arxentino acompáñao como asistente técnico un vello coñecido da afección galega: Eduardo Berizzo, antigo xogador do Celta de Vigo.
Innovacións tecnolóxicas na formación
O seleccionador chileno é un fanático do seu traballo e dá como boa calquera pequena mellora que lle axude a optimizar o rendemento dos seus pupilos. Así, Marcelo Bielsa usa as novas tecnoloxías para mellorar a preparación dos seus xogadores, e ensaia en programas informáticos os experimentos tácticos que despois plasma no terreo de xogo.
Mola a perspectiva do titular que pon Vieiros. Non sei se é moi certa pero cando menos nunha nova non moi relevante serve para darnos unha pouca autoestima
homem, por favor, este titular é ridículo, porque todos sabemos que nom é certo. Espero que pretenda encerrar certa retranca...
Chile o que está a preparar é a fase classificatória para o Mundial, e nesse marco é que vai desputar o amigável contra Espanha, assim como outros, incluido o que vai jogar na Corunha contra a Galiza.
"Os Boos e generosos a nosa voz entenden" Soberania estética e retranqueira da "ialma nacional e ardente". Nom gosto do futebol mais si, e bem, do cabeçalho da notícia.
¡Jajaja! ¡Pero qué ridículos por paletos resultan los nacionalistas! ¿Pero acaso no tendrá otra cosa en la que pensar la selección chilena que un bolo navideño contra un combinado regional? ¡Pero si vienen a cobrar y se van! En fin...aldeanos.
jajajaja, que penoso o titular! O que o escribiu ten pouca dignidade...
carafio, de gaviotero entendoo,
pero hai algúns que non detectades a retranca nin ainda que tropecedes con ela...
Paleto, paleto ademáis de homófobo, racista e ludópata é o voso antigo seleccionador, Gaviotero. O que vos gustaba tanto cando gañáchedes a Eurocopa.
Sobre o partido de decembro, a Chile non sei para que lle servirá pero a Galiza serve para que uns cantos miles andemos por alí cunha bandeira con estrela vendo o fútbol e outros miles se queixen dicindo "Yo no quiero que los nazionalistas del Bloque gasten mi dinero en manifestacione separatistas".
Porque iso é exactamente o que imos facer cos teus cartos, Gaviotero, gastalos nunha manifestación nazional-separatista...
Grandísimo titular!!!!!!!!
A ver, sacando ao de sempre, que os demais critiquedes a nova polo titular tan cheo de retranca non é doado de entender...
Por outra parte, estamos comezando a fartarnos de xogar amigábeis contra combinados B de seleccións sudamericanas, que levan unha pasta. Así que a ver se a Consellaría espabila e organiza un partido contra unha potencia de verdade!! Por que non contra os campións de Europa???? Se tan bos son, non terán medo ningún a xogar...
Para a miña opinión o titular é enorme. Se queremos ver os típicos titulares xa existen outros xornais españoleiros.
A algúns amólalles moito que se lle dea un enfoque galego e retranqueiro á noticia do encontro da Selección de Chile e de España.
Parabéns Vieiros!!!
Totalmente dacordo com o titular e com BovedaGZ...Se Chile jogasse em Irlanda (e a mesmo tempo tuver um jogo programado contra Inglaterra) o titular referiria-se primeiramente a equipe irlandesa, dirigido a sociedade irlandessa e em CHAVE IRLANDESSA...A autodeterminaçom começa nas nossas cabezinhas
Nom sei, eu às vezes nom lhe pilho a pretensa retranca a Vieiros, mas reconheço que ao melhor som eu o que nom anda fino...
Quanto ao de cobrar e marchar, haverá algum eunuco mental que pense que com Espanha é diferente...vamos ver, os amigáveis pagam-se...sempre. E, sim, também eu me vou divertir de caralho no jogo da minha selecçom, e causa-me um prazer imenso pensar que paga Gaviotero!!! hehehe....
Censura não.
Galego com ortografia universal sim.