ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARREIRA CARA Á PRESIDENCIA

Feijoo é aclamado como candidato coa intención de "reconquistar España"

O presidente do PPdeG apostou por seguir o "camiño do centro" e por un "galeguismo sen imposicións".

Redacción / EP - 17:00 23/11/2008

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, foi proclamado candidato á presidencia da Xunta pola súa formación política este domingo nun multitudinario acto en Compostela ao que asistiron varios miles de militantes. No seu discurso, Feijoo comprometeuse a seguir polo "camiño do centro" e asegurou que Galiza pode volver a "iniciar a reconquista democrática" do Estado Español.

Núñez Feijoo tamén afirmou que "a partir de hoxe" deixará de ser "unicamente o presidente do partido para ser o presidente de Galiza", o que significa apostar por un "galeguismo" fronte á "división e as imposicións".

Feijoo tamén se amosou confiado fronte á próxima convocatoria electoral: "Estamos en plenas condicións de gañar as eleccións, sexa cal sexa a data e convócovos a iso". Tamén contrapuxo o PPdeG a un nacionalismo "excluínte" e a un socialismo "oportunista", e dixo que o "G de Galiza segue a ter a mesma forza e potencia" ca na época de Fernández Albor e de Fraga, a quen, por certo, o auditorio lle cantou o parabéns para ti.

Intervención de Rajoy
No acto tamén estivo presente o presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, quen se amosou contrario á venda do 20% das accións de Repsol YPF á rusa Lukoil. Rajoy dixo que "non o imos aceptar" e apelou á importancia da enerxía como "elemento de supervivencia" e non "instrumento de poder e para facer política".

Fernández Albor
Pola súa banda, o ex-presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor, quíxolle dicir ao BNG que "tamén somos galeguistas", mais "españois", que aman "a lingua de Rosalía e a de Cervantes". Ao PSdeG dirixiuse para "dicir unha palabra: liberdade", pois, segundo el, os populares defenden "liberdade para todo", fronte ao "intervencionismo" socialista.

Albor dixo que lle pedira ao apóstolo Santiago que "lle dea a benvida aos militantes" e que "Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijoo sexan presidentes de Galiza".


Ligazóns

1,4/5 (15 votos)

Comentarios (45)

subela #1 23/Novembro/2008 subela
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Reconquistar España? galeguismo? división e imposicións? So unha destas palabras non encaixa, as demais, ao longo da historia, adoitaron ir unidas

Gaias #2 23/Novembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Este pailan o unico que vai reconquistar e outro rotundo fracaso nas vindeiras elecciones. E merecido o tera pola sua politica galegofoba e por defender intereses que non son os galegos (centralismo, boicot o estatuto galego, castelan,etc).

Gaias #3 23/Novembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

O galeguismo deles xa o vemos nas plataformas afins coma os GB. O galeguismo dos apartheids, dos manifestos en contra do galego,das manifestacions contra o galego, do despretixio e politizacion da nosa lingua, de criticar o fomento do galego ou a promocion da nosa cultura (Feira do libro da Habana),etc.
Vostede Feijoo non so non e galeguista, senon que e GALEGOFOBO. E xa dixo nun medio madrileño que se gañaba as eleccions ia derogar a Lei de normalizacion linguistica o que suporia MATAR O GALEGO un puquiño mais do que xa fan os empresarios, medios de comunicacion, plataformas galegofobas, os prexuizos arrastrados do franquismo, etc.

Gaviotero #4 23/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -14 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Garrano #5 23/Novembro/2008 Garrano
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Igualico Gavi igualico coñe que noh se entera ejhta ghente que teghtah aziendo mañico con el tico tico tico que ni Fray perico y su borrico!! XD XD

AGIL #6 23/Novembro/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Galeguismo sem imposições? Parece curioso e até tristemente burlesco que o diga (sério?) o partido nacionalista espaÑol, para o qual "espaÑa" e o "castellano" (= espaÑol) "es lo único importante"... Que explique como entrou e se estendeu o "castellano" (= espaÑol) na Galiza, quando não há 200 anos os utentes da "lengua nacional del Reino" eram minoria ridícula... (Ah, as instituições só, unicamente utilizavam essa língua e ignoravam por completo a Galega...)

papuxa70 #7 23/Novembro/2008 papuxa70
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

O outro día vim no Calvario na city ó grupo ó completo : o Feijoo34,a porrera cum globo azul en forma de coraçom,ó Obergefreiter chavim e máis ó peludo Figueirasibam a falar em castelám de "cómo cambiou o barrio para pior" .Quamto bem facía um foguete bem posto¡¡.Gaivoto a oposiçom é tam fría e dura sem o audi e mailas outras prebendas.So long bugger¡¡

Hispanico #8 23/Novembro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

#7
... é-che um plonker, mais do que um bugger, polo menos na gíria do estuario ... ...

galegodosul #9 24/Novembro/2008 galegodosul
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"liberdade para todo"= ricos mais ricos e pobres mais pobres;
Albor dixo que lle pedira ao apóstolo Santiago que "lle dea a benvida aos militantes"= nem Santiago lhes vale!

Arroas #10 24/Novembro/2008 Arroas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

El pijo de "Sr. Alubia" (Beiras dixit),onde vai ese nacido en Gz aspirante a madrileño de 2ª...

condedecotobade #11 24/Novembro/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non víchedes a nova estratexia de marketing do PP? Feij009. Agora este tío crese James Bond. Fantástico! Desde o Eau de Chacón que non se vía nada máis patético.

nchts #12 24/Novembro/2008 nchts
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non valoredes os comentarios de gaivoteiro. Iso é o que el quere. Simplemente ignoradeos. Nin lle contestedes. Só busca enlearnos para que se fale del, e estamos permitíndolle saírse coa súa.

rockandroll #13 24/Novembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Feijoo flipa de mais. Pois nada, a ver se se dá umha boa hóstia e emigra para Madrid.

roixordo #14 24/Novembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Adiante Feixoo, o novo Don Pelayo! XD

xafemar #15 24/Novembro/2008 xafemar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aínda que lle pese a moitos, coa política dependente de madrid, este señor Feijoo o único que acadará nas vindeiras eleccións será unha gran perda de votantes.
Poden encher os congresos que queiran, poder difundir cantas enquisas a favor deles queiran, pero a realidade é que esfarelan pouco a pouco e no momento no que teñamos un partido nacionalista de dereitas, un partido de Galiza e para Galiza. Todos estes pseudo galegos desaparecerán.

xafemar #16 24/Novembro/2008 xafemar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, que apareza no eido político un partido de dereitas Galego non significa ter algo bo, pero si no senso de desfacerse de todos estes centralistas e españolistas que pretenden facernos crer o seu galeguismo de publicidade

garcaxiana #17 24/Novembro/2008 garcaxiana
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Chegou o momento en Galicia, e vese no ambiente que xa dan por gañador a Feijoo tratando de aniquilalos polos comentarios. Pero Feijoo ten un exercito moi grande. Chegou o momento de Galicia, con Feijoo de Presidente da Xunta chegaran os mellores anos de Galicia

curruvello #18 24/Novembro/2008 curruvello
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Miña tía e meu tio estiveron entre os 5.000 do PP. o Comentario que fixeron ao chegar á casa dos meus pais foi: Moita xente, pero xa non imos máis...... Non deron nin un cacho de empanada coma antes. Esto cheira moi mal.

uxiovillamar #19 24/Novembro/2008 uxiovillamar
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



mesiaana #20 24/Novembro/2008 mesiaana
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



vilarmarialopez #21 24/Novembro/2008 vilarmarialopez
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



pineirojosema #22 24/Novembro/2008 pineirojosema
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



leirachacarlos #23 24/Novembro/2008 leirachacarlos
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



rodriguezjuanant #24 24/Novembro/2008 rodriguezjuanant
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



javiervigo #25 24/Novembro/2008 javiervigo
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



carxeva #26 24/Novembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Supoño que todas estas últimas mensaxes serán con retranca, porque senón non as entendo.

Menan #27 24/Novembro/2008 Menan
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

O problema do país é que non hai un centro de verdade. Esquerda rancia ou dereita rancia. mon hai mais

Gaviotero #28 24/Novembro/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -13 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



uxiovillamar #29 24/Novembro/2008 uxiovillamar
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



xafemar #30 24/Novembro/2008 xafemar
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O único que traerá o señor Feijoo a Galiza serán os representantes do pp en Madrid na campaña electoral, prometendo que cando cheguen a gobernar en España Galicia será recompensada co ouro e con tódalas lindezas do mundo.

O único que fará o señor Feijoo presentándose nestas eleccións será recoller unha derrota, eu diría que das que doen, pois posiblemente reciba máis votos que ningún dos seus contrincantes políticos, pero insuficiente para chegar a San Caetano.
Iso por ser un apéndice dos dictames de Madrid, iso por asumir posturas da dereita máis recalcitrante que está deixándose ver por Galiza, iso por non ter unha independencia clara e pensar en clave galega.
É unha tranquilidade saber que o único que acadará políticamente este señor será o consolo de dicir que foi o grupo máis votado.
Pero que siga así, sen dialogar,
que siga así, insultando e mentindo nas cousas que di
que siga así, ancorado na dereita recalcitrante
que siga así, na oposición

xafemar #31 24/Novembro/2008 xafemar
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

Por certo, é un pouco raro que os comentarios que aquí se fixeron dende o 20# ao 25# aparezan por primeira vez neste foro de vieiros.
Ou moito se aburre a mesma persoa, ou no cónclave pepeiro deste domingo deron un cursiño de iniciación á informática.
Parece que para algo serviu, pois empanada e viño teño entendido que desta vez non deron

Albert #32 24/Novembro/2008 Albert
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#31 Hahahaha, si tes razón. Iniciaron unha campaña de spammeo: ou ben unha persoa creou varios alter ego (dúas persoas falando do exercito que ten Frijolito... sospeitoso) ou ben son varios que van pagados polo PP para fcer isto (isto xa o fixera UPyD nas eleccións xerais nalgúns xornais electrónicos).

UnDeTantos #33 25/Novembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Atención ás mensaxes do 20 ao 25: Comeza a reconquista de España!!

¡ja,ja,ja!

trapalleiro #34 25/Novembro/2008 trapalleiro
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Arrecarallo, o do pp (ESE PARTIDO NACIONALISTA ESPANHOL)
non lle valía cun nick que tivo que facer todos eses...

ANGR #35 25/Novembro/2008 ANGR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

SPAM pepeiro, hahahaha. Cousas vereis...

bcngz #36 25/Novembro/2008 bcngz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que ninguén se leve a engano. O Sr. Frijolito non vai gobernar, aínda que saia o máis botado.

tinho #37 25/Novembro/2008 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

caduco e trasnoitado saiu-nos o Feijoo pobre iluso post-franquista, se nom sabes que fazer colhe umha corda e afogate!!

Brath #38 25/Novembro/2008 Brath
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que vaia reconquistar Castela...

descrente #39 25/Novembro/2008 descrente
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Aos que dizem que Feijóo näo crispa a sociedade, recomendo-lhes que dêem uma olhada às hemerotecas. Desqualificaçöes globais dos oponentes, política de denúncias anecdóticas, campanha contra o idioma galego... Porém, näo apresenta propostas concretas, mas apenas discursos oportunistas e vácuos. Ou muito me equivoco, ou com essa bagagem vai ficar longe de "reconquistar" o Governo galego.

Isto näo significa, nem muito menos, que o dito "bipartito" (antes bem, quatripartito: 4 departamentos de Tourinho, 4 do PSOE, 2 de Quintana e 2 do BNG) mereça o louvor do eleitorado. Porém, e apesar da crise - cuja factura pagará exclusivamente o PSOE -, näo existe uma consciência generalizada da necessidade de uma mudança de governantes, muito pelo contrário do ocorrido há 4 anos.

Saúdos cordiais.

P.S.: É evidente a manobra dos sucessivos comentários d@(s) militante(s)/simpatizante(s) do PP. Porém, desde que näo faça(m) comentários desrespeitosos, näo vejo motivo para avaliá-los negativamente. Contra spammers e trolls, a melhor política é ignorá-los.

mansdodemo #40 25/Novembro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

¡Mirade este panorama!
Entón,....non pensedes que o temos todo xa na man.Convén traballar ben,con xeito,máis e millor,.....e non durmirnos nas follas dos laureis.

vilaespesa #41 25/Novembro/2008 vilaespesa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Alguén lembra o que pasou co Prestige, Toneladas de memoria foi o que trouxo para moitos o desastre do chapapote. Alguén lembra ao delegado de goberno Arsenio Fernández de Mesa confundindo os meridianos cos paralelos e o touciño coa velocidade, mentres a merda se ciscaba por todas as nosas rías. Alguén lembra A Fraga, o que firmou a carón de Franco a condena a morte de Grimau, marchando de caza mentres os galegos e galegas paraban a marea negra coas mans. Alguén lembra "los hilillos como de plastilina" que dicía Rajoy. Alguén non sabe que o xefe de Núñez Feijó e Rajoy. Alguen non se da conta de que cando Galiza na UE teña a mesma renta ca Irlanda e que 16 anos de peste fraga fixeron que Galiza este hoxe moito por debaixo de Irlanda. ¿Temos ou non temos memoria?

http://feneconcello.blogspot.c...

VMS #42 26/Novembro/2008 VMS
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Feijoo lo odian los Losantos y compañía por hablar gallego y ser demasiado galeguista, y lo odiais los independentistas por hablar castellano y ser galegófobo. ¿No será que Feijoo está donde estamos la mayoría de los gallegos? Por eso las encuestas dicen lo que dicen, y por eso va a ganar las elecciones. Galicia no quiere radicalismos.

sordoroi #43 26/Novembro/2008 sordoroi
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Polo de agora feijoo non é Fraga, grazas a deus, pero a min o bipartito desilusionoume....Galiza non avanzou cara o autogoberno... Galicia necesita un cambio.... xa basta de trapalladas e tomar o pelo aos galegos

Xianagz #44 26/Novembro/2008 Xianagz
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Feijoo traera a Galicia lo que en este momento no es negado por la administración central y por la incompetencia del Sr. Quin y del Sr. Touriño. El cambio de actuar traera trabajo, capital, infraestructuras y una posicion relevante en España y no la que tenemos ahora.

rasgulkje #45 26/Novembro/2008 rasgulkje
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Si, muller, si, vai o PPdeG facer agora o que non fixo en 16 anos :-D

Non sei se este xeito de actuar será o mellor, pero xa podemos ver que ben van as receitas populares en sitios como Murcia ou Valencia, líderes en paro do estado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: