Colectivos diversos unen voces este martes no Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, subliñando as eivas pendentes nesta loita.
No muro, debuxados os corpos das mulleres vítimas da violencia machista en 2007, en todo o Estado / Flickr: alduntza
No que vai de ano, tres mulleres faleceron en Galiza asasinadas polas súas parellas. No conxunto do Estado suman xa 57 mortes similares. A Organización Mundial da Saúde (OMS) avisa de que a violencia de xénero é a primeira causa de perda de anos de vida entre as mulleres de 15 a 44 anos.
"A orixe está na repartición desigual do poder que segue caracterizando a sociedade". Así analizan desde UXT-Galicia o problema da violencia de xénero que permanece na sociedade. Unha situación que, advirten desde este sindicato, "frea no seu conxunto o desenvolvemento dunha sociedade democrática". Por este motivo, a UXT solicita que se faga un esforzo especial para a especialización das persoas que atenden ás mulleres vítima da violencia machista desde o momento en que realizan as súas denuncias. Doutra banda, CCOO-Galicia apunta que existe un "déficit claro" na aplicación da lexislación contra a violencia de xénero e eivas fundamentais na formación do sector xudicial, axentes das forzas de seguridade e profesionais sanitarios.
Medidas concretas no ámbito da negociación colectiva, coa intención de protexer e amparar as vítimas de violencia nos seus postos de traballo. É unha das iniciativas que a Confederación Intersindical Galega (CIG) salienta con motivo desta xornada. Por outro lado, destacan desde a CIG a idea da coeducación como "ferramenta global e valiosa" para responder ao problema da violencia de xénero é un dos desafíos expostos desde a CIG, indicando que o sistema escolar non é neutro, senón que "reproduce o sexismo e androcentrismo da nosa sociedade". Por ese motivo, chaman desde a CIG a facer especial esforzo desde o ensino en favor do desenvolvemento integral das persoas "sen estereotipos nin roles que nos empobrecen e limitan". Un esforzo coeducador que, advirten, non é tarefa a levar só a cabo desde as escolas.
A historia atrás desta xornada de reivindicación
Hai medio século, un 25 de novembro de 1960, foron atopados os corpos das irmás Mirabal: Patricia, Minerva e María Teresa. Foran torturadas e asasinadas a golpes por axentes policiais ao servizo do ditador dominicano Leónidas Trujillo. O motivo: o seu traballo activo a prol da liberdade política e en favor dos dereitos das mulleres. Vinte anos máis tarde, o primeiro foro feminista de Latinoamérica, celebrado en Colombia, decidiu declarar o 25 de novembro como Día Internacional Contra a Violencia Machista. Unha reivindicación que en 1999 fixo súa a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, a través dunha resolución presentada daquela pola República Dominicana co apoio de ducias de gobernos de todo o mundo.
Capitalismo
(médios de des-informaçom e de contra-educaçom para quem os puider pagar; publicidade cousificadora da mulher e negador de direitos básicos como Vivenda e Trabalho)
+
Nacional-Catolicismo
(Estado confessional, tam-papista-como-o-Papa, subsidiador do Estado Vaticano, disfarçado de Sanidade, Ensino e Património Histórico-Artístico)
=
Violência machista.
Pola miña profesión coñezo moitas mulleres vítimas da violencia machista e teño que dicir que as Administracións Públicas non fan ABSOLUTAMENTE NADA por elas. Moitas delas se queixaban por este motivo. Parece que se puxo "de moda" agora reivindicar dende os poderes públicos este tema, pero por moito que salla nos medios de comunicación e que haxa algo máis de concienciación na sociedade, cando estas mulleres chaman ó famoso teléfono 016, ou acoden a centros dependentes da Xunta ou do Concello pra suplicar un pouco de axuda ou comprensión, vense con que non se fai nada por elas. As funcionarias, moitas delas mulleres, non colaboran nin cumpren co seu deber que é o asesoramento da muller maltratada. Mesmo a unha muller que eu coñezo que lle pegou o home lle di a tipa responsable dun deses centros: mire, es que si usted dice que su marido le pegó y él dice lo contrario, es su palabra contra la suya. Esta muller non ten independencia económica, e que vai facer? pois voltar co seu maltratador, se non de que vive? Hai axudas para que estas mulleres se incorporen ao mercado de traballo e sexan independientes económicamente e, de paso recuperen algo da súa maltreita autoestima?. A resposta é non. Menos días simbólicos e máis medidas concretas, que non as hai.

En primeiro lugar cabe dicir que vos é discriminar pretender igualar o que é manifestamente diferente: aínda que sexa hoxendía politicamente correcta a paridade, a gramalleira, etc., carece de fundamento se non responde ás necesidades propias da humanidade, das mulleres e mais dos homes, das nenas e mais dos nenos, das vellas e mais dos vellos, dunhas e mais doutros.
Por outra banda, cabe salientar, nesa liña das necesidades, da liberdade, que as paridades, o efecto gramalleira está a reproducir con fidelidade a estrutura social do poder, poñendo como principio rector o da discriminación por mor de fortuna: son as mulleres, as fillas, as nais, as irmás, as amigas, as achegadas dos xa poderosos as que entran na gramalleira da paridade.
A chamada loita pola igualdade de xénero só é até o de agora unha acomodación ou optimización á tecnoloxía actual do sistema de sempre de explotación dos máis afortunados sobre os máis desgrazados.