Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MAIOR CAÍDA EN SETE ANOS

A inflación baixa a 2,4 en novembro

O abaratamento do petróleo e dos alimentos sitúa o IPC harmonizado a niveis de agosto de 2007.

Redacción - 11:35 28/11/2008

Os prezos continúan a baixar e a taxa adiantada sitúase xa no 2,4%, a máis baixa dende agosto de 2007. É o cuarto descenso consecutivo que experimenta o IPC harmonizado e chega até os 1,2 puntos.

Dende xullo deste ano, este indicador descendeu xa 2,9 puntos, coincidindo coa tendencia á baixa do petróleo e o abaratamento dalgúns alimentos, segundo as análises elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta taxa harmonizada soe coindicir coa do IPC xeral, máis esta será publicada o vindeiro 12 de decembro, cando se poderá confirmar a importancia desta caída. Con todo, este dato é mellor do agardado polo goberno español, que calculaba unha inflación interanual de novembro do 2,5%.

Compensación aos pensionistas
Se se confirma o 2,4%, o goberno terá que destinar uns 624 millóns de euros a compensar aos pensionistas pola desviación de prezos en 2008, xa que o IPC de novembro é o que se emprega como referencia para a revalorización das pensións. Segundo as estimacións do Ministerio de Economía, a Seguridade Social tería que abonar 312 millóns para esta paga compensatoria.


Ligazóns

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: