Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE ANO E MEDIO DE POLÉMICA

O Parlamento non discutirá esta lexislatura a iniciativa popular contra o plus de altos cargos

A inminente disolución da Cámara impide que se debata o asunto, como demandou formalmente a CIG.

Redacción - 10:52 30/11/2008

A discusión parlamentaria sobre o plus de altos cargos, que tanto deu que falar na segunda metade da lexislatura do bipartito, vai ter que agardar a que pasen as vindeiras eleccións. O adianto electoral (Touriño xa anunciou que as eleccións serán en marzo) leva consigo a disolución do Parlamento, que será efectivo, a máis tardar, a mediados de xaneiro.

O voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, subliñou que o seu grupo non incluíu en ningunha orde do día a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) presentada pola CIG porque sabe que non hai tempo para un debate. A este respecto, dende o Bloque afirman que se isto sucedese a iniciativa caducaría coa disolución da Cámara mentres que deste xeito a demanda “segue viva”. Aseguran, asemade, que o debate podería darse dentro de seis ou sete meses, cando xa estea constituído o novo Parlamento.

O plus de altos cargos aprobouse en xullo de 2007 co apoio de todos os parlamentarios. Porén, o BNG recoñeceu poucos días despois que fora un erro sacar adiante a iniciativa, o que lle supuxo un enfrontamento co PSdeG e co PPdeG.

Meses despois a CIG iniciaba unha recollida de sinaturas. En xuño deste ano dirixentes do sindicato presentaron os máis de 19 mil apoios recadados no rexistro do Parlamento. A xornada acabou cun incidente entre os sindicalistas e o xefe de seguridade do Parlamento, que lles prohibiu improvisar unha conferencia de prensa con xornalistas nas instalacións.


1.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: