As autoridades piden especial precaución nas comarcas do interior. O temporal comezará a remitir este mesmo luns. Información na DXT e Meteogalicia.
A fin de semana deixou en branco a media Galiza. Este luns, a neve e o xeo volveron a ser o principal inimigo dos automobilistas. As autoridades piden que se extremen as precaucións á hora de circular por determinadas comarcas do país. Dende primeira hora da mañá é obrigado o emprego de cadeas para circular en determinados portos de montaña.
A neve e as placas de xeo obrigan a pechar o tráfico a camións e autobuses e a usar cadeas nos termos municipais de Montederramo e Pobra de Trives, na provincia de Ourense, así como tamén complica a circulación en diversas estradas da rede viaria, de maneira que a Dirección Xeral de Tráfico pide extremar a precaución na autovía A-6, en Pedrafita do Cebreiro e no municipio coruñés de Aranga, entre outras estradas.
Segundo a información da DGT e da Garda Civil de Tráfico de Ourense, é obrigatorio o uso de cadeas dende as 6.45 horas deste luns, na estrada OU-536, entre os quilómetros 25 e 45. Ademais, este tramo está pechado á circulación de camións e autobuses, polo que só os turismos están autorizados. Nesta provincia, na OU-0704 entre os quilómetros 0 e 7, tamén se atopa pechada aos vehículos pesados e autobuses, mentres que os turismos deben usar cadeas.
Pola súa banda, as máquinas quitaneves limparon dende esta noite a autovía A-6 para facilitar a circulación nesta vía, nos puntos quilométricos 560 e 431, en Aranga (A Coruña) e Pedrafita do Cebreiro (Lugo), aínda que segundo a información da DTG se pode circular sen problemas, pero extremando a precaución debido á neve e as placas de xeo.
Núcleos incomunicados
O temporal tamén está a deixar incomunicados nas últimas horas a ducias de lugares. A isto súmase o problema co submunistro eléctrico e coa telefonía fixa. Así, lectores de Vieiros comunicaron por correo electrónico que no Courel hai numerosos núcleos de poboación que levan dende a madrugada do sábado ao domingo con
Agárdase que o temporal de frío remita nas vindeiras horas. Segundo Meteogalicia, a partir deste mesmo martes, as precipitacións serán de neve por riba xa dos mil metros.
O Courel leva sen luz e teléfono 48 horas, aldeas incomunicadas dende fai 3 días. En Lugo sempre dando a nota, parece que os Ancares e o Courel foran o Hymalaya e o KaraKorum. Nos Pirineos non hai problema algún, damos vergoña; e a maior parte da culpa teñena os medios por non uinformar destas situacións,
Acredito co exposto por megoxe; que a estas alturas de "desenvolvemento industrial" e co rollo do I+D+i en todos os sectores,con subvencións millonarias a bancos, con políticos corruptos (DO PP¡¡) nos xulgados por tratos ilícitos e carentes de ética con constructores, axudas a merdas varias, etc, etc, etc, e os habitantes das serras (Courel nomeadamente) aínda a estas alturas dependendo da "graciosa concesión" das eléctricas, que explotan o noso territorio, a nosa xeomorfoloxía, a nosa auga, para producir enerxia eléctrica que é NOSA. Os habitantes da montaña merecen ser mimados, son os gardiáns do patrimonio natural e cultural desas terras, de toda GZ.
Que lle constrúan xa a infraestructura e os servizos que se merecen ¡¡¡
Não é só luz e telefone, que sem eles também se pode sobreviver. É ficar totalmente isolados, sem um médico ou uma simples farmácia. Na Galiza estar doente acima da cota de neve pode implicar a morte.
Quanto aos serviços, a Telefónica ou Fenosa não lhes preocupa o mais mínimo arranjar as avarias nas linhas que afectam a "quatro indígenas". Os indígenas guardam em frigoríficos a comida para um ano, a matanza do porco na Galiza caníbal. O problema do subministro eléctrico é algo mais que uma pequena incomodidade.
Enquanto o jornalista da TVG grava os cativos da cidade que jogam alegres em Manzaneda, outros passam sérias dificuldades. Há cidadãos de primeira e de segunda.
Alguém se pergunta porque ficam desertas essas comarcas tão belas e bucólicas? Se os serviços não vão à Montanha, a montanha vai aos serviços.
Tampouco verás que os paisanos se queixen, cando veñen as neves, adícanse pra facer arranxos nas casas e teñen tempo a argallar no que lles gusta. Están afeitos a isas cousas e procuran ter ben mantidas as despensas pra istes eventos