Segundo unha gravación, os bilbaínos mercáronlle ao Levante o partido que lles faría permanecer en Primeira. Mentres, o Celta baixaba a Segunda, a pesar de gañar.
O 17 de xuño de 2007 o porteiro José Francisco Molina, do Levante, xogaba o seu último partido como profesional. Os dianteiros do Athletic conseguiron meterlle dous goles en San Mamés, chegando con eles á salvación, diante o seu público. O último tanto marcouno o levantino Serrano, en propia meta, mais antes viñera o do centrocampista Gabilondo.
Cos dous goles o Athletic conseguía salvarse do descenso nesa xornada final da liga 2006-2007. O Levante xa asegurara a permanencia en Primeira na xornada anterior. E o Celta era enviado directamente a Segunda, a pesar de terlle gañado ao Getafe.
Agora, un ano e medio despois, destapouse o que supostamente aconteceu aquel día de xuño nos vestiarios do Levante; un novo escándalo para o fútbol estatal, no que os principais prexudicados eran os celestes. O programa Sport CV, da cadea Popular TV del Mediterráneo, ofreceu a pasada cuarta feira a gravación dunha suposta conversa entre o presidente do Levante, Julio Romero, e o seu xogador -e, naquela altura, capitán do equipo- Iñaki Descarga. Nela, ámbolos dous falaban da venda daquela partido ante o Athletic por parte dalgúns xogadores. Sempre segundo esta suposta conversa, a vitoria bilbaína fora "adquirida" e pagada en metálico de con anterioridade.
A conversa que trouxo a polémica
Na conversa que emitiu Popular TV, o presidente do Levante e o xogador gabándose da súa presunta venda. O lateral afirma "Agora todos queren a prima. Está metida nunha caixa forte. Se ti ves o partido, non se pode dicir que estea amañado", e despois engade, "Debinllo dicir a todo o cadro de xogadores, pero se o fixese, non se fai isto". Ademais, aparece tamén, nesta gravación de 14 minutos, unha alusión ao presidente da Federación Española de Fútbol, no momento no que o presidente do Levante se alegra de ter favorecido ao "equipo de Ángel María Villar": "digan o que digan, nós temos que dicir que fomos para gañar o partido (...) Encargámonos de que Villar tamén o saiba para dicir... imos ver..., non é que che vaia dar nada, pero si que ao mellor lle estás a dicir: 'Coidado con nós. Non estamos en contra dos teus'. Para que o saiba".
Ao parecer, segundo publica o xornal madrileño El País, ademais do porteiro Molina, tamén se opuxeron ao arranxo do partido o segundo capitán e o lateral esquerdo Rubiales, o centrocampista italiano Tomassi. Os tres son citados despectivamente por Descarga e Romero nesta gravación.
Menuda mafia que é o futbol español, era mellor xogar a liga portuguesa. O Athletic xa é para min un equipo de segunda e cheo de merda.
Por favor.........estás a comparar a liga portuguesa coa española??? supoño que o fas en ton irónico...(agora virán todo-los portugueses a poñer puntos negativos xD)
En relación coa noticia, o Celta NON descendeu por iste amaño, xa que non se descende por un só partido nunha liga de 38 partidos, mais se é certo, é verdade que perxudicou considerablemente ao Celta. O problema é que este tipo de cousas ocorren a cotío e se se destapa isto surxirán outros e quén sabe, o millor o Celta pagou as súas primas tamén....
Pois na liga portuguesa hai a misma mafia ou mais, que inda querían botar ao Oporto de Europa por comprar os árbitros. O que hai que facer e deixarse de historias e facela liga galega, así de paso que vas a velo teu equipo fas turismo polo país.
galego83, agora resulta que non se descende por un partido só? se o celta descendeu por un punto e o Athletic puido mercar tres na ultima xornada, entón si que se descendeu por un só partido.
E se o Celta tamén mercou partidos é verdade, é algo que tes que demostrar con probas, non soltar a lingua alegremente.
O mellor é xogar outra liga, se é a galega sería o mellor, claro.
o mellor expliqueime mal, o que quero dicir é que na miña opinión pese a que ese partido fora amañado non se pode votar toda a culpa do descenso por él. O Celta fixo unha tempada desastrosa e non debeu porse nesa situación.
No mundo do fútbol "todo dios" sabe que as primas existen, e que se chegas ás últimas xornadas e os teus competidores xogan contra equipos que non se xogan nada....pois xa se sabe o que pasa. E isto pasa dende eiquí a Xapón e máis no fútbol que move tantos cartos.
Eu non teño probas nin acuso a ninguén directamente, mais é unha cousa xeneralizada que pasa en todas partes e calquera que saiba algo de fútbol sábeo.
Vaia titular...no próximo proponho "O celta tira 37 xornadas á basura esperando salvarse na última,pero unha susposta prima fíxoo descender"
Por outro lado isto sácao popularTV e faise eco MARCA. Os xogadores do Levante xa negaron recibir ningunha prima.
Segundo,para quen o queira,o vídeo do partido. Non sei,polo menos molina (o porteiro daquela do levante) primado non estaba...
http://www.youtube.com/watch?v...
Le mellor, que na noticia dise que Molina non estaba implicado, ademais de incluírse o mesmo vídeo que mandas e sinalar que na gravación "supostamente" se diría todo isto, sempre segundo Popular TV, que credibilidade non ten moita... e o Marca menos!;)
Tonecha a min o de "Molina non queria cobrar" sóame a chiste barato para xustificar esta "noticia"
Molina atopábase ante o último partido da súa carreira deportiva. Con ser un valente (e Molina foino sempre,no que fixo e no que dixo) e non xogar xa tería tranquila a conciencia..
O primeiro gol foi o en propia meta (un bon remate).
En canto ás divagacións: aquí hai unhas gravacións que din o que din, e ditas por un xogador e o presidente.É como o de Jesuli: dí o que dí, branco e en botella. Outra cousa é que valga legalmente como proba. Pero que ambos partidos foron mercados, é patente.Só non o quere ver quen non lle dá a gaña.Chámase negación da evidencia.
A non ser que sexan todos imitadores ou ventrílocuos.
E por certo, moito se comentou que o que podía estar amañado era o Santander-Betis, por cómo xogaron os cántabros.O outro partido que mandou ao Celta a 2ª. Non me extrañaría nada, lendo a conversa destes dous paxaros, vendo como as gastan estes "profesionais" do futbol e do euro na man.
E os xogadores do Celta regaláronlle... gratis? na sua casa, na derradeira xornada da tempada pasada o triunfo ao Alavés facendo descender ao Racing de Ferrol e salvando ao Alavés.
Así que cada un está onde se merece. Ou é que pensa o Celta que vai ocupar agora o lugar do Atlethic sendo Villar presidente da RFEF?
Manda carallo! van descubrir agora o das primas.
As primas nunca son oficiais e nunca se pode demostrar nada, porque sempre as pode pagar unha empresa da cidade do equipo ou alguén que non ten nada que ver coa directiva do club.
Isto funciona como a CIA ou como o GAL ou como dicían naquela serie de Misión Imposible. "Se alguén é detido, o goberno non se responsabiliza de nada".
Menuda maneira de enfocalo: "esto é o que hai, é como a CIA ou como o Gal". Ou como Guantánamo. Seguro que a quen esto escribe non lle parece nada ben nada de eso.Pero a compra de partidos sí, só porque a derrota do Celta fixo baixar ao Alavés.
Os delitos próbanse con evidencias, non con suposicións.E ninguén fala de que suban ao Celta, xa subirá el só, se Dios quere, ou o demo.
Fixo baixar ao Ferrol, quixen decir.
O celta descendeu por méritos próprios, perdeu 19 partidos e só ganhou 10. 39 pontos é um descenso seguro. Salvar-se era uma milagre, o celtinha jogou uma temporada para despromocionar e ponto. Botar-lhe a culpa a um partido amanhado é fazer ruído. Quando há um jogo no que para a equipa da casa há algo em luta (Athletic) e para o de fora nada (Levante) 9 de cada 10 dentistas recomendam que ganhará o da casa, é o normal. Não me estranharia que o Levante estiver primado para ganhar. E para perder, polo que se ve é seguro que estava.
Se começamos a botar mão de partidos amanhados todos recordamos aquel Valladolid-Celta, aquelo sim que foi de vergonha. E havia muitas equipas implicadas...
Enquanto ao Racing de Ferrol, naquela partida o Celta foi ganhando, sem jogar-se nada, depois o Alavés pus o 1 a 3 no marcador e finalmente o celta apertou ate o 2 a 3 e mesmo teve oportunidades para empatar nos últimos minutos. Dizer que o Celta descendeu ao Racing, é muito dizer.O Racing despromocionara ele só igual que o ano antes o fizera o Celta. O Celta aquele ano teve 3 técnicos e fiz umha campanha para esquecer não garantiu a permanência até uma jornada antes de rematar, pedir-lhe que lhe ganhara ao Alavés era muito pedir, quando já não se jogavam nada e os visitantes jogavam-se todo. Assím a todo, pergunta-lhes aos de Vitória a ver se o passaram bem em Balaidos.
Aquí de qué se fala? Que o partido Bilbao-Levante foi comprado, como demostra aconversa gravada, meridianamente.Non falamos dos méritos do Celta naquela tempada.Mais de calquer xeito, o equipo chegou con posibilidades á última xornada, a pesares do nefasto ano.
O que é vergoñento é que se poña unha venta dun partido por riba da mesa, e á xente lle dea igual.
Daquela, é como as corrupcións urbanísticas, os enchufes das oposicións, as recomendacións e favores do poder.Como todo o mundo o fai, qué máis dá."É facer ruido". Estamos instalados na aceptación da corrupción, en xeral, e denuncialo (pola vía que sexa, aínda que sexa por vinganza) é "facer ruido". Pois viva o ruido, ho!
A min o da corrupción non me dá igual. O futbol profesional é corrupto nunha altísima porcentaxe como tamén o é o sector da construción.
O que non se pode é intentar aproveitarse cando nos convén, e cando non nos convén non. Se se tira da manta non se salva ningún equipo, empezando polos grandes. A eses chégalles con comprar ou acolloar aos árbitros.
Tamén estou de acordo en que a tempada pasada o Celta era o suficientemente malo como para non gañarlle ao Alavés, e aínda máis cando non se xogaba xa nada.
En resumo, o mellor é mandar o futbol a tomar polo cu e dedicarse ao de afeccionados que é máis san, e se se pode mellor xogaro que velo e na construción mellor alugar que comprar, porque ninguén che escritura polo prezo que che vende.
Por certo, as conversacións privadas non demostran nada. Dinse moitas cousas, e moitas é falar por falar, pero as palabras sen feitos non fan proba xudicial. Como moito multarán ao xogador por irse da lingua, e estaralle ben.
Protestan os do Levante que non cobraron a prima?
E máis vergoñoso é o que se vende perdendo, que son os xogadores, do Levante neste caso, que o que compra, que nunca son os xogadores, senón os directivos.
E non queirades ver como está o mundo do ciclismo. A Eddy Merx chamábanlle o caimán porque o papaba todo e non deixaba gañar nin unha etapa a ninguén.
Barcelos, por que as palabras non van servir de proba? E feitos claro que houbo, e foron no terreo de xogo.
Se esas gravacións non son proba, as probas son un ente inexistente. O problema é a vontade de perseguir a corrupción. Aquí non se está a facer, e así os casos coñecidos e non coñecidos (que seguro que son a maioría) de fraudes no deporte irán a máis. En cambio, noutros países impuxéronse sancións fortes.
Eu aínda teño a esperanza de que por medio da xustiza ordinaria, que é a onde ao parecer pensan levar o asunto, se dea algún escarmento. Igual que se fai noutros sitios pode facerse aquí.
Claro que o fútbol non é un caso illado, mais si un espello da sociedade en xeral. Polo feito de o fútbol ser un xogo, ata agora non se lle fixo caso, mais esquécese o grande negocio que realmente é, os millóns que se manexan, e que se está a converter cada vez máis nunha mafia que actúa impunemente.