Unha muller tivo que ser trasladada a un centro médico despois de ser agredida por un Policía Militar durante a concentración en Figueirido.
O rexeitamento da ampliación do perímetro de seguridade de 300 metros do cuartel da Brilat de Figueirido, foi motivo outra vez da protesta veciñal, que este luns convocou medio milleiro de persoas no medio dun escenario de tensión. A Policía Militar bateu nunha muller que presuntamente traspasara o cerco policial a pé da base. Logo de sufrir un desmaio tivo que ser trasladada a un centro sanitario. Posteriormente, denunciou a agresión en comisaría.
A convocatoria da protesta ante a Brilat contaba coa autorización da subdelegación do goberno español en Pontevedra, e coincidía co desfile militar con motivo do Día da Inmaculada, patroa de Infantaría. Fronte aos veciños despregouse un inédito cordón policial con cando menos unha ducia de axentes da Unidade de Intervención de Vigo da policía española e unha ducia de gardas civís, ademais da propia policía militar.
Os axentes identificaron "por insultos" a catro veciños, que serán propostos para sanción pola vía administrativa. A veciñanza berrou consignas contra o exército no medio de pancartas con mensaxes contra a ministra de Defensa, Carmen Chacón.
"O monte é noso"
Ao remate da concentración leuse un manifesto no que os afectados pola aplicación da franxa de seguridade cuestionaban a legalidade da orde ministerial. "Isto sitúanos fóra do Estado de Dereito", asegurou un dos voceiros veciñais, Fernando Pintos, argumentando que as súas propiedades se rexen baixo unha lei de 1975 que lles impide facer modificacións e dispoñer dos seus bens sen o permiso de Defensa.
Ademais de pedir a anulación da orde que estabelece a ampliación da franxa de seguridade, os veciños tamén se opoñen ás obras que a Brilat está a realizar nun lugar próximo ao campo de tiro para realizar adestramentos dirixidos especificamente aos militares que van realizar misións no estranxeiro. "Non cuestionamos as obras", afirmou Pintos, indicando que a queixa céntrase na súa situación, que entende feita "con mala idea", porque están nunha zona de monte. Moitos dos carteis que portaban os manifestantes contiñan o lema "O monte é noso". A partir desta semana os veciños van realizar patrullas ou "rutas" polo monte para evitar o avance das obras.
Essa é a sua bendita democracia,nom queres caldo? pois sete cuncas. As practicas de malhar na povoaçom civil, sera para estar adestrados no afganistam? seica por essas terras tamem som-che moi queridos. a melhor soluçom o problema, e a eleminaçom total de todo-los corpos de repressom dos estados,nom mais exercitos.Nom mais ameazas.
Se aínda por riba de quitarlles ós pobres veciños as súas terras, mallanos,... O que se deberíamos facer é ir a apoialos, e cantos máis sexamos mellor, que se atrevan a poñerlle a man encima a alguén outra vez... Para que logo digan que este é un estado democrático.
Estes soldadinhos de chumbo, que en Afeganistám estám sempre bem agochados tras dos ianques, porque senom já se vê o que lhes passa, aqui sacam peito contra a gente. Exército Espanhol tigre de papel, só serve de polícia, exército golpista, só vence no "interior".
E o BNG, já dixo algo? ou é melhor que fique calado?
Podedes ver imaxes dos enfrontamentos neste enlace:
http://www.infobloque-vilaboa....
Si mallan salvaxemente nas mulleres do seu país que non farán os desta ONG no extranxeiro. Despois veñennos co conto de si son uns heroes, si misións humanitarias, etc. Esta é a historia do exército: soberbios cos probes e humildes cos ricos.
Nom há de que se estranhar. Fam o de sempre. Apenas pensar que nom respeitam limite nengum. Terrorismo militar puro e duro
#7 Que se passe o que se tenha que passar, mas aos vizinhos, em este contexto, tanto lhes têm.
Hai tempo que andan moi saídos, porque pegaron outro bó grande pelotazo en Campolongo (concello bng) e porque levan prácticamente 8 anos sin ser socialmente corridos a gorrazos, pois as loitas antimilitaristas de facto remataron canda rematou a INSUMISIÓN, e xa non visibilizan o rechazo social clara e nítidamente.
Agora, e como en todo o pesoísmo é unha grande fábrica de cortiñados de fume, non están a ser socialmente combatidos, mais ben OCULTADOS...e deixar que vaian facendo pola calada; ademáis a veciñanza tampouco está a considerar o problema Brilat de xeito integral, en tódolos conceptos que lle serían aplicáveis (e tamén favoraveis) como ecoloxía, mediambente (terras contaminadísimas por zonas da base), problema monocultivo do monte, dignificación Castiñeiras e todo o Monte do Morrazo como zona de lecer para unha chea importante de población, uso no pasado (futuro?) como centro penitenciario de traballos obrigados (man de obra esclava) canda a sublevación militar fascista (memoria histórica), obsolescencia social da condición militar, anacronismo, valor arqueolóxica e histórica, e mesmo etnográficamente (lendas, cánticos, aparello museístico en sí, etc, etc.).
Ademáis, seguramente lles ofrecen duas chorradas e un formigonado ou asfaltado, e xa se calman os ánimos, pois nunca poñen en entredito a propia presencia militar ahí, como tampouco a de ENCE e outras posibilidades máis a engadir.
Quando a sociedade galega começa a despertar é quando as forças de ocupaçom temem perder apoio popular e põem-se nervosos.
O que se pretendeu desde sempre nos aparelhos de Estado é dar uma imagem amigável do exército e favorecer uma simbiose quase perfeita entre o povo e os militares espanhóis. A ideia é conseguir um suporte tal que, ante situaçons como as de Figueirido, qualquer negaçom aos privilégios do exército, seriam contestados pola adestrada populaçom civil como "actos antipatrióticos" com frases como "ellos nos defienden, tenemos que darles lo mejor", curiosos e paternalistas argumentos de sempre do nacionalismo espanhol (ver #7).
Mas se bem é certo que na área de Ponte Vedra ainda existe, sobre todo entre as pessoas nascidas no franquismo, um certo apoio popular às forças de ocupaçom espanholas da BRILAT, nom é menos certo que o cada dia mais consciente povo galego nom está pola labor de ceder-lhe fincas ou montes comunais ao exército espanhol, ainda menos quando estes mostram uma prepotência e uns comportamentos típicos de forças ocupatórias, que é o que realmente som.
A BRILAT nom é só foco de problemas para os vizinhos mais achegados às instalaçons militares, senom também para muita gente da comarca de Ponte Vedra. Ainda fai pouco soubemos do acuitelamento dum moço ponte vedrês por parte de elementos pertencentes à BRILAT, algum dos quais nem sequer era galego.
A prepotência, o uso da sua força contra a populaçom local, o pouco respeito à mesma e às suas tradiçons e formas de vida, o seu carácter pouco tendente a integrar-se na vida quotidiana ou a existência de elementos vindos de fora da Galiza, concretizam a BRILAT e a todo o exército espanhol na Galiza como verdadeiras e activas forças de ocupaçom.
É necessário evitar que já nom só nom aumentem a sua parcela, senom ademais reclamar que desmantelem todas as bases e parcelas que o exército espanhol possui na Galiza.
Nom podemos ter umas forças militares que vão evitar pola força das armas que a nossa Naçom se erija como república independente, se o povo galego assim o decidisse.
O exército, a BRILAT, é o braço armado do nacionalismo espanhol. É um organismo mais da força repressora estatal, e como tal é nosso dever como galegas e galegos ajudar na sua completa desmantelaçom.
Este ehérsito ehpanhol eh la ohtia! Com todo o monte que tenhem para praticar os seus jogos no Afeganistám e tenhem que ir-lhes roubar o monte aos galegos ...
#7
Gaivoteiro ao Afeganistám já!
Avante, rei das gaivotas, ti es o nosso heroi para essa missóm tam difícil e arriscada, que há salvar o nosso mundo occidental do terrorismo!
Amostra a tua solidariedade com o ehérsito ehpanhol ...
Força gaivoteiro!
Esta nova está sem actualizar, perante a inactividade e o silêncio dos "nacionalistas " do BNG, o fascista galeutier espanhol já iniciou a repressom contra os independentistas solidários com os vezinhos, com o que repreme a dissidência política e ao mesmo tempo procura a divissom e o amedrentamento d@s afectad@s. O fascismo , se nom tem opossiçom , avança. Putos sociatas de merda
Vos dades de conta que @s independentistas pola súa ideoloxía teñen unha persecución especial? Van ser multad@s como sempre por cuestións a maioría das veces inventadas pola policía española.
Que apostades a q lles chegan multas por agresións a eles sos cando se ve que non fixeron outra cousa que o resto d@s veciñ@s?
Iso chámase persecución política de determinadas ideas. Esta é a "democracia" española.
Estando internado no hospital militar da Cruña,e disso xa pasóu longo tempo;habia alí,tamen,un garda civil internado por doenza.
Como a estadía semellaba non tiña remate,pasabamos o tempo contando cousas que nos aconteceran.
Este home, contóu unha que ficóu na miña lembranza.
"Eran os tempos da REPOBLACIÓN FORESTAL,dictada pelo Dictador.E,entón,como muita xente inda sabe,QUITÓUSELLE os montes comunáis a quen dinde séculos eran os seus donos reáis.
Pela zona de MAZARICOS,tamém foron a REPOBLAR as terras que os camponeses utilizaban.Uns anos labraban unha parte e sementaban.Dimpois deixabanlla a mote e sementaban outra
.
Cando escomenzaron a reclamar,os das parroquias viciñas,dixeronlles,EL GOBIERNO,que presentaranlles documentos de propiedade.Non habia tales documentos;pois o sistema era de mán común por seculos e seculos.
ICONA,dixolles,ou difundiron a nova, de que necesitaban xente pra prantar os pinos.
O tal dia,presentaronse alí todos os paisanos con fóuces,gabexos,furquillas, eixadas,machados e o que cadrase;.Ninguén dixo de por nen un só piñeiro;pro si dixeron:"o que poña un só piñeiro nesta terra,fica de esterco con él".
A liorta foi de muito tempo.A este home da BENEMÉRITA,levárono pra reprmir aos paisanos.Pro dicia que era tal a situación, que cheirabase a morte.
Os montes ou terras inda hoxe son dos paisanos.Non houbo REPOBLACIÓN.
Lembraide o que dixo Cristo."O que faga a man direita,que non o sepa a gochena".
Gaivota,seagull,mouett,skrav.-É un"paxaro"que,inda sendo mariño,invade todos os recund¡chos da terra.Onde menos esperas,atopas un destes PAJARRACOS.
As suas costumes sonche do mais oportunistas,despiadas,e pódres.O mesmo lles dá comer peixe ou carne podre,que roubar o que séxa pra papar.Son,aparte de ladrons,antropófagose infanticidas,pois nen teñen o mais minimo reparo en engulir as crias da sua mesma especie ou de outras aves.
Barullentas e larpéiras;sempre estan esfameadas.
Mirandollo ben,os P.P.,non podian escoller millor o séu simbolo de identidade.
Sr. PAPACHUSCOS:notaselle ben o séu coñecemento da "Gramatica Castellana".Os puntos,bírgolas etc.,estanlle pra algo.Non esqueza que a lingua castelán ten un vocabulário moi rico:tanto q
Tanto é así,que a unha mesma besta podeselle chamar con cinco diferentes nomes ASNO,BURRO,POLIINO,JUMENTO,RÚCIO.
¡Estanlle tocando a racho!
A quen vai o exercito Español a Afganistan? Eu non me fío. Non me creo qu vaian en acción humanitaria. Non mo creo pertencendo o Estado español á OTAN. Para min os que entran na OTAN son o mesmo que os ianquis. ocultannos as verdaeiras misións que fan os soldados españois en Afganistan e outros lugares, dos que non hai constancia que existen tropas españolas ou que existindo, entran en combate.