Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROXECTO IMPRESO

Nace unha nova cabeceira de papel: Xornal de Galicia

O diario dirixido por José Luís Gómez aposta polo bilingüismo.

Redacción - 09:30 09/12/2008

Dende este martes conta cun novo diario impreso de pago: Xornal de Galicia. A cabeceira está dirixida polo xornalista José Luís Gómez (ex director de La Voz de Galicia). No novo diario de información xeral óptase polo bilingüismo.

Segundo a propia empresa, o xornal terá unha liña editorial progresista e galeguista. No mesmo proxecto intégrase Xornal.com, que pasará a ser a versión electrónica de Xornal de Galicia. En total, o diario contará con máis de medio cento de xornalistas distribuídos en tres redaccións: A Coruña, Santiago e Vigo.

O proxecto está financiado polo empresario Jacinto Rey, propietario da construtora San José. O ex reitor da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, presidirá o consello de administración, onde tamén estarán presentes Ramón Barral, Ceferino Díaz, Fernando Filgueira, Manuel Gallego Jorreto, Xavier Martínez Cobas, Vitorino Núñez, José Piay, Javier Rey e José Luís Gómez.


4,25/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: