O Campamento de Voluntariado Ambiental levado a cabo polo Proxecto Ríos é unha iniciativa de ADEGA en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente,Rural e Mariño,dentro do Programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade.
Este Campamento celebrouse durante tres fins de semana do mes de outubro e nel realizaronse accións encamiñadas a erradicación de diversas especies invasoras presentes en diferentes treitos do rio Tea, as especies erradicadas foron plántulas de duas árbores (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon) coñecidas vulgarmente como mimosa e acacia negra respectivamente, a falsa acacia (Robinia pseudoacacia) e pequenas matas de bambú (Phyllostachys sp.). Ademáis se actuou nunha herbácea provinte de america do Norte (Conyza canadensis), a tintureira (Phytolacca americana) e o garrapatón (Bidens frondosa).
Para a realización destes traballos se elaborou un protocolo de actuación ,que se aplicou en tres treitos do rio Tea, para facilitar a erradicación das diferentes especies invasoras. Aos voluntarios se lles proporcionou o material apropiado (traxes e botas de auga, luvas e gafas de protección , ferramenta axeitada), así como un caderno divulgativo para o recoñecemento destas especies. Ademáis cada participante contou cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.
Nesta charla pretendese presentar as actuacións realizadas durante o campamento e os resultados obtidos, ademais se presentarán as actuacións futuras no eido da conservación e seguimento do traballo no Río Tea, que é un lugar de interés comunitario e que forma parte da Rede Natura 2000.
Convidamos entón, a todos aqueles que estean interesados,a que se acheguen ó dia 12 de decembro as 17:00 da tarde a Axencia de sostibilidade de Covelo ou o día 13 as 12:00 o Auditorio do Centro social de Mondariz, para partillar e ver a labor desenvolvida durante o Campamento.