Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galardóns 'Tribuna do Hórreo'

O chiki-chiki para himno de España, "minuto de ouro" parlamentario

Ademais de destacar a idea de Bieito Lobeira, os xornalistas parlamentarios adxudícanlle a Alberto Núñez Feijoo e Laura Seara o premio "Bla, bla, bla, deputado do ano".

Redacción - 13:15 12/12/2008

Empate a puntos entre a socialista Laura Seara e o popular Alberto Núñez Feijoo, que competían co nacionalista Fernando Blanco Parga polo premio "Bla, bla, bla, ao deputado do ano". O grupo de xornalistas que segue o día a día no Parlamento decidiu así que os dous primeiros compartan recoñecemento nese apartado.

Pero ademais, estes primeiros premios 'Tribuna do Hórreo' estabeleceron a categoría "Minuto de ouro", co obxectivo de premiar a proxección mediática dunha frase ou un feito parlamentario. O galardoado nese apartado é o nacionalista Bieito Lobeira, que no seu día chamou a fixar o eurovisivo "chiki-chiki" como letra do himno do Estado Español. Como finalistas nese apartado aparecen o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, por espetarlle a Núñez Feijoo a frase: "agárrase ás estatísticas como os borrachos ás farolas", e a deputada popular Susana López Abella (PPdeG), "por descubrir coas súas acusacións veladas a neveira do coche oficial de Anxo Quintana".

Estalicón de orellas polo voto emigrante
O acordo da ponencia, asinado por todos os grupos, para reformar o voto emigrante e introducir o sufraxio en urna, que malia o presunto consenso e a proximidade das eleccións "non tivo percorrido", foi elixido "Iniciativa máis peregrina". Está personificado nos representantes da ponencia: Xosé Manuel Castelao Bragaña (PPdeG), Xaquín Fernández Leiceaga (PSdeG) e Carlos Aymerich (BNG).

Á beira, quedou cerca de gañar a iniciativ, asinada pola deputada socialista ourensá María do Carme Acuña relativa aos datos e o impulso da "práctica deportiva denominada do chabibol". A terceira en disputa era a proposta do deputado César Pérez Ares (PPdeG), para a creación dunha Indicación Xeográfica Protexida para o kiwi de Tomiño.
Doutra beira, o apartado 'Labor de látego' vai para a teimosía do popular Ignacio López-Chaves e as súas facturas marcadas con rotuladores de diferentes cores, da Consellaría de Cultura. Aproveitan os xornalistas para suxerir o recoñecemento ao labor menos ecolóxico, polo gasto en papel xerado polo deputado vigués. Con López Chaves competían na tarefa de "látego" Mar Barcón, pola abundante producción de frases e notas de prensa dende que é a 'número 3' do partido; e Carme da Silva (BNG), por ser considerada entre os xornalistas como un modelo de defensa do bipartito nas áreas de Vivenda e Urbanismo.

Por último, o 'Premio Honorífico a toda a a carreira política' é para o deputado ourensán Maximimo Rodríguez (PPdeG), sendo finalistas o portavoz do PSdeG-PSOE, Ismael Rego, que ocupa escano dende 1986, e o nacionalista Pablo González Mariñas, que formou parte do primeiro Parlamento autonómico, en 1981.


4.67/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: