Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NO TEATRO COLÓN DA CORUÑA, O 23 DE XANEIRO

Luar na Lubre gravará un disco en directo cos seus temas máis coñecidos

A formación celebrará con este recital os seus 24 anos anos de traxectoria, e contará con convidados como Luz Casal, Pedro Guerra ou Ismael Serrano.

Redacción - 11:15 18/12/2008

24 anos concentrados nunha noite, dez discos, milleiros de xiras e actuacións, todo se xuntará o 23 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña nun concerto que de seguro será inesquecíbel. Luar na Lubre quere rodearse esa noite de todos os seus amigos para repasar os seus meirandes éxitos; xa está confirmada a presenza, por exemplo, de Pedro Guerra, Ismael Serrano (que non estará pero gravará unha canción) ou Luz Casal. O resultado poderá verse e escoitarse, pois quedará rexistrado nun cd e dvd que sairán á venda o 10 de marzo de 2009.

Luar na Lubre publicou en 2007 o seu último traballo, Camiños da fin da Terra, un álbum que contiña éxitos como Os Animais. En abril a formación recibiu o premio ao mellor álbum de música tradicional do Estado. Este mércores o grupo anunciou, así mesmo, un acordo coa concellería de Turismo da Coruña, polo que promocionarán en todas as súas actuacións a imaxe da cidade. Neste momento estase deseñando a campaña, paralela a la gira, que acompañará a los artistas por todas las ciudades que visiten durante o ano 2009, comezando por un concerto en Budapest en febreiro.


4,9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: