A Dirección Xeral de Deporte e a Federación Galega de Fútbol ultima un contrato con outro combinado. O novo equipo podería coñecerse este venres.
Confirmado. Chile non vai vir a Riazor. A Federación Galega de Fútbol e a Dirección Xeral de Deporte decidiron rescindir o contrato subscrito con este combinado ao non cumprirse as condicións apalabradas. Os chilenos están obrigados agora a abonar 125 mil euros indemnización e os gastos que se produciron até o momento. A Dirección Xeral de Deporte anuncia que se está a piques de pechar un acordo con outra selección e que se dará a coñecer nas vindeiras horas.
Na tarde deste xoves a Federación Galega tamén recibiu unha comunicación da Federación vasca anunciando a imposibilidade de disputar o partido contra o combinado feminino. Porén, dende a Dirección Xeral para o Deporte aseguran que se está a ultimar un acordo con outro combinado.
(15.15 horas)
A primeira hora desta tarde pode confirmarse de forma oficial a non participación de Chile o día 27 fronte á selección Irmandiña. A pesar dos contactos que se realizaron durante toda a mañá deste xoves cada vez semella máis probábel que sexa outro combinado o que se enfronte aos Irmandiños.
A día de hoxe algunhas das posíbeis substitutas son Bosnia Herzegovina e Iran, que ven de cancelar o seu partido contra a selección vasca masculina. Esta cancelación é debida a un conflito que ven mantendo dende fai máis de un mes cos seus xogadores e as súas xogadoras. A decisión da federación vasca de cancelar o partido contra Irán podería afectar tamén ás rapazas da Irmandiña, que deberían xogar o seu partido contra Euskadi o día 28 en Pasarón.
(12:45)
A Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Fútbol seguen agardando a que se resolvan as negociacións entre a empresa Media Sports Marketing e os representantes do fútbol chileno, sobre o partido do día 27. A Federación Galega asinou un contrato con Media Sports polo que a axencia de márketing estratéxico comprometíase a contratar unha selección para enfrontarse á Irmandiña no seu partido anual. Ao mesmo tempo, esta empresa firmou un contrato coa Asociación Nacional de Fútbol Profesional chilena, para ser este o equipo que se enfrontaría ao combinado galego.
Como é lóxico e habitual, ambos contratos establecen unhas cláusulas e o seu incumprimento implicaría unha serie de penalizacións, xeralmente de natureza económica. Agora mesmo os responsábeis do fútbol chileno non están en condicións de cumpriren todos os puntos establecidos no contrato, tal e como ten acontecido nalgún dos partidos anteriores da Irmandiña. Aínda así, fixeron aos organizadores do partido unha nova oferta, que dende Deporte estarían dispostos a estudar de boa vontade. O requisito imprescindíbel para que a alternativa (suxeita a varias cláusulas de penalización) sexa valorada é que chegue a Galiza formulada por escrito este xoves, xa que foi é o día que a Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega se marcan como límite para tomar unha decisión sobre Chile.
Existe unha alternativa
Deporte ten nestes momentos un compromiso non formalizado con outra selección por se as negociacións con Chile remataran sen entendemento. A formalización deste acordo estase a dilatar por dous motivos, como son: que o combinado sudamericano segue a ser o primeiro candidato e, por outro lado, unha cuestión de prudencia xurídica. Isto quere dicir que se está estudando as obrigas implícitas no contratoo asinado con Media Sports Marketing para que, en caso de rachar o compromiso con Chile quede claro que se fai baixo a responsabilidade da Asociación Nacional de Fútbol profesional chilena ou o Sindicato de Futbolistas.
Esta alternativa está tamén supeditada á volatilidade existente na contratación de partidos amistosos para o Nadal durante estes días.
Sempre temos que xogar partidos con Sudamérica ou África ¿? Imaxinade un Galiza-Eire :)
É moito imaxinar. Xogar con Éire en decembro é inviable, o mesmo que con Irlanda do Norte, Inglaterra, Escocia ou Gales, porque as ligas inglesa e escocesa non paran no Nadal, como xa sabedes gracias a Nancho Novo e outros galegos que andan por esas ligas.
Os xogadores de Éire están todos en Inglaterra, menos McGeady que xoga (e naceu) en Escocia.
Outra cousa sería xogar en agosto...
Vendo a seguinte nova:
http://www.cadenaser.com/depor...
Podíase xogar un Galiza-Euskal Herria
A ver se teñen un pouco de sentido común os da Xunta e fan algo decente.
Perdón, Nacho Novo!! Xa lle gustaría ao Nancho...
En Nadal non poden.. pero en Marzo si?¿, non acabo o que dis pablo, porque no de marzo poden xogar e no Nadal, non?.
Eurico, en Nadal alí non cortan a liga como eiquí. Ese fin de semán hai liga nas illas. Nacho Novo xoga o día 27 o Celtic-Rangers ao medio día e logo a tarde colle un avión pra xogar con Galiza. O resto dos equipos tamén xogan, entón as súas seleccións non poden xogar.
Habería que facer unha forte aposta pos Euskal Herría.
pero con quen carallo negocian istes da Xunta?
Pepedaconcha,
Pregunto, e logo que ocorre en marzo para que poidan xogar amistosos os equipos das Illas Británicas?
Pois que lles den mais cartos!!! o primeiro e o primero!!
que semos potencia home...
A min que xogue a selección... contra quen impórtame un pito.
Eu aposto por un amistoso Galiza-Euskadi.
Eu digo que se o jogo nom é contra Chile, ao consulado chileno lhe aplicamos a receita de King Africa...boooombaaaaaaaa!!!! hahahaha...e proponho que joguemos contra espanha com o cráneo do javiotas de bola...
#10 Pois a ver se a "Mejor Selección UEFA 2008" nom remata como a "Mejor Selección UEFA 2004", já sabes tu... Grécia.
Pois parece que vai ser Bosnia ou Irán, calquera cousa é boa con tal de xogar. Temos un equipo bastante competitivo e os chilenos ian mandar un "combinado" sen apenas internacionais.
Na Radio Galega dixeron Angola ou Montenegro, e fai unhas horas dixeron tamén Bulgaria e algún máis.
Ollo, acabo de escoitar Madagascar e posiblemente as illas Tuvalu.
rockandroll es un puto fascista, e sego a decir que non entendo como vieiros permite eses comentarios.
quizais eres Ujío e agora que saíches esta preparando outra, verdade?
Eu tamén son dos que pensa que o rival é o de menos. O importante é a nosa selección nacional que, polo de agora, temos que nos conformar con este partido anual, aínda que agardo que nun tempo non moi lonxano a celebración destes encontros sexa máis habitual.
Sería importante avanzar paseniñamente cara a oficilidade. Agora xogando estes partidos, despois algún torneo pseudoficial de nacións sen estado e logo as competicións UEFA/FIFA.
Por isto mesmo digo que o rival é o de menos. O obxectivo fundamental ten que ser a maior festa do fútbol galego e podérmonos xuntar todos aqueles galegos e galegas que desexábamos non hai moito tempo que chegara o momento de ter a nosa selección que, por un capricho de políticos intolerantes, non tivemos até hai ben pouco a oportunidade de ollar estes partidos.
mnawe, por favor, estás a anatemizar a esse grande líder revolucionário, chamado King África?
Aiiiii....¡¡¡¡ Gaviotero cariño cuanto tiempo, sí es mejor que te dediques al fútbol mi amor, a ver si así mejoras un poquito del corazón, que últimamente te veo flojillo en la cama, aiii, es que estos nacionalistas te ponen malo. Cariño no te lo puedes tomar tan a pecho, no quiero perderte mamoncillo...