Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións o 1 de marzo

O PSdeG destaca o anuncio no Parlamento como exemplo da revitalización da Cámara

Recordou o voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, a promesa ao comezo da lexislatura de relanzar o protagonismo da institución.

Redacción - 14:15 18/12/2008

O voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, considerou un "fito histórico" que o presidente da Xunta anunciase a data das eleccións no pleno da Cámara, e puxo este feito como exemplo das "conviccións democráticas" do tamén líder dos socialistas galegos. Nesta liña, sinalou que Touriño compareceu en todos os plenos para someterse ao control dos grupos parlamentarios, polo que interpretou que o anuncio desta quinta feira "pecha un ciclo".

En canto ao día escollido por Touriño para as eleccións, o socialistas restoulle importancia a estas se desenvolvan tres meses antes de que termine a lexislatura, en xuño, dicindo que se trata "dun adianto técnico" para que os comicios galegos teñan "espazo propio" e non coincidan cos europeos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: