Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Conexión lusófona para o 27-D

Rematan as especulacións: Angola será o rival

As seleccións africanas, máis coñecidas como as palancas negras, virán a Galiza para enfrontarse aos equipos irmandiños masculino e feminino.

Redacción - 09:00 19/12/2008

Despois duns días turbulentos á volta do partido da irmandiña, que obrigaron a esquecer os compromisos con Chile e Euskadi, á fin parece aclararse a resolución do conflito. Angola é o rival con máis posibilidades de enfrontarse aos combinados masculino e feminino.

Euskadi... ou Euskal Herría
A Federación Vasca de Fútbol cancelou os seus compromisos con Galiza e Irán por mor dun problema cos seus xogadores no referido á nomenclatura do equipo. Mentres os futbolistas querían manter o nome de Euskal Herria utilizado o ano pasado, a federación decidiu recuperar a denominación Euskadi coa que foron coñecidos nos anos anteriores. Ningunha das dúas partes cedeu e o resultado final foi a suspensión dos dous partidos.

Chile non cumpriu o acordo firmado

O problema co rival dos irmandiños foi diferente, xa que o seleccionado chileno non estaba en condicións de cumprir o acordo firmado coa federación mediante a axencia de márketig Media Sports Marketing. Os problemas internos entre a Asociación Nacional de Fútbol Profesional de Chile e o sindicato de xogadores fixeron imposíbel que Chile puidera presentar o día 27 un equipo acorde co pactado anteriormente con Media Sports.


4.46/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: