Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Erradicación do analfabetismo

Morales defende o plan de alfabetización como primeiro éxito do seu treito no goberno

Desenvolveuse un método de lectoescritura de orixe cubana e aplicado tamén ás linguas aymara e quechua.

Redacción - 09:00 22/12/2008

Era unha das teimas persoais subliñadas polo presidente de Bolivia, Evo Morales, de orixe indíxena aymara, quen ten lembrado como seu propio pai, ao igual que moitos nativos de áreas rurais do país, apenas sabía ler e escribir.

Un estudo realizado en 2001 avaliou que arredor do 14% dos bolivianos non sabía ler nin escribir, porcentaxe que se disparaba ao 26% nas zonas rurais. É por isto que un dos plans estrela nos últimos tres anos foi o impulso da lectoescritura. Bolivia contou para iso coa axuda de Cuba e o financiamento de Venezuela.

Estímase que o proxecto forneceu das bases para a lectura e a escrita a un total de máis de 800 mil persoas, conseguindo que a taxa de analfabetismo quede na actualidade en arredor do 3% da poboación. Participaron no programa alfabetizador voluntarios cubanos e venezolanos e usouse método e material para alfabetización desenvolvido en Cuba. Incialmente, o español foi o idioma principal no que se impartiron as clases, aínda que perto de 40 mil persoas puideron tamén aprender a ler e escribir nas linguas aymara e quechua.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: