Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A selección nacional en Pasarón

Fartura de goles e festa de fútbol: Galiza 7 - Illes Balears 1

O equipo nacional feminino ofreceu unha impresionante tarde de fútbol fronte á selección das Illes Balears.

Redacción - 19:00 28/12/2008


18h56:
E remata o partido, con histórico triunfo da Irmandiña. Aplauso cálido e firme da afección que nesta tarde de frío veu a Pasarón gozar dun magnífico despregue de xogo e calidade.

18h52:
Trallazo galaico infernal na punta da área pequena. Estirada felina de Antonia Vives que cobre a porta e evita o oitavo furado irmandiño na rede balear.

18h45: Goool do conxunto balear. Carme Cladera, que entrara nesta segunda parte con fame goleadora, demostrou as cualidades ofensivas do seu equipo, pouco efectivas esta noite, pero que desta volta contaron coa sorte da relaxación irmandiña a pé de porta.

18h40: GOoooooooooooooooooooooooooooooooooooo
ooooooooooooooooooooooooooooooooooooooool
!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Cousa bonita!!!! Mari Paz zúmballe un balón estratosférico desde fóra da área e a bola traza globo perfecto por riba da cabeza da porteira balear, que xusto viña de relevar a súa compañeira. A bancada ferve de emoción. Non vai haber marcador abondo para tanta fartura de gol.


Galiza 7 - Illes Balears 0


18h35: GOooooooooooooooooooooooooolllllllllll!!

Segundo gol da capitá irmandiña Verónica Boquete, ao empurrar soa na área pequena un pase de Mari Paz Vilas.


18h34: GOooooooooooooooooooooooooooooooooolllllllllllllllllll da irmandiña!!!!


Anair Lomba xa viña avisando e á terceira ocasión afinou a súa puntería para facer o quinto gol da irmandiña.

18h30: Anair Lomba dispón de dúas boas oportunidades para marcar gol, despois dos pases de Vilas e Boquete, respectivamente.

18h22: GOOoooooooooooooooollllllll GOoooooooooooooooooooooollll GOooooooooooooooooooooolllllllll e, unha vez máis, GOooooollll!!!!

Mudan os papeis na Irmandiña e desta vez é Mari Paz Vilas que da o pase para que a capitá Verónica Boquete reciba o xusto premio ao seu bo desempeño no partido de hoxe, ao converter con elegancia o cuarto gol irmandiño.

18h18: GOoooooooooooooooooooooooooooooooooooollllllll!!!!

Foi outra vez Miriam Ríos quen furou a portería de Juana Navarro, rematando coa cabeza un bo centro da capitá, Verónica Boquete, dende o lado esquerdo do ataque irmandiño.

18h12:
Mari Paz Vilas está a piques de marcar o seu segundo gol despois de golpear un balón que vagaba sen dono pola área balear.

18h05: Comeza o segundo tempo.

17h50: Final do primeiro tempo

17h48:
Fungueirolo ao pau das Illes Balears. Estefanía Sanz asinou unha bonita xogada que é, nesta altura, a mellor oportundidade das visitantes.

17h46: GOooooooooooooooooooooooooooool Goooooooooooooooooooooooooooooo!!!!!!!!

Miriam Ríos atopou o camiño. Imparábel viña polo lado dereito do campo e cruzou o balón á esquerda da portería contraria logo dun pase interior con calculadora irmandiña que lle deixou a bola inmellorábel para o segundo gol.

17h45:
Aperta Galiza agora con forza. Mari Paz Vilas diante da porteira tivo ocasión de furar por segunda vez a rede. un balón dourado que lle puxera no pé con mestría Rita Lema. Apenas un intre máis tarde a capitana ameazou a área cun remate.

17h43:
Clara ocasión de Joana Montouto. A bola sae lambendo o pau balear.

17h35:
Clara ocasión para as baleares nos pes de Noelia Bonet, que non consegue rematar un gran centro de María Vidal.

17h30:
O partido perde a intensidade coa que comezou e abonda a disputa no medio campo, onde as galegas Vero Boquete e Carol Baños dominan con bo criterio a posesión do balón.

17h14:
Feble posición no campo das baleares polo momento. As irmandiñas rachan as liñas por todas as beiras.

17h08: Gooooooooooooooooooooooooooooooooooooool de Mari Paz Vilas, a pase de Verónica Boquete.

Espectacular combinación na frontal da área. Boquete debuxou un pase perfecto ao oco que sorprendeu a defensa balear. Tamén en Pasarón, estoupa o campo como unha castaña sen amosegar.

A bancada é un fervedoiro ao berro de GA-LI-ZA.

Galiza 1 - Illes Balears 0


17h05: Comeza o partido. Velaí o once titular das irmandiñas:
-Maite Soage
-Rita Lema
-Vanessa hermida
-Mónica Naval
-Victoria Vázquez
-Carol Baños
-Vero Boquete
-Miriam Ríos
-Sara González
-Mari Paz Vilas
-Joana Montouto


16h50
: Percusión abrouxadora a cargo de Lucía Martínez no centro do campo. Quece o ambiente. Fermoso o campo de Pasarón.


16h30: No campo quecen os dous equipos. A pé da portería sobre a que decora un cartaz co lema "A selección nacional ao próximo Mundial", a adestradora Pili Neira fornece das penúltimas instrucións ás irmandiñas. ç


11h30: Quenda para as irmandiñas en Pasarón

Vai un ano dun encontro que fixo historia. Na herba de Balaídos, as mozas da Irmandiña estrearon a camisola da selección nacional cun desafío complicado de superar ao enfrontárense ao poderoso combinado de Cataluña.

As galegas pasaron con nota alta o choque, encadeando fermosas filigranas futboleiras baixo a batuta adestradora de Pili Neira. Con todo, a falta de culminación no último treito e a capacidade ofensiva das catalás, deixou o marcador nun avultado 1-6. Non importaba, era un día para a festa da estrea e o marcador era o de menos.

Ademais, no minuto 19 do primeiro tempo, a número dez das irmandiñas, Mari Paz, deixaba un momento para a historia ao furar a porta catalá na estrea goleadora para Galiza das mozas. No segundo tempo xa veríamos outros grandes momentos das nosas rapazas, cun golpe de ocasións e co balón lambendo o longueiro catalán en Balaídos varias veces.

Con ese aval previo, a selección nacional viaxa así este domingo a Pontevedra, onde o estadio de Pasarón acollerá o partido fronte a Illes Balears. A saída ao campo das xogadoras irá precedida por unha peza musical interpretada pola percusionista Lucía Martínez.

As xogadoras chamadas por Pili Neira para formar parte do equipo feminino son as seguintes:
Ana Rosa Durán (Olivo)
Cristina Lago (Olivo)

Carla González (Pontevedra)

Verónica Boquete (Espanyol)

Mónica Naval (Atlético Arousana)

Carolina Baños (Atlético Arousana)

Mirian Ríos (Orzán)

Sara González (L´Startitt)

Mirian Domínguez (L´Startitt)

Mari Paz Vilas (Barcelona)

Vanesa Hermida (Espanyol)

Joana Montouto (Espanyol)

María Teresa Soage (Pontevedra)

Victoria Vázquez (Olivo)

Rita Lema Traba (Galicia Gaiteira)

Anair Lomba Álvarez (Olivo)


4.94/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: