Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cara ás eleccións europeas

Esquerra insiste no ofrecemento dunha "candidatura catalanista"

ICV é o primeiro grupo en rexeitar formalmente o convite realizado polo presidente de ERC, Joan Puigcercós.

Redacción - 13:15 28/12/2008

Na procura "dunha soa voz" de Cataluña en Europa, Joan Puigcercós asinou este Nadal un convite explícito ás formacións políticas "de tradición catalanista", para negociaren unha candidatura conxunta para as próximas eleccións europeas, a celebrar o próximo mes de xuño.

Non é a primeira vez que Puigcercós aventura ese posíbel pacto, debatido mesmo nun dos relatorios do último congreso do seu partido. Propón ERC xuntar forzas nun programa para as europeas que "defenda os intereses de Cataluña: lingua, cultura, valores democráticos, políticas sociais e unha visión federal das institucións". Entre outras cousas, Esquerra chama a defender a creación dunha circunscrición catalá única para os comicios. A oferta peta na porta de CiU, ICV-EUiA e PSC.

Ao respecto xa se pronunciou ICV, desde onde Laia Ortiz, voceira da formación e deputada no Parlament, expuxo que o seu grupo "nunca irá coa dereita en Europa". Refírese Ortiz á hipotética presenza de CiU nese pacto, e recorda de xeito concreto a posición a prol da polémica directiva Bolkenstein, votada a favor por CiU no Parlamento Europeo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: