O colectivo leva ano e medio pedindo o uso do noso idioma no recinto público, onde os letreiros e a megafonía están en castelán e se usa toponimia deturpada.
Unha "comitiva real" organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística de Lugo celebrou este luns un acto reivindicativo na estación de autobuses lucense. A acción serviu para protestar polo "escándalo" do uso dos topónimos na terminal, que incumpre a lexislación lingüística.
Segundo explicou o responsábel do organismo en Lugo, Fernán Xosé Mourenza, o espectáculo transcorreu nun ambiente "amábel e de participación". Arredor dun cento de persoas recibiron notas informativas, e tamén colaborou o persoal do despacho de billetes.
A Mesa denuncia que nas instalacións públicas se vulteran os dereitos lingüísticos: "A lingua galega é totalmente inexistente e detúrpanse os topónimos oficiais". Ademais, a sinaléctica e a megafonía usan exclusivamente o castelán.
Coa actividade, A Mesa aproveitou as datas festivas para reclamar unha resposta da Consellaría de Política Territorial e da xestora da estación. Mourenza lembrou que levan un ano e medio pedindo que se cumpra a lei, sen ter obtido resposta até o momento.
Podedes ver fotos e máis información en
http://www.amesalugo.blogspot....
En moitos casos non é animadversión a respecto do galego, senón algo moito máis simple, moito máis teimudo, moito máis brutal: a ignorancia que impregna até os miolos a gran parte dos galegos (mais non só). Ese desleixo en todo o que fan (vamos, o "chapuzas" que hai en gran parte deles)vémolo todos os dias: as suas casas (como poden mercar e vivir en edificios que son perfectos adefesios), na sua conduta (rúas suxas, vertedoiros ilegais, etc.)... Haberia que sinalar responsábeis: nome e apelidos.
#2 Concordo totalmente.
Parabéns á Mesa de Lugo, cada vez que sinto falar deles/as é por iniciativas ben curiosas, semella que fan un bo traballo.
Imagino aos senhores de toda a vida a dizer: «-E que mais tem se lhe chamam "La Palloza"? Levam toda a vida chamando-lhe assim e entendemo-nos todos.»
É isso, a gente não entende que o importante é ver-se refletido nas indicações, que é o mesmo que ver-se respeitado. Mas ao velhinho dá-lhe igual. Por que? Talvez porque a educação que tem é a de calar.
O grande insucesso do colonialismo espanhol virá de aí. De que os galegos não acabamos de nos ver refletidos no seu marasmo nacional.
nao posso felicitar a Mesa, dado que membros da Mesa sao os primeiros em acusar a galegos falantes de nao-sei-quê por utilizar sotaque ou grafia galego-portuguesa. assinalam alvos ao espanholismo sabendo as consequências que isso pode trazer.
Durante cinco anos fui usuário praticamente semanal da estação... concordo em que o dos topónimos é vergonhoso, sobretudo através da megafonia ("Orense", "La Coruña", "Palas de Reyes", "Mellid"...).
Decerto a questão linguística cuido que é a deficiência que dessa estação que mais doadamente se poderia corrigir... A questão da segurança e das deficientes instalações provavelmente exigiria derrubar o actual edifício...
apoio o comentário do galeguzo, a estación de Lugo é bastante deplorábel, atópase nunhas condicións que non son dignas da cidade. Iso pasa por manter en mans privadas a maior parte das estacións de autocarros na Galiza.