Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A DOUS MESES DAS ELECCIÓNS

O ano principia cun aumento do desemprego do 5%

O número de parados roza as 190 mil persoas e medra a un ritmo maior que o do Estado Español (4,6%).

Redacción - 12:00 08/01/2009

No pasado mes de decembro 9.083 galegos perderon o seu emprego, unha cifra que fai que o número de parados ascenda xa aos 189.903. Se traducimos estes datos en estatísticas, o último mes do ano deixounos un incremento do desemprego do 5,02%, segundo informa o Ministerio de Traballo e Inmigración.

O número de persoas sen traballo incrementouse especialmente na construción con 3.453 parados máis, seguido dos servizos (+2.839), da industria (+2.354 ) e finalmente da agricultura (+400).

Por provincias, a que experimentou un maior aumento do paro foi Pontevedra, onde quedaron sen emprego 4.440 persoas (+6,40%). Séguelle A Coruña con 4.409 desempregados máis (+4,71%), Lugo cunha suba de 558 persoas (+3,22%) e Ourense con 676 persoas que perderon o traballo (+3,11%).

Finalmente, con respecto aos contratos, en decembro asináronse 50.420, un descenso do 9,66% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Mentres, os contratos indefinidos rexistrados foron 5.131, o que supuxo un descenso do 11,70%.

Superada a barreira dos tres millóns
No conxunto do Estado, o paro rexistrado en decembro nos Servizos Públicos de Emprego aumentou en 139.694 persoas respecto a novembro (o 4,67%), polo que o ano pechou cun total de 3.128.963 desempregados. É a cifra de parados máis elevada dende xaneiro de 1996, data dende a que se elabora a actual serie histórica con datos comparábeis.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Comentarios (3)

osimon #1 8/Xaneiro/2009 osimon
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Dementras o desemprego segue e seguira medrando o goberno do noso pais máis e o do estado están a verlas vir, a meirande parte dos parados os que levan xa seis meses ou máis no paro esgotaron as prestacións á que tiñan dereito.
Arestora se ten a sorte de daren o tipo teran dereito a un subsidio de 410 € máis ou menos, logo dun tempo esgotado o devandito subidio que?
Asi e todo pensades vos que é posibel levar adiante a vida cos catrocentos euros, unha ollada realista fai falta nos nosos deputados e senadores, ainda dos funcionarios autonomicos que din que xa coñecen o problema e prometen solucions seica non as vexo até agora.
E bo o coidado das contas públicas, máis non só coas axudas á banca ten satisfeito o atranco, ainda co perxuizo do defice público as axudas deberian chegar de xeito direto aos que as necesitan.

xandaspipas #2 8/Xaneiro/2009 xandaspipas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Coñ... pero, e os cartos que se lle deron á banca e as empresas automobilistas, ¿non axudaron a diminuír o incremento do paro? . Toda a inversión en obra pública, ¿no fai ren? Eu que son moi limitado pregunto: ¿as axudas non haería que darllas a xente que o necesita? , a xente sen recursos, a xente que vai o paro,...
Vou contar unha fábula:Eu son un empresario da construción, que en estes anos atrás fixen uns bos cartos, a base de ir especulando coas miñas obras, gastando e gañando moreas de cartos nun negocio que ía vento en popa. Lavei moito diñeiro negro , en base as entregas en "B" , sexa para terreos, sexa de entrada de pisos,... De súpeto , o globo pinchou e botei lastre fóra(ERE´s) e agora, sen persoal suficiente acudo a concurso de obra pública: ¿Qué fago? ¿ Contrato xente de novo, co risco de que non se sabe canto durará isto? ou... ¿subcontrato a obra a unha empresa portuguesa, a cal nun intre podo prescindir dela, sen problemas? Vos ¿Qué faríades?. O resultado é sempre o mesmo, os pratos rotos pagámolos sempre os mesmos, dá igual quen esté enriba da moqueta, e é que o poder pervirte.

xandaspipas #3 8/Xaneiro/2009 xandaspipas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por certo, a apertura da telegaita, coma nos mellores tempos de D. Manuel abriu dicindo que Galiza soportaba mellor a crise , xa que "sólo" incrementaba o paro un vinte e pico por cento. O dito, o mesmo can con distinto bozal.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: