Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Masacre en Gaza

18 de xaneiro en Compostela: manifestación nacional por Palestina

Convocan unitariamente ducias de asociacións. Antes, este sábado, haberá unha outra xornada de concentracións en cidades e vilas de todo o país.

Redacción - 14:00 08/01/2009

Logo de diversas xuntanzas e contactos entre máis de trinta organizacións de todo o país, esta quinta feira acordábase finalmente unha serie de actos reivindicativos a prol do pobo palestino e en contra do ataque do Estado de Israel a Gaza para os vindeiros días. O principal será o domingo 18 de xaneiro, cunha gran manifestación nacional en Compostela.

A marcha sairá ás 12.00 horas da Alameda e percorrerá varias rúas da capital galega até chegar á Praza da Quintana, onde se ha ler un manifesto. A resposta do tecido asociativo do país nace da "necesidade de dar unha resposta unitaria e nacional á matanza palestina do sionismo en Gaza e de garantir a máxima participación posíbel da cidadanía".

Previamente, este sábado, está prevista unha xornada de concentracións tamén unitaria e de carácter nacional, mais centrada nas diversas localidades do país, principalmente nas sete cidades e nas cabeceiras de comarca. A maioría serán ás 20.30 horas, aínda que as horas poden variar dependendo do lugar. Así, por exemplo, en Vigo comezará ás 18.00 horas.


4,85/5 (26 votos)


Comentarios (11)

Lead_bocas #1 8/Xaneiro/2009 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Con nacional queren dicir de todas e todos ?
Ao meu abuelo matárono os nacionais. Eu estudei nunha escola nacional e sufrín á policía nacional... ao nacionalcatolicismo... as carreteras nacionais...

Vivan a Palestina livre e a Galiza Ceive
Dos nacionales e dos nazis sionistas !!!

yeray3 #2 8/Xaneiro/2009 yeray3
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Nesa data todos estaremos. Galiza com Palestina.

tunhito #3 8/Xaneiro/2009 tunhito
[Valora este comentario Positivo -12 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



juli_gz #4 8/Xaneiro/2009 juli_gz
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

O 18 de xaneiro todos en compostela

alboiando #5 8/Xaneiro/2009 alboiando
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Todos a compostela e toda tamén!!

Palestina!

tunhito #6 8/Xaneiro/2009 tunhito
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Mellor ainda todos para Gaza e ficade ali para sempre.

ecoe #7 8/Xaneiro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Convén ir resolvendo o asunto do uso do termo nacional, que ten significados ben diferentes en cada acepción e texto (contexto) que se expón máis enriba.

P.e.: VZ ou Cuba (e mesmo os USA), exercen a soberanía nacional? Poderían subsistir as duas primeiras sen soberanía?

ecoe #8 8/Xaneiro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Acabo de ler agora mesmo este titular, e a miña pregunta é si tamén teñen enleadas co termo os cubanos:
"Ciego de Ávila: sede del acto nacional por Día de la Ciencia Cubana"

Eles terán algún mal para calificar así un acto conmemorativo da ciencia do seu país??!

Benchosei #9 8/Xaneiro/2009 Benchosei
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Para os que aínda non temos a mente colonizada, a palabra nacional refírese ao noso país e desde logo cando oimos falar de touros como festa nacional sabemos moi ben que esa nación non é a nosa. O 18 todos a capital apoiar á xente de Gaza, se para aquelas queda xente en Gaza, claro.

Lead_bocas #10 9/Xaneiro/2009 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O problemas coa palabra "nacional" só os temos, loxicamente, aquelas persoas galegas que non reducimos a perspectiva da nosa loita a unha visión nacional (nacionalista) e mesmo daquelas que non estamos dispostos a normalizar aquí o que é normal en España (o nacionalismo).

Somos galegas e estamos contra o sionismo asasino e por iso botamos en falta unha denominación que trate de abranguer ao conxunto das xentes que loitan en Galiza. A tendencia do Bloque e doutros grupos nacionalistas (que interfiren acotío de maneira partidaria na organización de mobilizacións de base deste país) é a minorizar a loita e a maximizar a nacionalidade. E moitas non estamos dacordo con iso.

Lidor #11 15/Xaneiro/2009 Lidor
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Nacionais quere dicir: o BNG, EU, a CIG, a FPG, a CNT (non é "nacional" a CNT), etc. etc. e quen vive e traballa neste país. Tanto traballo custa entender que nacional non é nacionalista?

E non era mellor falar contra o sionismo en vez de caralladas destas?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: