Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Acceso para máis de 220 millóns de falantes

Lendo 'Os Lusíadas' no teléfono móbil

O Instituto Camões dispoñibilizou na rede máis de 1.200 documentos históricos, que abranguen os últimos cinco séculos da historia de Portugal.

Redacción - 13:25 09/01/2009
Capa d'Os Lusíadas, de Camões

Capa d'Os Lusíadas, de Camões

Esta quinta feira inaugurouse na rede a Biblioteca Digital Camões, coa que se poderá ler, por exemplo, Os Lusíadas, a través do eReader, iPod Notes, Plucker, Mobipocket ou mesmo no teléfono móbil.

O obxectivo desta iniciativa é dispoñibilizar online á comunidade lusófona -formada por perto de 220 millóns de persoas en todo o mundo- documentos dixitalizados, dende textos literarios e partituras musicais a ensaios e estudos científicos. O acesso a estes contidos é de balde e resulta da modernización e unión desta biblioteca co Centro Virtual Camões, consideradas ámbalas dúas como "ferramentas estratégicas para o ensino e aprendizagem do português no estrangeiro, bem como para a divulgação da língua e cultura portuguesas no mundo" polo coordinador do centro virtual, Rui Vaz.

Con esta nova web, os últimos cinco séculos de literatura, ciencia, música... da cultura portuguesa quedan a un só clic. A iniciativa está aberta, ademais, á participación de institucións públicas ou privadas, e foi desenvolvida por investigadores e estudantes que se atopan, sobre todo, fóra de Portugal. A idea, segundo explicou a presidenta do Instituto Camões, Simonetta Luz Afonso, naceu cando un internauta en Siberia conectouse na web da institución preguntando por alguén que quixese falar con el durante unha hora ao día, para axudarlle a aprender portugués.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Velaí un detalle da nova web, na páxina na que se poden descargar 'Os Lusíadas' para o móbil
Velaí un detalle da nova web, na páxina na que se poden descargar 'Os Lusíadas' para o móbil