Xoán Gato, que pechou o seu discurso cun "Viva a Galicia Ceibe e nova que empeza a amencer", espera obter escanos por Lugo e A Coruña.
Xoán Gato presentou este venres no recentemente inaugurado Pazo da Cultura de Narón a súa candidatura como líder de Terra Galega para as elección do 1 de marzo. Terra Galega afirma ter opcións de obter representación polas provincias da Coruña e Lugo. Coa súa aposta política, tratará de recabar apoios entre os nacionalistas que non se senten representados por un BNG que "esconde a súa ideoloxía e que non se sabe se é leninista-marxista ou de dereitas", aínda que o seu discurso tamén se orienta cara ao electorado que rexeita as opcións do PP e do PSOE, por tratarse de partidos que rexen as súas decisións a nivel estatal.
Xoan Gato vertebra o seu discurso electoral en torno a tres eixes: unha economía de austeridad de gasto público e de apoio ao empresariado; unha vertebración conxunta do territorio galego, e un impulso aos servizos sociais, sanitarios e educativos de Galiza.
O acto, ao que acudiron unhas setecentas persoas, estivo encabezado pola canción de Siniestro Total 'Miña Terra Galega', que semella erixirse nun dos símbolos do novo partido. Gato deu un incendiario discurso contra a xestión do bipartito PSOE-BNG, chegando a asegurar que "nunca Galiza estivo tanto en perigo como nesta lexislatura". Gato explicou o motivo da súa candidatura en que "me remordía a conciencia de non facer un último intento serio de abrir unha porta en Galicia pola que entrase aire fresco". O aínda alcalde de Narón pechou o seu discurso cun "Viva a Galicia Ceibe e nova que empeza a amencer".
Primeiro que cumpla cos tribunais, e logo que de mitins.
Que eu saiba, nun Estado de dereito existe a presunción de inocencia. Mentres que o señor Gato non sexa condenado (e estou a esperar que alguén me diga unha sentenza condenatoria) está tan limpo coma o pode estar Anxo Quintana ou, por exemplo, Fernando Blanco.
Limpo?, despois de todos os pelotazos urbanísticos que fixo o señor JUAN GATO -pois ese é o seu nome-, non sei como ten a cara de presentarse á Xunta. Convido a todas e todos a visitar o municipio de Narón, atoparedes; asfalto, cemento, degradación paisaxística, a penas poucas zonas verds, patrimonio..ou o que queda del, e sobre todo atoparedes unha rede caciquil propia do goberno Fraga.
Este señor non é galeguista, este señor non é nin moito menos nacionalista, e non vos enganedes, e se obteñen un deputado, pactarán do PP -como fixeron en Narón-, teremos ao señor Feijoo -si, ese que non quere estatuto nin galego en Galiza-, e o señor Juan Gato conseguirá xustamente o que quere, unha consellería dende onde coller máis comisións...
Vexo que ás veces non se entende o que un di. Repito: que alguén mostre unha sentenza onde o señor Gato é condenado por algún delito; se a hai, supoño que non é tan difícil dar unha referencia.
O demais lémbrame aos antigos exercicios acusatorios da Inquisición española: acusamos a unha persoa de tal e así a condenamos sen xuízo previo diante das masas. Xa que falamos de pelotazos, por qué non falamos das concesións de megavatios eólicos que aprobou o señor Fernando Blanco? Cómo teríamos que chamar a iso? prevaricación? enchufismo? pago de favores ao Grupo San José? Se empezamos con esta dialéctica, creo que o BNG ten moito máis que perder que o señor Gato.
1º Gato está imputado porque un particular (afiliado do Bloque) o denunciou ante os xulgados pola edificiación do Centro Comercial Odeón, o cal leva feito desde hai 6 anos. Porque espera agora a denuncialo? Pois porque daquela Gato gobernaba en Narón co apoio do Bloque.
2º Gato foi imputado ao longo dos seus 24 anos na alcaldía ata 14 veces. As 14 saiu inocente. E as 14 os denunciantes foron afiliados-simpatizantes-organizacións satélites do Bloque e sempre poucos meses antes dunhas eleccións.
3º O PXOU de Narón foi aprobado hai 6 anos no concello POR UNANIMIDADE, é dicir cos votos a favor de todas as forzas políticas (do Bloque tamén. Repito, do Bloque tamén). Asi que se non vos gusta o urbanismo de Narón ide a darlle de paus tamén a Pablito Villamar (voceiro do Bloque en Narón e daquela tenete-alcalde)
4º Se queredes un caso de corrupción urbanística ídevos ao concello de enfronte, a Mugardos, gobernado polo Bloque. Ou que só vos acordades do que vos interesa
5º Gato goberna en Narón tras gañar consecutivamente 6 eleccións municipais, sempre sacando máis do dobre dos votos ca o segundo máis votado e chegou á alcaldía democráticamente ¿pode dicir o mesmo o Sr. Quintana, que empregou a forza física para obrigar a dimitir o alcalde do PP que o precedeu na alcaldia??
&º Gatp é o político da comarca máis valorado con difernza. Mentres que o alcalde e os voceiros da oposición ferrolá non chegan a un 3 en valotración populqar, Gato pasa do 7
7º Onte había no Pazo da Cultura case 1000 persoas apoiando a Gato na sua candidatura. Quero ver eu haber cantos actos hai do Bloque na comarca que superen esa cifra, porque o que está claro é que por esta bisbarra a xente está moi desencantada co BNG, non hai máis que ver o pau que levaron nas últimas municipais, nas que perderon a metade dos votos que tiña.
A ligazón esa vai á outra Terra Galega... :)
Obter dous deputados é unha ilusión intrascendente e futil. Os de TeGa deben pensar que de noite todos os gatos (todos os votantes) son pardos (ou parvos).
As cousas como son o que di trasancos é verdade, e o que semella terlle mais medo é o Bloque. De tódolos xeitos non entendo ise atace tan forte ao bloque, estratexia electoral. Coido que se trabuca se non ataca ao PSOE e mailo PP do mesmo xeito.
o que ten que pensar TEGA e que se acada algún deputado, tal como están as cousas serían moi importantes, non pode apoiar ao PP, porque toda a súa carga galeguista iría ao carallo.
Por certo Gato foi militante do Partido Socialista de Galiza na época da transición.
ai vou trasancos:
1º É gracioso, porque o xuizo non discute que o Sr.Juan Gato estivera detrás da empresa que fixo todos os edificios arredor do Odeón xunto con un par de socios -iso está constatado e admitido por Gato-, o que se xulga é se foi legal ou non a suba dun piso máis do permitido, ¿E ese señor ten a cara de presentarse como candidato a presidente de todos os galegos?, que pouca vergoña. No tocante ao responsable que o denunciou, tanto me dá, como verás o BNG non colma nin de lonxe as miñas ambicións coa miña patria.
2º Eu non digo que o Sr. Juan Gato sexa un corrupto -Deus me libre-, só que participa en numerosas empresas de construcción, só que deixa esmorecer o patrimonio cultural de Narón, só que marxinou ao rural de Narón -onde por certo, non o poden nin ver diante-, só que emprega a lingua galega en contextos oficiais, só que prima a certo empresarios -acaso, socios seus?-, só digo iso.
3º Evidentemente que lle daremos paus a calquera, dito isto, preguntoume, ¿cantos concelleiros do PSOE, PP ou BNG teñen participación directa en máis do 75% dos novos edificios en Narón?, ¿hai algún que supere a Juan Gato niso?
4º Se queres ver desfeitas urbanísticas fala cos socios de Juan Gato, o que queira que visite Narón e que xulgue, e por certo, que visite o novo monstruosismo urbanístico en Valdoviño, da man dun importante socio de Juan Gato -e casualmente, concelleiro de urbanismo nese concello-, de TEGA, claro.
5º O que faga ou fixera o señor Quintana dame igual, a responsabilidade persoal coa miña nación vai moito máis lonxe ca do BNG. O Sr. Juan Gato gañou en Narón durante 24 anos, ben e que?, cantos alcaldes en Galicia se aferraron ao poder practicamente dende o franquismo?, Gato non é ningunha excepción, todo o contrario.
6º Que Juan Gato é ben valorado na comarca de Ferrol?, e qué?, acaso Fraga non foi o máis valorado en toda Galicia? -e mira quen era-, entre os empresarios que lle aportan comisións, entre familiares de concelleiros e funcionarios achegados a TEGA, si, saenme as contas, 1000 persoas.
7º Debes pensar que eu teño que ver co BNG, lonxe estou deles, o meu é un independentismo serio, non ese pseudo-autonomismo, e menos aínda o provincialismo/regionalismo de finais do XIX propugando por Juan Gato. Que tivo 1000 persoas no Pazo da Cultura?, por min perfecto, outro motivo polo que saberán en Narón que inaugurou ese complexo antes de estar rematado.
Unha mágoa que TEGA se estragara con xente como Juan Gato, e todos os concelleiros -ex PP- que teñen nas súas filas. Dilles da miña parte que porfavor, xa que din ser "nacionalistas" -non sabemos se galegos ou españois-, comecen a falar galego fora dos congresos, que polo menos parecerá a burla máis críble. Sintoo moito por aqueles verdadeirs amantes do país que poida haber en TEGA, pero meteronse nunha Praza de Touros -e nunca mellor dito-.
"Unha mágoa que TEGA se estragara con xente como Juan Gato, e todos os concelleiros -ex PP- que teñen nas súas filas"
Coma cal? A verdade e que se lle acusa moitas veces pero nunca se soubo de ninguén.
#9 "Por certo Gato foi militante do Partido Socialista de Galiza na época da transición"
Gato foi membro do Partido Socialista Galego (PSG)liderado por Xose Manuel Beiras, que non do PSOE de Galicia. Unha formación daquela, o PSG, tan nacionalista como o era a UPG, o Partido Obreiro Galego (POG), no que estaba Camilo Nogueira ou o Partido Galeguista de Avelino Pousa Antelo. En 1979 o PSG o POG e o Partido Galeguista coaligáronse baixo as siglas de Unidade Galega. Esas foron as primeiras eleccións nas que o nacionalismo galego obtivo un certo éxito ao lograr Unidade Galega varias ducias de concelleiros e algunhas alcaldías de grande importancia como as da Coruña (con Domingo Merino de alcalde) ou Narón (sendo alcalde Antonio Martinez Aneiros).
En 1985, tras varios anos de fusións e cambios a maioría daquela Unidade Galega, entre elas a agrupación naronesa, reunificouse baixo as siglas de PSG-EG (Partido Socialista Galego-Esquerda Galega). Nas autonómicas dese ano Martinez Aneiros sae elexido deputado pola Coruña, co PSG-EG, e Gato entra de alcalde en Narón.
Teño falado con moita xente daquel PSG e daquela Unidade Galega e todos me comentaron como a UPG fixo todo o posible para facelos desaparecer do mapa. En vez de concentrar os seus esforzos contra o PP ou o PSOE facían todo o posible para machacar os compañeiros de marcha co obxectivo de dividilos e logo sometelos, como fai agora internamente no Bloque. Porque a UPG sempre quixo ter o control e o monopolio do nacionalismo galego, como o continua a ter despois de tantos anos.
Desde TEGA somos conscientes, porque máis dunha persoa de certo peso no Bloque nolo comentou, (e non me pidades que vos diga nomes porque non volos vou dicir, quen me crea ben e quen non dame igual) que desde a cúspide do BNG hai ordes directas para aniquilar a Terra Galega. Porque como este proxecto saia adiante e se consolide co paso tempo as probabilidades de que boa parte do sector máis moderado do Bloque (independentes e camilistas que están fartos das continuas humillacións aos que a UPG os somete) se pasen as filas tegás poderían ser altas.
Ao Bloque (quizais o máis xusto sería dicir á UPG) o que lle gustaría é que nós tivesemos un Carlos Marcos localista ou a algún fachilla españoleiro ou que rexeitasemos o termo "nacionalista" para así poder desprestixiarnos. Pero tal cousa non acontece. Porque nós non soamente nos definimos como nacionalistas, senón que ademais o somos. E por iso nos teñen medo.
E por iso moitos upegallos din que TEGA está dividido en dous, malia que dos 69 concelleiros que obtivo TEGA, 67 seguen con Gato e só dous marcharon con Padín
Por certo, quen siga pensando que TEGA é un partido divido en dous que olle para a foto da portada da web de terra galega:
http://www.terra-galega.org
O homiño este, Xoán Gato, estivo no PSG de Beiras na transición a verdade. Coido que TEGA ten moitos erros pero tampouco se lles pode acusar de certas cousas por acusar. O de caciquismo? a verdade e que el ten pinta de cacique as cousas como son, e por isa razón é posible que acade representación.
eu porque vivo na provincia de pontevedra senon votaba a este home....
1º Gato está imputado porque un particular (afiliado do Bloque) o denunciou ante os xulgados pola edificiación do Centro Comercial Odeón, o cal leva feito desde hai 6 anos. Porque espera agora a denuncialo? Pois porque daquela Gato gobernaba en Narón co apoio do Bloque.
2º Gato foi imputado ao longo dos seus 24 anos na alcaldía ata 14 veces. As 14 saiu inocente. E as 14 os denunciantes foron afiliados-simpatizantes-organizacións satélites do Bloque e sempre poucos meses antes dunhas eleccións.
3º O PXOU de Narón foi aprobado hai 6 anos no concello POR UNANIMIDADE, é dicir cos votos a favor de todas as forzas políticas (do Bloque tamén. Repito, do Bloque tamén). Asi que se non vos gusta o urbanismo de Narón ide a darlle de paus tamén a Pablito Villamar (voceiro do Bloque en Narón e daquela tenete-alcalde)
Esto foi das poucas cousas boas que se fixeron. O PEXOU que se aprobou fai seis anos tentou correxir todos os desmans que o goberno de do gato en todos os anos anteriores. E menos mal que chegou xente como "Pablito" para endereitar un pouquiño as cousas.
4º Se queredes un caso de corrupción urbanística ídevos ao concello de enfronte, a Mugardos, gobernado polo Bloque. Ou que só vos acordades do que vos interesa
Unha, esta nos xuzgados; Duas non hai sentenza.
En todo caso, xa cha adianto eu; non sera condenado. Porque? porque se o condenan, a Gato teria que estar na carcere xa fai moitisimos anos.
5º Gato goberna en Narón tras gañar consecutivamente 6 eleccións municipais, sempre sacando máis do dobre dos votos ca o segundo máis votado e chegou á alcaldía democráticamente ¿pode dicir o mesmo o Sr. Quintana, que empregou a forza física para obrigar a dimitir o alcalde do PP que o precedeu na alcaldia??
Descoñezo que tipo de argumentacion e esta. Bueno, si, o dun hooligang.
Creo que en Galiza coñecemos ben casos de alcaldes que gañaron elección tras elección con maiorias aplastantes, non? Non sei se eso é bo ou malo, sexa o partido político que sexa quen gañara. Creo evidente que o tempo diunos unha visión de como se chegaron na gran marioría dos casos a esas situacións, e que diron como resultado.
Sobre o de Allariz e Anxo Quintana como alcalde... Vese que aprendiches ben as consignas do PP sobre o tema. Pareceme flipante que alguén se poña a soltar esas patochadas.
Pode que confundas a alguén que non coñece o tema nesa teima de confundir, pero a xente que sabe o que pasou, seguro que ten unha visión ben distinta, e é máis, porqué se chegou a aquela situación.
&º Gatp é o político da comarca máis valorado con difernza. Mentres que o alcalde e os voceiros da oposición ferrolá non chegan a un 3 en valotración populqar, Gato pasa do 7
Eu non teño moi claro que valor pode ter se o mellor "valorado" dos políticos dentro da enorme mediocridade que se nos presenta a política da zona.
Un gran logro.
7º Onte había no Pazo da Cultura case 1000 persoas apoiando a Gato na sua candidatura. Quero ver eu haber cantos actos hai do Bloque na comarca que superen esa cifra, porque o que está claro é que por esta bisbarra a xente está moi desencantada co BNG, non hai máis que ver o pau que levaron nas últimas municipais, nas que perderon a metade dos votos que tiña.
Pois probabelmente non; non creo que que o BNG sexa precisamente a organización política mellor valorada da comarca. Creo que é evidente que a xente non está moi contenta co BNG.
Pero creo que confundes unha cousa. Pareceme flipante que un candidato á Xunta de Galiza presente a súa candidatura no concello que antes gobernou... supoño que será porque no resto do país é unha persoa totalmente descoñecida. A ver se así se dan un pouco de ánimos uns a outros.
Supoño que se Anxo Quintana presentase en Allariz a súa candidatura, pois xuntaría bastantes máis que mil persoas. Aínda que o ridículo tamén sería enorme.
A ver se ao final vai pasar como naquela cea do candidato Carlos Cela na Coruña, onde había máis xente nela que votos sacou despois.
Conclusión: Bloque malo (aínda que este señor foi incapaz de explicar porqué). Ridículo discurso dun hooligan.
O outro día lin unhas declaracións deste home en Xornal de Galicia nas que declaraba textualmente: " quero que Galicia compita en campos de golf con Escocia". Penso que esta demoledora frase abonda para reflectir a súa mentalidade arcaica.
"Sobre o de Allariz e Anxo Quintana como alcalde... Vese que aprendiches ben as consignas do PP sobre o tema. Pareceme flipante que alguén se poña a soltar esas patochadas.
Pode que confundas a alguén que non coñece o tema nesa teima de confundir, pero a xente que sabe o que pasou, seguro que ten unha visión ben distinta, e é máis, porqué se chegou a aquela situación"
che che che che, que me andas a dicir que calqueira alcalde que está gobernando moitos mandatos consecutivos cheira mal, e o que pasa en Allariz non?¿?¿
Gato para mín ten pinta de cacique, pero o do bloque é cacicada máxima en Allariz. E podes falar con calquera, aquí na Galiza parece que se non hai caciques non hai mandatos consecutivos, coma o alcalde de Taboadela do PP que era alcalde dende a época de Franco.
Allariz é unha cacicada, aínda que se fixeron cousas moi ben feitas, do mesmo xeito que Taboadela.
entre corruptos anda o debate verda eurico atlantico etc
bueno Supertamarico eu supoño que nunca pasaches por Allariz...
En tal caso o teu discurso cae polo seu propio peso.
En Allariz xa fai ben anos que non está Quintana de alcalde. Eu non sei se sabes que Allariz foise e a pesar diso o BNG seguiu gobernando. Agora hai outra persoa que se chama Francisco García.
É máis, o bo facer do BNG en Allariz contaminou os concellos limítrofes.
Eu entendo que non teñades capacidade de análise, pero de ahí a tentar confundir ao personal...
Trasancos, eu supoño que deviches falar con moita xente do PSG, e UG pero está claro que non che serviu de moito.
Imos ver, a UPG intentou ser hexememonica no seu momento ao igual que o tentou Unidade Galegaou o PSG. Eso supoño que non cho contaron...
Pero fíxate do incoherente do teu discursos. Acusas á UPG de tentar controlar de renunciar a aglutinar esforzos para loitar contra o PP e o PSOE, e resulta de TEGA, o único discurso que ten é atacar ao BNG en troques de sumar esforzos. Vaia discurso o voso.
En tal caso eu sempre pensei o mesmo. Se crees que o teu espazo non está no BNG, non pasa nada. Podes deixar a militancia, non deixa de ser voluntaria. Pero lgunhas veces dame a sensación que algunha xente "crítica" dentro do BNG espera a que saia algo con certo poder para marchar un busca dun carguiño.
De todas formas tranqui que Camilo e a Beiras non os verás en aventuras polítcas como esa. Supoño que antes marcharán para a casa.
E por suposto, eu tamén che digo da innesariedade dunha TEGA nestes momentos. É evidente que ao tempo que non é máis que unha aventura persoal dunha serie de persoas, non fai máis que darlle folgos ao PP e ao PSOE. Senón xa veredes a prensa española dando cancha a ver se consegue sacarlle un puñadiño de votos ao BNG para darllos a TEGA sabendo de antemán da súa total utilidade despois das eleccións.
"bueno Supertamarico eu supoño que nunca pasaches por Allariz...
En tal caso o teu discurso cae polo seu propio peso.
En Allariz xa fai ben anos que non está Quintana de alcalde. Eu non sei se sabes que Allariz foise e a pesar diso o BNG seguiu gobernando. Agora hai outra persoa que se chama Francisco García.
É máis, o bo facer do BNG en Allariz contaminou os concellos limítrofes."
O que hai nesa zona é unha oligarquía do bloque nese zona. Eu son da zona de Xinzo inda que vivo en Ourense, e si fun numerosas vecesa a Allariz.
Non fales soamente con xente afiliada ao bloque no concello, fala con cos centos de veciños que con que non lle voten ao bloque perden o posto de traballo, e falo por experiencia.
O caciquismo eche o mesmo no bloque, no psoe, no pp, en tega e no partido anarquista se fixeran a contradicción de montar un partido xD
calumnia, algo siempre queda.
Superparvolito. tuo tou!
Contra taruguiño, i missed you.
de calumnia nada, eche o que hai.
Pois mira supertamarico, coñezo bastante xente dalí e algunha que non son precisamente do BNG e non falan diso; nas locais é no único momento no que botan ao BNG e non porque dependan do concello para vivir.
En tal caso, nestes intres falar de Allariz pensando que o BNG gaña as eleccións porque ten moita xente contratada no concello pareceme ridículo.
TOU TOU mariaantonia tou tou.
mas para q t vou repetir o d calumni... se acho (afirmo) não das para entender.
SE ISSO FOR VERDADE NÃO É AQUI Q TENS Q VIR DENUNCIAR MAS NO JULGADO E COM PROVAS.
TOU TOU
upppsss quixen decir "...no que -votan- ao BNG e non porque..."
Para facerse unha idea de como é Xoan Gato, hai que ir as hemerotecas, de cando dicia que non lle interesaba a construcción naval en Astano, e que queria convertir a Narón nun paraiso inmibiliario, eso si, dous meses máis tarde chegou a crise da construcción e o auxe dos asteleiros navais... A Gato lle chega con Narón e ainda así lle queda grande.
ONDE esta o teu alter ego o Anti... supertanatório. u-lo?
Teixugo eres un troll e non enganas a ninguén.
atende: UM HOMEM INTELIGENTE NÃO TEM MEDO DE NÃO PARECER INTELIGENTE ANTE UM OUTRO HOMEM IGUALMENTE INTELIGENTE.
NÃO CAPTAS NÉ NÃO? BUENO...
aTLANTICO DIARIO?
PELO MESMO A MERDA É.
É enternecedor ver como o siareiro propagandista de TeGa se esforza nas súas mensaxes. Trátase dunha febre pasaxeira: está en campaña electoral. Cando veñan os resultados calará para sempre. Porque aquí aínda sabemos distinguir a color dos gatos. E os gatos negros dannos moita grima.
A minha avó, que tradicionalmente vota BNG ou branco, vai votar em Gato.
Só como apontamento.
Eu non sufrin iso, non estou empadroado nese concello, pero sei de xente que si sufriu iso.
Pensa un pouco teixuguiño, que é mellor ir ao xulgado a gastar cuartos ou conservar o teu posto de traballo...
O caciquismo é igual en todas partes!
Resposta a #20 Rufus
"Trasancos, eu supoño que deviches falar con moita xente do PSG, e UG pero está claro que non che serviu de moito.Imos ver, a UPG intentou ser hexememonica no seu momento ao igual que o tentou Unidade Galegaou o PSG. Eso supoño que non cho contaron..."
Unha cousa é aspirar a ser hexemónica ou mairitaria, feito moi lexítimo, outra moi contraria é tentar facerse co monopolio a toda costa facendo todo o posible para cargarse o do lado. E no caso de non querer someterte a ela comezar a desprestixiarte, que é o que sempre fixo a UPG. "Senón es dos meus es altamente sospeitoso de ser un inimigo da patria galega" "Ti non es nacionalista" e demais caralladas varias...
"Pero fíxate do incoherente do teu discursos. Acusas á UPG de tentar controlar de renunciar a aglutinar esforzos para loitar contra o PP e o PSOE, e resulta de TEGA, o único discurso que ten é atacar ao BNG en troques de sumar esforzos. Vaia discurso o voso."
Teño que lembrate que, grazas ao apoio de TEGA, o BNG goberna nos concellos de Zas, Riotorto e Castro de Rei. Pola contra o BNG a nós non nos apoiou en ningunha das cinco alcaldías onde gobernamos. Máis ben todo o contrario. Alí onde gobernamos nós, a oposición do Bloque é sucia e canina. Como en Narón. Vólvocho repetir: O centro comercial Odeón leva feito máis de 6 anos. Por qué a persoa do Bloque que presenta a denuncia contra Gato o fixo hai dous meses e non o fixo hai seis anos?? É que cambiou nalgo o edificio? Non será que o fixo precisamente agora para que Gato se presente ás eleccións coa etiqueta de "imputado" e así dar prenda solta a xente como atlántico para que poida soltarse con frases do estilo:"Primeiro que cumpla cos tribunais, e logo que de mitins." Afortunadamente a xente non che é tan parva, Gato xa foi imputado 14 veces (as 14 veces inocente), tras 14 denuncias de xente do BNG, feitas sempre antes das municipais, e aínda así gañou sempre.
E non te confundas, nós ao Bloque criticámolo cando haino que facer. Porque ese é o traballo dun partido na oposición. Qué queres que nos quedemos sentados dando palmas vendo a macrocacicada (reparto dun negocio valorado en case un billón de ptas) que montaron no reparto eólico?? queres que lles demos palmadiñas no lombo por continuar adiante con esa maquina comecartos chamada Cidade da Cultura?? queres que defendamos a Quintana por sacar a bailar pasodobres as velliñas nas festas??
"En tal caso eu sempre pensei o mesmo. Se crees que o teu espazo non está no BNG, non pasa nada. Podes deixar a militancia, non deixa de ser voluntaria. Pero lgunhas veces dame a sensación que algunha xente "crítica" dentro do BNG espera a que saia algo con certo poder para marchar un busca dun carguiño."
O meu espazo tranquilo que teño moi clariño cal é. Vés? estas son as cousas que me amolan de vós. A vosa facilidade para meter os fuciños onde ninguén vos chama. Te digo eu a tí cal é o cal debe de ser o teu espazo?? Non fai falta que mo busques ti. Prefiro estar nun partido (pequeno, si) pero onde podo falar con liberdade e dicir o que me peta que vivir nesa U-dictadura interna. En canto o do carguiño, pensa o ladrón que todos son da súa condición. Non neniño non. Aqui os que reparten carguiños agora sodes precisamnete os do BNG-CSJ (Bloque Nacionalista Galego-Construtora San José). Cantos altos cargos, enchufados, liberados e demais meteu o Bloque estes tres anos....pero que pensas que a xente se chupa o dedo?? Os bloqueiros sodes tan ou ainda mais corruptos que o PP e o PSOE. Bastaron tres anos e medio no poder para desenmascararvos. Sodes uns vendidos e aínda tendes a cara de seguir dando leccións con ese tono chulesco, resabiado e desconfiado de sempre.
"De todas formas tranqui que Camilo e a Beiras non os verás en aventuras polítcas como esa. Supoño que antes marcharán para a casa"
Eu estouche moi tranquiliño pero oes, Camilo e Beiras xa están na casa. Foron os da U os que os mandaron para alí. Non te lembras?? Non hai tanto tempo diso.
"E por suposto, eu tamén che digo da innesariedade dunha TEGA nestes momentos. É evidente que ao tempo que non é máis que unha aventura persoal dunha serie de persoas, non fai máis que darlle folgos ao PP e ao PSOE. Senón xa veredes a prensa española dando cancha a ver se consegue sacarlle un puñadiño de votos ao BNG para darllos a TEGA sabendo de antemán da súa total utilidade despois das eleccións"
Que eu saiba Terra Galega aínda non saiu en ningún medio de comunicación madrileño, salvo na edición galega de el País e para meternos caña, por suposto. Se ti sabes dalgún medio daló onde saísemos che emprazo a que me poñas o link.
Rufus, se consideras que fun maleducado contigo na miña resposta, dicirche que non era a miña intención. Nin moito menos teño nada persoal contra ti.
Un saúdo
#supertrapalheiro 21, 33
primeiro dis q: "traballo, e falo por experiencia." #21, e agora são vezinhos...
tou tou SuperCereritoCortito A VER SE ENTENDES:
CALUMNIA Q ALGO SIEMPRE QUEDA
"Non fales soamente con xente afiliada ao bloque no concello, fala con cos centos de veciños que con que non lle voten ao bloque perden o posto de traballo, e falo por experiencia."
Isa é o meu parágrafo, o de calumnia que algo queda semellas ti. Nunca falei en primeira persoa se ainda sabes disntinguir as persoas nas conxugacións verbais :p
o de calumnia que algo sempre queda tamén podemos aplicarcho taruguiño xD
#36 Sim, é claro que os vai tirar UPyD
Juan Gato só procura ser chave e poder pactar co sr. Feijoo
É asi de sinxelo.
Quintana só procura ser chave e poder pactar co sr. Touriño.
É así de sinxelo
"Unha cousa é aspirar a ser hexemónica ou mairitaria, feito moi lexítimo, outra moi contraria é tentar facerse co monopolio a toda costa facendo todo o posible para cargarse o do lado. E no caso de non querer someterte a ela comezar a desprestixiarte, que é o que sempre fixo a UPG. "Senón es dos meus es altamente sospeitoso de ser un inimigo da patria galega" "Ti non es nacionalista" e demais caralladas varias..."
A ver ho!!! ti crees que o individuo ese que se chama gato non ten ganas de destruir todo o que esta ao redor??? Eu creo que nos seus discursos deixa claro que ´e o seu inimigo, e no precisamente o españolismo.
Que vos consideredes nacionalistas ou non, traeme sen coidado, de ti e do resto da xente de TEGA; pero cos antecedentes de ter candidatos como o Carlos ese na Coruña...
En breves supoño que remataredes co discurso ese esencialista sobre as vondades do nacionalismo de tópicos
"Teño que lembrate que, grazas ao apoio de TEGA, o BNG goberna nos concellos de Zas, Riotorto e Castro de Rei. Pola contra o BNG a nós non nos apoiou en ningunha das cinco alcaldías onde gobernamos. Máis ben todo o contrario. Alí onde gobernamos nós, a oposición do Bloque é sucia e canina. Como en Narón. Vólvocho repetir: O centro comercial Odeón leva feito máis de 6 anos. Por qué a persoa do Bloque que presenta a denuncia contra Gato o fixo hai dous meses e non o fixo hai seis anos?? É que cambiou nalgo o edificio? Non será que o fixo precisamente agora para que Gato se presente ás eleccións coa etiqueta de "imputado" e así dar prenda solta a xente como atlántico para que poida soltarse con frases do estilo:"Primeiro que cumpla cos tribunais, e logo que de mitins." Afortunadamente a xente non che é tan parva, Gato xa foi imputado 14 veces (as 14 veces inocente), tras 14 denuncias de xente do BNG, feitas sempre antes das municipais, e aínda así gañou sempre."
Pareceme estupendo que TEGA nos "permita" gobernar; de feito grazas por deixarnos existir. Pero que clase de discursos pretendes lanzar??? Ti sabes algo do que pasa ou pasou en Narón, traballas no aparato de propaganda de TEGA ou simplemente eres un hooligan de TEGA???
Pero se xogamos ao despiste, podemos mirar as propostas de vivenda en Oleiros e a realidade en Arteixo. Oe, se queres falamos con San José para que vos faga unha boa proposta para metervos a promotores inmobiliarios.
"E non te confundas, nós ao Bloque criticámolo cando haino que facer. Porque ese é o traballo dun partido na oposición. Qué queres que nos quedemos sentados dando palmas vendo a macrocacicada (reparto dun negocio valorado en case un billón de ptas) que montaron no reparto eólico?? queres que lles demos palmadiñas no lombo por continuar adiante con esa maquina comecartos chamada Cidade da Cultura?? queres que defendamos a Quintana por sacar a bailar pasodobres as velliñas nas festas??"
bueno bueno bueno bueno!!!. Mira. ti sabes algo do concurso eólico ou seica desenvolvistedes todo o discurso cos recortes de prensa da Coz??? Ti sabes o que era o PEE??? o plan eólico estratéxico??? o que chantou o primeiro muiño en Galiza??? aqueles muiños de fai 15 anos que entraban en resonancia e saltaban polos aires??? os que se trouxeran de desguace de Finlandia e Noruega para chuchar as subencións europeas???.
Pois ese era o modelo que se estaba executando aínda. Parques que se daban a dedo sen nengún control, e con moitos intereses alleos a este pais.
Mira, como en Galiza aínda non hai tranferencia nas competencias de produción enerxética (que so deve haber en Navarra polo acordo aquel de Aznar e UPN para as granxas enerxéticas) pois a nos abrironnos dende aquí e dende Madrid a caixa dos ventos. Na parte de competencias ás que se podía chegar, desenvolveuse un concurso público para a sustitución e instalación de parques eólicos, que se non se facía dende aquí, xa o ministerio de industria no tiña preparada unha ben gorda.
No proceso quedaron atrás os que antes levaban os cartiños a cambio de nada. Agora, se queres producir enerxía (que repito, se a Xunta non sacaba o concurso xa o sacarían dende Madrid es 4000MW) tes que desenvolver un proxecto asociado.
Supoño que ti non liches nada sobre o tema dos eólicos... bueno, a Coz e a prensa española. Colonialismo puro.
O da Cidade da Cultura. Aquí vexo un peuqeno problema. Ninguén sabe que facer co armatroste. Todo o mundo fala e fala, pero ninguén da solucións. Un proxecto xa adxudicado e contratado, que se non executas da igual.. pero que lle tes que pagar ás empresas que xa estaban funcionando. A pasta xa estaba adxudicada. Que queres que che diga, que me gusta??? pois non "neniño", non. Non me gusta, e probabelmente eu deixaría todo esmorecer. Pero hai cousas que cando che veñen dadas pois hai que tragalas.
Neste tema, recomendo coller as hemerotecas e facer un repaso. Lembro que a Coz (que deve ser o teu xornal de cabeceira) non había día en que non falase da gran obra, como maná do ceu.
Cando cambiou o goberno e se comezaron a reestructurar as fases e o proxecto para minimizar o gasto, ese xornal transformouse e creou unha fronte anti CDC na que moitos e moitas nos sentimos identificados. Pero e realidade por desgraza imponse. Que faría TEGA??? pois o mesmiño meu "neniño", o mesmiño.
Non lembras o discurso que se daba dende ese xornal e outros medios cando se fixeran os plenarios para tentar que foran as industrias culturais galegas (ocultadas até o momento) as que tivesen participación no proceso??? como era u discurso??? "como van eses aldeanos a hacer algo, hombre, como lo van a hacer".
O de Quintana cos bailes... bueno... folclorismo. Por moito que nos foda Luar segue a ser o programa máis visto. Pero aquí entramos todos na perola por desgraza.
Da igual bailar, que facer unha cea. Pero se a cea é con empresariado, do que non vas sacar nada, escepto pagarlla, queda como máis moderno.
"O meu espazo tranquilo que teño moi clariño cal é. Vés? estas son as cousas que me amolan de vós. A vosa facilidade para meter os fuciños onde ninguén vos chama. Te digo eu a tí cal é o cal debe de ser o teu espazo?? Non fai falta que mo busques ti. Prefiro estar nun partido (pequeno, si) pero onde podo falar con liberdade e dicir o que me peta que vivir nesa U-dictadura interna. En canto o do carguiño, pensa o ladrón que todos son da súa condición. Non neniño non. Aqui os que reparten carguiños agora sodes precisamnete os do BNG-CSJ (Bloque Nacionalista Galego-Construtora San José). Cantos altos cargos, enchufados, liberados e demais meteu o Bloque estes tres anos....pero que pensas que a xente se chupa o dedo?? Os bloqueiros sodes tan ou ainda mais corruptos que o PP e o PSOE. Bastaron tres anos e medio no poder para desenmascararvos. Sodes uns vendidos e aínda tendes a cara de seguir dando leccións con ese tono chulesco, resabiado e desconfiado de sempre."
E dalle co tema da UPG. A min verdade dame a sensación que hai xente que abre e pecha debates falando da UPG. Se mentas a UPG (para criticala claro) xa te sintes coa verdade. A UPG terá cousas boas e cousas malas.
O de corruptos... bueno, todo consiste en meter adxectivos descalificativos polo medio e xa está. Pero pon algo máis ohhh!!! e que ese en tres anos xa está pasado. A gran corruptela ia ser o tea de San José e os eólicos, e resulta que ao final, nen corruptela nen nada. Aquí seguimos a leria editorial da Coz. Bueno ata eles tiveron que calar ao final. En fin, a ver se dis algo máis que BNG corrupto e UPG mala, e que o discurso cansa.
O da U-dictadura é moito, neno. Ti deves pensar que a xente que está dentro do BNG é parva, porque se non, non entendo esta mensaxe.
"Eu estouche moi tranquiliño pero oes, Camilo e Beiras xa están na casa. Foron os da U os que os mandaron para alí. Non te lembras?? Non hai tanto tempo diso."
Creo que CAmilo e Beiras aínda seguen no BNG. Creo que o outro día estaban nunha asemblea. Creo que é bo que non estean na primeira liña é positivo. Agora falta que mandemos tamén a Paco pa retaguardia para completar o proceso.
"Que eu saiba Terra Galega aínda non saiu en ningún medio de comunicación madrileño, salvo na edición galega de el País e para meternos caña, por suposto. Se ti sabes dalgún medio daló onde saísemos che emprazo a que me poñas o link."
Imos ver. Aos de mandriles se la chupais, ao igual que lla chupan os do BNG. Pero pensar que non hai un interese en certos medios de comunicación e gurpos de poder en que saquedes un pouquiño a cebeza, pareceme demencial.
Lembro os xornais edición Coruña dandolle xabrón ao Carlos cando se presentou. Despois tiveron que tapalo porque ao BNG non lle ía sacar nen n voto. Ao mellor si ao PP que xa bastante tiña co pollo interno.
"Rufus, se consideras que fun maleducado contigo na miña resposta, dicirche que non era a miña intención. Nin moito menos teño nada persoal contra ti".
Non eres maleducado, simplemente un hooligan. Repites até a sciedade os tópicos da prensa antinacionalista e españolista. Supoño que é o camiño que tedes que seguir agora a ver se conseguides sacarlle algún voto ao BNG. Non vexo tanto esforzo co PP ou o PSOE; non sei a que obedece, estratexia interna que terá algunha razón.
En tal caso defender aos teus está ben. Pero non descalifiques ao resto como se fóramos xente estúpida, non vaia a ser que de tanto dicir que hai xente que vive nunha U-dictadura, ti vivas nunha Gato-dictadura
#43 Anti_Agilipollados
"Non fales soamente con xente afiliada ao bloque no concello, fala con cos centos de veciños que con que non lle voten ao bloque perden o posto de traballo, e falo por experiencia."
Isa é o meu parágrafo, o de calumnia que algo queda semellas ti. Nunca falei en primeira persoa se ainda sabes disntinguir as persoas nas conxugacións verbais :p
"falo por experiencia" queria dizer falo com conhezemento de causa. né? POIS APRENDE A FALAR!!!!!! F A L T O M ! !
Então o Tanatorio e tu sodes a mesma merda, um vai d intelectualoide e o outre de faltom. s t ha visto el plumero, chaval. o teu é o
CALUMNIA Q ALGO SIEMPRE QUEDA!!!!
GATO PECHA UN MITIN BERRANDO VIVA GALICIA CEIBE
http://es.youtube.com/watch?v=...
parece BAutista Álvarez nos seus mellores tempos
Vexo que o ambiente está quentiño, parece que estes "miñaxoias de TEGA" comezan a meterlle o medo no corpo oas señoritos do Bloque. Alégrome; alégrame que por fin alguén teña capacidade para poñer a estes no seu sitio. Son votante do BNG, e síntome estafado por tres anos de goberno onde o Bloque como parece que dixo con moita razón Gato no seu discurso de antonte "cambiaron a estrela vermella da liberdade pola tarxeta VISA". Repito, síntome profundamente estafado por estes novos ricos que venderon á nosa terra por un coche oficial e unha foto na Moncloa.
Oxalá que este home, un nacionalista da vella garda, compañeiro de fatigas dos históricos do nacionalismo da transición poda traer novos aires ao Pazo do Hórreo. somos moitos os que estabamos preocupados por non ter a quen votar nas vindeiras eleccións pola fraude que supuxo a cheada do Bloque ao poder, agora aparece unha nova opción, cun nacionalismo sano e coherente no discurso, que merece unha oportunidade para ver se na práctica é igual de sano e coherente e no resulta outro engano coma o BNG. A nosa terra necesítao, o noso país meréceo, esta vella Nación agarda por el para ver de novo a luz. Amigos de Terra Gslega, denantes mortos que vendidos, ánimo e nin un pas atrás. Saúde e Terra
Do mesmo xeito ca ti LisboaMelhor. Ti do que é irónico non sabes verdade?
Falo con coñecemento de causa porque o meu curmán sufriu esas consecuencias.
Hai taruguiño mira que non che quedan cousas por aprender. Se no fondo es bo rapaz xD
Non hai oco na sociedade para este partido. O nacionalismo moderado xa está representado polo BNG.
Xa veredes os resultados
.
Coincido co comentario 45 en que TEGA lle está empezando a meter medo no corpo ao "establishment" do BNG e, ao actuaren de maneira puramente instintiva, non se decatan do gran favor en forma de publicidade gratuita que se lle fai a esta formación (empezando polo número de comentarios que ten este debate).
Non comparto o punto de vista de dumiense cando di que o nacionalismo moderado xa está representado polo BNG. A min sempre me fixo graza a coletilla de "moderado" porque ,para empezar, se eu son de dereitas non me teño que resignar a votar unha forza dirixida por comunistas como é o BNG, por moito que a súa faciana exterior e praxe política sexan "moderadas". Estou totalmente de acordo na necesidade de existiren dous partidos nacionalistas como en todo país normalizado, un de esquerdas e outro de dereitas, e eu en ningún momento nego a necesidade do BNG de existir para representar a uns determinados sectores, só digo que o que cheira moi mal é a inquina que certos sectores do BNG teñen contra TEGA e a virulencia coa que envían as súas mensaxes. O que está claro é que, se TODO o nacionalismo xa estivese representado no BNG, non habería a polémica que hai e nin tan sequera lle prestarían atención ao acto de Gato do venres. Moito medo hai de perder o monopolio do nacionalismo dentro do BNG, e eles sábeno.
PD: Agradecería que o debate se fixese ao redor de ideas e non de insultos tabernarios.
#50 Anti_Agilipollados
"Falo con coñecemento de causa porque" Então era isso, APRENDE A FALAR.
Agora entendo a tua inadvErsiÓn cara o reintegracionismo, dadas as dificuldades que tens para... com para... COMO PARA Q TE MUDEM O POUCO Q SABES!!!
APRENDE A FALAR, E NÃO TE METAS NAS CONVERSAS DOS MAIORES.
Xa quedaches tranquilo cas parvadas que soltaches? Celebroo xD
Disfruta da vida taruguiño.
Estimado rufus contéstoche certas cousas ao teu ultimo comentario:
"A ver ho!!! ti crees que o individuo ese que se chama gato non ten ganas de destruir todo o que esta ao redor??? Eu creo que nos seus discursos deixa claro que ´e o seu inimigo, e no precisamente o españolismo.
Que vos consideredes nacionalistas ou non, traeme sen coidado, de ti e do resto da xente de TEGA; pero cos antecedentes de ter candidatos como o Carlos ese na Coruña...
En breves supoño que remataredes co discurso ese esencialista sobre as vondades do nacionalismo de tópicos"
Pois non che sei. Non sei se terá ganas de destruir o que ten o redor. O que si sei é que a Unidade Galega dos anos 80, na que estaban el, Camilo Nogueira, Lopez Facal ou Martinez Aneiros non tentaron destruír ao BNG malia daquela ser moi inferior a eles.
Non difames, NON MINTAS. CARLOS MARCOS NIN ESTIVO, NIN ESTÁ, NIN ESTARÁ EN TEGA. Carlos Marcos estivo no Partido Galeguista de Manuel Soto e despois do seu fracaso nas municipais xunto con Corcoba montou un partido local chamado Union Coruñesa. ANTES DE DICIR ESAS BARBARIDADES INFORMATE PRIMEIRO. PORQUE, PERDOA QUE CHO DIGA, ISO É MENTIR.
Así que che trae sen coidado que sexamos nacionalistas.....joé pois entón se tanto che ten, porque tanto empeño en acusarnos de non selo??
"Pero que clase de discursos pretendes lanzar??? Ti sabes algo do que pasa ou pasou en Narón, traballas no aparato de propaganda de TEGA ou simplemente eres un hooligan de TEGA???
Pero se xogamos ao despiste, podemos mirar as propostas de vivenda en Oleiros e a realidade en Arteixo. Oe, se queres falamos con San José para que vos faga unha boa proposta para metervos a promotores inmobiliarios."
Meu rei. Eu vivo do meu traballo, que nada ten que ver coa política. E se me informo e opino de política é porque simplemente me dá a gaña. Paréceche mal ouh!! Ou é que non estou no meu dereito?? Senón que carallo pintamos aqui os dous opinando neste foro? Si iso. Falade con San José, ademais de montarvos un periódico seguro que vos terá que pagar máis favores estes anos...
"ti sabes algo do concurso eólico ou seica desenvolvistedes todo o discurso cos recortes de prensa da Coz??? Ti sabes o que era o PEE??? o plan eólico estratéxico??? o que chantou o primeiro muiño en Galiza??? aqueles muiños de fai 15 anos que entraban en resonancia e saltaban polos aires??? os que se trouxeran de desguace de Finlandia e Noruega para chuchar as subencións europeas???"
Rufus, para cuestionar algo que cheira a podre (merda que saiu do voso cú) non fai falta ir á Coz nin defender a xestión do PP...Que os do PP son uns vendidos? Si. Que Fraga é un nazi de merda? Tamén Que os 16 anos del no goberno foron unha desfeita para este país? Tamén. Pero aquí o problema é que a vós durante todo ese tempo se vos enchiu a boca falando de transparencia, dignidade e dando leccións por aí adiante de domcracia e foi chegar ao goberno e tururú. A mesma merda. Vólvocho repetir, o BNG tivo estes tres anos e medio un comportamento tan caciquil como o PP, pero disfrazado de patriotismo barateiro.
"E dalle co tema da UPG. A min verdade dame a sensación que hai xente que abre e pecha debates falando da UPG. Se mentas a UPG (para criticala claro) xa te sintes coa verdade. A UPG terá cousas boas e cousas malas. O de corruptos... bueno, todo consiste en meter adxectivos descalificativos polo medio e xa está. Pero pon algo máis ohhh!!! e que ese en tres anos xa está pasado. A gran corruptela ia ser o tea de San José e os eólicos, e resulta que ao final, nen corruptela nen nada. Aquí seguimos a leria editorial da Coz. Bueno ata eles tiveron que calar ao final. En fin, a ver se dis algo máis que BNG corrupto e UPG mala, e que o discurso cansa.
O da U-dictadura é moito, neno. Ti deves pensar que a xente que está dentro do BNG é parva, porque se non, non entendo esta mensaxe"
Pois nada a xente do BNG non é parva (eu nunca lles chamei tal)....pero mira cando poidas bótalle unha olladiña ao foro que houbo a semana pasada na que a UPG ía ocupar máis da metade dos postos de saída nas listas do Bloque, na que, por certo, houbo varias ducias de comentarios...
Por certo, por qué insistes tanto co tema da Voz?? Digo eu que non será pola cancha que nos dan aí....Porque nós na Voz outra cousa non che sei, pero trato preferencial como o que tendes vós no Xornal que vos montaron (minto, que vos montastes vos mesmos a cambio de adxudicar muíños de vento públicos), non che temos.
"Creo que CAmilo e Beiras aínda seguen no BNG. Creo que o outro día estaban nunha asemblea. Creo que é bo que non estean na primeira liña é positivo. Agora falta que mandemos tamén a Paco pa retaguardia para completar o proceso."
Creo que a Beiras o botaron dunha patada no cú hai xusto catro anos. Pero ollo...non o botou o Bloque...Botárono os da U (para non seren unha ditadura mandan de carallo).
Creo que a Camilo tamén...e de novo os mesmos....E tranquilo por Paco, que Paco xa se irá cando lle pete, home... (a ese non o botan nin con auga fervendo)
"Imos ver. Aos de mandriles se la chupais, ao igual que lla chupan os do BNG. Pero pensar que non hai un interese en certos medios de comunicación e gurpos de poder en que saquedes un pouquiño a cebeza, pareceme demencial.
Lembro os xornais edición Coruña dandolle xabrón ao Carlos cando se presentou. Despois tiveron que tapalo porque ao BNG non lle ía sacar nen n voto. Ao mellor si ao PP que xa bastante tiña co pollo interno. "
Vólvocho repetir de novo, Carlos Marcos nunca estivo en Terra Galega....estivo no Partido Galeguista de Soto. Non sei se es capaz de entendelo.... volvocho repetir: CARLOS MARCOS NUNCA ESTIVO EN TERRA GALEGA. Non mintas home!!
Que aos madriles "se la chupamos" (para non seres un hooligan carallo coa frase rufus). Boeno, o sentimento venche sendo máis ben recíproco.
"Non eres maleducado, simplemente un hooligan. Repites até a sciedade os tópicos da prensa antinacionalista e españolista. Supoño que é o camiño que tedes que seguir agora a ver se conseguides sacarlle algún voto ao BNG. Non vexo tanto esforzo co PP ou o PSOE; non sei a que obedece, estratexia interna que terá algunha razón"
Ben, nin eu nin ti somos uns maleducados....Máis se eu son hooligan...a pregunta é....entón que es ti?? Un mero observador independente a la par que veraz, non??
Aqui a única estratexia que hai é por parte do Bloque que quere acabar con nós. Se ollas o link que puxo Brais 44 do discurso de Gato poderás ver como mete máis caña o PP e o PSOE. De feito, nos anos 90 ata as autonómicas do 2001 Gato pedía o voto nas autonómicas para o Bloque. Pero diso non. Diso non vos acordades.
Pensemos friamente: Dous deputados? Canta xente coñece a Xoán Gato? Non creo que me trabuque se afirmo que máis do 70% non sabe quen é este señor nin o seu partido...
A visibilidade ten un prezo inalcanzable para este coitadiño...
Reflexión: non credes que poderia darse o caso de que se o señor Frijuelo sacase 36 deputados e aquí o Sr. Michiño 2... ¡pactasen!????
Aos tempos de Coalición Galega remítome, que estes van de nacionalistas (un modelo de nación un tanto espiritual, dependendo do grao de augardente bebida) e non chegan a rexionalistas do século XIX.
Pensade que estes con algo novo tipo Consellería de Festas ou Secretaría Xeral de Protección do Polbo Galego se conforman... ¡Mi madriña!
Bueno, a rede demostra claramente que as desputas de taberna trasladanse sen nengún problema á rede.
De feito moita xente pensa que a rede é parte dun sentimento xeralizado da sociedade, máis esta moi lonxe ser ser certo; cunha introdución de menos dun 40% parece que o que contamos aquí ou deixamos de contar é representativo.
De todas, varias cousas, creo que naquel mitín de Vigo no García Barbón Camilo insinuaba como os do "BNG" ían entrar co carnet na boca na súa organiazción... eran outros tempos que mellor nin lembrar.
Volves a falar do demo da UPG. Bueno, supoño que despois de corenta anos de demonización a historia sigue; a min que nin me vai nin me ben máis aló de compañeiros de viaxe. Fixeron cousas boas e cousas malas. Pero a demonización crea demos sociais. Como con Franco e Hitler calquera "debate" na rede sobre nacionalismo solucionase dicindo que os da UPG son malos malísimos.
Coa retaila de texto que poño, sigo e sumo.
Ninguén pon en dúbida que o Gato pedise o voto para o BNG; creo que até o de Oleiros chegou a pedilo.
Tampouco tivo problemas en tempos posteriores a ofrecerse ao PSOE. Supoño que cada un camiña polo carreiro que cree máis convinte en cada momento. Ese tipo de decisións, por onde camiñar, son difíciles para algunha xente.
Outros simplemente ao mellor so pretenden facer o camiño por onde andar. Co acertos e con cagadas.
Aquí copio e pego: "Creo que a Beiras o botaron dunha patada no cú hai xusto catro anos. Pero ollo...non o botou o Bloque...Botárono os da U (para non seren unha ditadura mandan de carallo)".
En fin... ti mesmo te defines con este discurso. Eu sinceramente sigo sen entendelo... o resto da xente que hai no Bloque parece que somos unha panda de borregos incapaces de pensar. Segues a lanzar as mesmas premisas que lanza o españolismo. Unha panda de tarados que acatan sen nengún tipo de problema os designios divinos. O problema é que non hai por onde coller o tema. Aínda non había delegados (polo que non se pode poñer como excusa ese temiña), e a militancia na súa maioría decidiu unha cousa. Non gustou ao 100% da xente? pois de acordo. As relacións humanas e a interacción das mesmas non sempre contanta a todo o mundo por igual. Ti queres insistir no dogma de fe de que foi a UPG??? pois de acordo.
Pero vouche dicir unha cousa, para poder decidir hai que estar. A min traema moi floxa cal sexa a vosa lista ou se andades a liortas ou non (disque si, pero insisto... teño o mesmo interese no tema que saber cal vai ser o sexo da próxima rolada dos borbóns).
Ducias de comentarios: pois xa o dixen antes... os comentarios dun tema na internes soe ser inversamente proporcional ao seu interese real. Eu sinceramente nin mirei "os comentarios" desa noticia. Non soen aportar grandes cousas máis aló os desbarres persoais que cada un de nos temos na cachola. Se ese fío diu un troncho de comentarios aledome. Ao igual que este que xa deve sobrepasar os cuarenta, non creo que foran máis de cinco ou seis persoas as que participamos.
No de carlos tes toda a raz´on do mundo. Mea Culpa e aceptaou con todas as críticas que poidan caer sobre min. Dende logo non era a miña intención. Recoñezo que aínda que considero o proxecto de TEGA un proxecto personalista de catro iluminati (é unha concepción totalmente persoal), coido que aínda non chegastedes ao desfase desa xente. As miñas máis sinceras disculpas, non era a miña intención dende logo.
En tal caso, eu volto para falar de cousas que si me interesan e das que pasaches por alto no último comentario e de outras que se me escaparon con aterioridade.
Eu non poño en dúvida que dentro do BNG haxa langráns. Eso sería estar fora da realidade.
Máis ti tamén saltaches o que che comentaei antes como contestación ao que ti dixeras.
Falaches das denuncias da órbita do BNG a Gato durante anos. Eu a verdade da misa sei a medias. Pero a cousa non deveu ser tan mala cando Gato despois de 14 denuncias non tivo problemas en pactar co BNG para gobernar.
Eu creo que deverías explicar un pouco máis o tema. Sobre todo o da última denuncia, esa da que falabas antes. Ao mellor efectivamente, os do BNG de Naron son unha panda de tuzaros para darlle de comer aparte, ou ao mellor non. Insisto, desenvolve un pouco máis as argumentacións.
Se o BNG pactou ou non con vos onde vos iades por diante, habería que saber porqué. Ao mellor efectivamente, é unha falata de lealdade (non coñezo a existencia de acordos máis aló do puntual).
Tirei o embite de Arteixo e non houbo resposta. A min gustariame coñecer o teu parecer. Ou o que opinades. So coñezo o dunha parte, neste caso o da Consellería, que nin sequera se ten porqué axustar ao do BNG. Sei cal foi a resposta dun goberno no que estades, e máis aló de partidismos cheiroume un pouco.
-Sigo e sumo; trataches o tema do "pelotazo" dos eólicos. A min gustariame coñecer onde está ese pelotazo. Eu podo estar suxestionado por unha forma de entender o proceso, que vou tentar explicar no menor número de liñas posibeis.
Vese no horizonte non moi lonxano unha crise enerxética do copón. Rusia xa avisou.. baixar o machete é fácil. Arxelia aínda non sabe que ten ese poder.
Vese nun horizonte non moi lonxano un sitio que se chama Galiza que en pouco pasará de ser vendedora (de industrias foraneas) a necesitar enerxía.
Hai un feito incontestábel dun debate enerxético, que en 5-7 anos comezará a falar das nucleares.
Hai outro feito incontestabel de que dende Madrid xa tiñan planexado unha segunda fase enerxética para Galiza de encoros-termicas (muiños) para alimentar as súas industrias. O compromiso da zona de ebacuación por Asturias en función de quen executaba o plan xa o deixaba ben claro.
Ninguén quere o melón das nucleres, nen abrilo nen pechalo, e menos se podes seguir sacando enerxía a baixo custe coa lexislación na man mantendo Galiza baixo o sistema colonial clásico.
Sen poucas portas nas que poder elexir, o sistema cando te moves xa ten preparado o discurso: "pelotazo". O "pelotazo" foi o que se lles diu nos fuziños. A ver de que falan agora nas comidas de empresa-políticos en Madrid. Cabróns galegos insolidarios que nos foderon poder fodelos.
Non quero nin pensar o pelotazo de verdade coa lexialación na man dun plano de produción enerxética eólica desenvolvido polo ministerio de industria en Galiza. Entón iamos saber o que é a propaganda. A propaganda está no vento.
Este é o que opino.
Agora so espero que me presentes o "pelotazo" ese famoso.
-A cidade da cultura: cagada monumental. Eu sempre o tiven claro. A cidade da cultura hai que parala. Había que botarlle un par de tetas ao asunto. Entón iase producir outro fenómeno curioso. O teu xornal de cabeceira ia rebirarse outra vez. E o resto do personal.
Eu a verdade non sei que hai que facer con ese armatroste. Sinceramente espero que se TEGA chega ao goberno llo explique a algún dunha vez.
TEGA e o resto, pose pp e os autonomos se fai falta.
Dende logo douche a razón en que o BNG non soubo que facer co mausoleo. Máis poño en dúvida que algueÅ„ saiba moi ben que facer.
Pero de ahí a falar de pelotazo, creo que hai un mundo. So se estás obstinado en desacreditar, podes dicir esas cousas. A min gustarime saber se opinas que o que se fixo, se fixo obrando con mala fe, porque lonxe da incapacidade para xestionar un morto como este, unha cousa é pegar un "pelotazo" e outra e queres lucrarte.
-No do folclorismo dos bailes... aquí voume recrear. Resultame tremendamente curioso, xa non so con Quin senón na época de Fraga as críticas que se facían a este tipo de encontros. Eu xa de aquelas non coincidía moito con aquela visión estrapolada de que á xente se lle manipulaba por unha comidiña. Coincido contigo en que é máis sinxelo facelo a certa xente que ao mellor depende do emprego no Concello, aínda que incluso eso xa vai pouco a pouco desmontandose. A rede do PP sempre foi máis rompedora: xestión das xubilacións e arranxos de papeis ou meterche o medo no corpo de que se chegaban outros ianche sacar a pensión.
Eu nas festas esas do BNG(perdón, de vicepresidencia) non vin ese discurso, máis ben outro en positivo, lanzando as consiganas dos dereitos. Propaganda, propaganda positiva.
Propaganda???? pois claro. Tampouco en catro anos tes unha rede de servizos nos concellos galegos tan potentes como lanzar "consignas".
A mesma propaganda que se fai nunha comida co "empresariado" . Claro que a comida co empresariado, como xa che dixen nunha liña con anterioridade, da máis caché. Ao fin non estás a falar con xente inculta á que poidas convencer e manipular por un bocata de que te voten. Estás a falar con xente seria, non??? Xente que sabe moi ben o que quere, aínda que se a cea é de certo tipo de persoal non terán porqué coincidir os seus intereses cos intereses da sociedade no seu conxunto. Ese tipo de encontros incluso teñen todo o glamour e pompa dun acto dos Oscar de cine.
Lembro unha señora moi facha que me contaba o desacordo que estaba co Quin (que riquiño dicía aquela señora cunha carreira superior) por contarlles nos bailes que a familia e máis que a concepción tradicional da mesma. Eso si, é moi boa persoa (en castelano claro).
----
Eu de hooligang aínda teño pouco. Aínda que algunhas veces penso que me tería que sair máis a vea.
Agora ben, non teño por costume repetir unha e outra vez as consignas do españolismo, que ve ameazada a súa supremacía política neste país.
Insisto que non teño interese en coñecer os vosos procesos internos; creo que deveríades avanzar máis en crear discursos propio en troques de falar unha e outra vez dos trapos dos demais, ou o que lles deixa de pasar aos demais. Volviches como antes a argumentar a metade do discurso na UPG e demais. Supoño que coa mesma estratexia que o PP e o Psoe seguiron durante anos para desacreditar ao BNG (???????).
Sigo sen saber onde están os pelotazos, ou as alternativas de TEGA a eses temas, e a verdade que me interesarían moito máis coñecelas que o feito simple de leer o que xa a prensa españolista en encarga de informarnos tan imparcialmente todos os días.
"....porque lonxe da incapacidade para xestionar un morto como este, unha cousa é pegar un "pelotazo" e outra e queres lucrarte."
---> unha cousa e pegar un "pelotazo" e queres lucrarte e outra moi disitinta non saber moi ben como solucionar o tema.
Que nerviosos andan no BNG pois saben que Gatos lles vais quitar moitos votos e se cadra lles está a perxudicar o seu ultimo deputado... Gato é un candidato que ten raices no PSOE e no BNG... e xa ten pactado con eles...pero lle teñen medo porque nunca lle gañaron unhas eleccions...
Que acertado andas garciatona; acertado no de que o BNG está moi nervioso. No das orixes de Gato, ata onde eu sei co PSOE nunca tivo nada agás pactos de goberno en Narón. En troques as súas orixes están en partidos absorvidos polo BNG, ou nalgún caso aniquilados pola UPG. A súa orixe e a mesma que a de Beiras, o PSG, un partido nacionalista que nada tivo nunca que ver co SOE. A súa carreira de partido ségue así: PSG, UG, PSG-EG, e canto todos estes desapareceron ou foron absorvidos polo Bloque el formou Unidade por Narón, partido local que seguía a recoller os principios do nacionalismo. O que nunca apeptou nin aceptará son leccións de ninguén sobre como ser nacionalista galego, por iso nunca entrou no Bloque malia aos achegamentos entre el e Beiras, e ao final demostrouse quen tiña razón, mira en que acabou Beiras por enfrontarse ao dogma sacrosanto da UPG. Por iso Gato sempre foi por libre
A tempos de CG? Sonache de algo o tripartito? Informaré algo fillo...
COMO FALAS COM TANTA ALTANERIA SE NEM SABES FALAR.
APRENDE A FALAR!!!
T R A P A L H E I R O !
Agora entendo a tua inadvErsiÓn cara o reintegracionismo, dadas as dificuldades que tens para... com para... COMO PARA Q TE MUDEM O POUCO Q SABES!!!
APRENDE A FALAR, E NÃO TE METAS NAS CONVERSAS DOS MAIORES.
Que si oh! ensiname ti pozo de ciencia.
20€ a hora.
os corretivos em vieiros for free.+
Agora entendo a tua inadvErsiÓn cara o reintegracionismo, dadas as dificuldades que tens para... com para... COMO PARA Q TE MUDEM O POUCO Q SABES NESSE BATIBURRILLO SIMPLISTA ESPANHOLADO!!
20€ a hora? Es todo un capitalista é. Por ese precio non hai trato.
Por certo, mais que nada para que te enteres ainda que iso semella certamente mais que difícil.
Eu contra os reintegratas non teño nada, mais que nada concordo con algúns coma mauricio castro, equivócaste de senso. Eu estou en contra dos que din ser lusos no nacionalismo portugués, caralladas tais como lusofonía aínda que xa superou o senso nacionalista.
Tamén podo falar do que sinten os brasileiros contra os portugueses porque teño coñecido moitos por causas laborais.
O que se ten que aclarar es ti tarugo, que pensas que calqueira que opine dun xeito distinto a ti xa é españolista, pero en fin se isto faiche feliz sigue eu sigo a escachar ca risa xD
bla bla bla
-PRIMEIRA REGRA (E FOR FREE):
Não fales desordenadamente. centrate que tu podes.
-2ª é igualmente d idiotas generalizar.
-3ª termina o q comezes; para quando o d argentina. soltaste-me um "royo" e... MARCHOU.
PS Sou lusista e galego. lusista na língua e galego politicamente.
o d lusista empregase a falta d um termo melhor pois em... angola pex. nem sabem onde está (por muitos motivos) a galiza.
captas ou tereito q repetir. q não che tenha q perguntar quantas vezes t tiveram q dizer os teus pais q levantases a tapadeira antes de urinar.
captas???
ironia, né?
"generalizar" que? As verdades sonche así, non é que sexa un odio visceral, mais si é teñen receos fortes a metropole.
Co de Argentina fuches ti o que non supeches respostarme, dixeches bla bla bla bla bla e dixeches e ti que sabes de arxentina? pero ningunha resposta ao que comentei.
Moitos lusitas defenestran as formas verbais rematas den des, coma falades por "falais", aínda que sexan da zona occidnetal.
E o de falar desordeadamente pois fillo, prefiro falar dese xeito a soltar as burradas que soltar. E o que temos os xenios, pensamos en 500 cousas a vez e todas con xeito :p
Por certo eu opino que galego e portugués sonche o mesmo, non concordo con certas posturas, coma a do nome do idioma.
Sinto non poder siguir con esta divertida discusión, abofé que escacho ca risa con "voçe", mais "acho" que outros compromisos mais importantes estanme a chamar. Maña sigo non te preocupes xD
http://www.vieiros.com/nova/71...
NÃO SEJA TRAPALHEIRO, SE BEM ACHO JÁ VAI SER COMA A RAPOSA, MUDARA DE PELE MAS NÃO DE MANHA, REMATE O Q COMEZOU, Q SABE DA LINGUA ESPANHOLA APOS A INDEPENZA DE AGENTINA. NADINHA?
BLA BLA BLA= INFO 0. APORTE ALGO.
PS. VAIA MEMORIZANDO, MESMO SE CUSTA, O Ç NÃO SE EMPREGA COM E.
pensas cun venres ou sabado a noite vou quedar toda a noite a falar contigo?
En fin, le a mensaxe enteira. Non respostaches nada de nada ao que dixen naquela mensaxe.
TOU TOU
ESTÁ TUDO DITO QUE QUERE Q LHE DIGA.
MAS Q SABE DA LINGUA ESPANHOLA EM ARGENTINA APOS A INDEPENZA DESTA E PONHA-O EM RELAÇÃO O Q SE ESTAVA A DIZER.
SOA-LHE A FOGUETES DE ROMARIA. NÃO ENTENDE NADINHA, NÉ?
O SEU É...
Pero que ninguén coñece ao señor Michiño. A ver... se aínda que Anxo Quitana é vicepresidente, o grao de coñecemento nas enquisas no chega ao 90%, que porcentaxe coñece ao Sr Ghatiño? Práctimente ninguén. Sendo optimistas: 1 deputado. Probable: 0 deputados.
SUPERTAMARICO, non vaias de listo. Cito (Fonte Galipedia): 'No partido perfílanse dous sectores, un partidario de pactar coa esquerda e outro que avogaba por dar ao seu apoio á dereita, este foi o que predominou o que permitiu a elección de Xerardo Fernández Albor como Presidente da Xunta'.
O primeiro presidente do PP da Xunta de Galicia foino grazas aos inestimables votos daqueles que se dicía nacionalistas de dereitas: Coalición Galega. Ou sexa, os de Terra Ghatiños de sacaren un escano (sendo moi optimistas) poríano ao servizo do que mellor lles baile: Feijoo de opter 37 deputados.
CO CAL: SENÓN QUEREDES QUE FEIJOO SEXA O PRÓXIMO PRESIDENTE DA XUNTA, TAMPOUCO VOTEDES A TERRA GALEGA PORQUE O APOIARÁN.
Que fulano! Por partes
"3ª termina o q comezes; para quando o d argentina. soltaste-me um "royo" e... MARCHOU."
A o que resposto
"Co de Argentina fuches ti o que non supeches respostarme, dixeches bla bla bla bla bla e dixeches e ti que sabes de arxentina? pero ningunha resposta ao que comentei".
E agora respostas
"ESTÁ TUDO DITO QUE QUERE Q LHE DIGA".
O_o
Comezo a pensar que tes problemas mentais...
E dalle ca independencia da Arxentina, e tan difícil saber como se expresa un Arxentino na escrita coma ler a Borges ou Cortazar, manda truco "rayuela" por certo. Ou simplemente ollar un periódico arxentino por internet. Tamén ten que ver que todavía conto con familia alí.
Ademais cousas tais tamén entran no selectivo, o de fai case que 10 anos, asi que de algo sirve estudar.
É Q COMO É VOCÊ UM GENIO NÃO ENTENDO NADINHA...
Mas acho não há muito q entender.
queres q asinta com o d argentina? q com toda essa (e outras muitas) verborrea q m soltas da argentina não m dis nada q NÃO SAIBA sabes tu O Q CHE PREGUNTEI?
A RESPOSTA é NADINHA mas isso sim, mula mula...
AGORA ENTENDO A INADVERSION DE MUITa gente cara o reintegracionismo, e esta bem dada pela sua dificuldade para entender o q lê, pobre léxico, muita prepotencia...
ps a mim q m importa q tenhas familia ali e q tEm isso q ver, digo eu... xq eu tenho familia no japão, e muita, e não por isso sou ducho no japonês. PARVO.
Preguntabas a razón do que che comentei o da Arxentina, respostei e o único que escoite é "prepotencia, que dis" mais argumentación 0.
Se non sabes falar sen descalificar, se non aportas argumentos quedas mais guapo ca boquiña pechada, se o único que sabes é berrar un fato de consignas como "AGORA ENTENDO A INADVERSION DE MUITa gente cara o reintegracionismo..." e coma "voçe" mesmo di bla bla bla bla, cando eu non teño nada contra os reintegratas, mais soamente discrepo nalgúns puntos e "acho" que mais cedo mais pronto será a norma que este país terá que empregar.
Non dicias que marchaba sen respostarche, ulas túas argumentacións. ningunha porque non sabes, por esi digo que escacho ca risa con "voçe" porque moito bla bla bla, pero non dis nada todo baleiro de senso.
E insisto disfruta da vida que semellas un amargado. Non tes outras cousas mellores que facer?
"Non fales soamente con xente afiliada ao bloque no concello, fala con cos centos de veciños que con que non lle voten ao bloque perden o posto de traballo, e falo por experiencia."
APRENDE A FALAR.
"Preguntabas a razón do que che comentei o da Arxentina" ??
NÃO TENTES SEGUIR O FIO DA CONVERSA, NÃO DAS PARA ISSO, COM CERTEZA SERAS BO PARA...
cando eu non teño nada contra os reintegratas
BIPOLAR? NÃO ERAS TU O Anti... ??
e um sem fim. bref: APRENDE A FALAR, E NÃO TE METAS NAS CONVERSAS DOS MAIORES.
Igual que antes,non?nin furcia do tema!!!!!!
Iso e todo? Xa quedaches tranquilo?Que si meu rei que es o millor do mundo, as tuas refutacións son abraintes. Onde no hai auga que sacar...
Ata logo Martin Codax, que verbo fluido que tes...
furcia, fulano...
TAL VEZ ESTEJA AÍ O TEU FUTURO, PELO MENOS O JÁ DOMINAS O LÉXICO. (e com certeza algo mais..., né?)
ps. poeta sou, martim codax nom.
E posibel? Vas acadar un novo record, o de dicir o maior número de parvadas nunha mensaxe curta!!!!!!!!!!!!
Perdonocho x que es parvo e que lle imos facer.
Abur pailán.
fala por ti, listom, vido a menos.
Cacique? Que vai ser oh! Discipulo avantaxado do cachuli. As súas ideas dan medo... ou noxo!OLLADE
http://www.lavozdegalicia...
como a Bretagne francesa. segunda residencia dos parisinos, segundo lugar mais visitado de fr despois de parís, mais visitantes ca côte-d'azur... não está mal a ideia. sempre q genere riqueza para o povo galego. ou vamos vivir de ir a pinhas. as minhocas...
eu digo que o señor gato ten unha rede clientelar moi ampla na comarca de ferrolterra. Nn digo que non fixera moito pola comarca e o concello de Narón é algo grazas a el. pero que non me veña dicindo que son transparente e que non son amigos do enchufismo porque nas empresas satélite (chiringuitos que tanto critica), cosma, urbaser, as garderías, etc ten aos seus amigos traballando. e logo critica á xunta porque queren poñer solo a vender no novo plan sectorial de vivenda...home xa, como q lle foden o negocio que ten montado cos seus amigos promotores, chamada tamén a MAFIA naronesa. incluso os promotores alleos vense perxudicados a hora de facerlles plans parciais, agora coma o terreo sexa da mafia, o nivel de construcción na parcela será o máximo que se poida, tanto ten se queda ben ou mal, o importante son os cartos cos que financiar Terra Galega. grazas Xoán polo traballo feito pero ai anos que a túa conciencia non debe andar moi ben.
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral