Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Continúan a caer bombas

Israel rexeita a resolución da ONU e amplía a operación terrestre en Gaza

Un grupo europarlamentarios viaxará este domingo á fronteira da Faixa para manter unha xuntanza con asociacións humanitarias na zona.

Redacción - 18:30 09/01/2009

O goberno de Israel rexeitou este venres a resolución aprobada polo Consello de Seguridade da ONU esta quinta feira á noite, na que se esixe un cesamento do fogo inmediato na Faixa de Gaza. Ademais, ordenoulle ao Exército ampliar a operación terrestre, informa o diario israelí Haaretz.

A decisión tomouse na xuntanza que mantiveron a primeira hora o primeiro ministro, Ehud Olmert, a ministra de Exteriores, Tzipi Livni, e o ministro de Defensa, Ehud Barak, para analizar a resolución do Consello de Seguridade e determinar os seguintes pasos no conflito.Por outra banda, a vicepresidenta da Alianza Libre Europea (ALE) e membro do Consello Nacional do BNG, Ana Miranda, infórmanos dende Bruxelas que un grupo de nove europarlamentarios viaxará este domingo á fronteira de Gaza.

A delegación, que encabeza a presidenta da subcomisión de dereitos humanos do Parlamento Europeo, Hélène Flautre, permanecerá dous días na zona, onde se reunirán con representantes de asociacións humanitarias na zona. Ao seu regreso, elaborarán un informe que se debaterá en sesión plenaria.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: