Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Terceira edición

As aulas de formación do voluntariado chegarán por vez primeira ás vilas

A Dirección Xeral de Xuventude presenta a oferta de cursos de 2009: 83 actividades para 2.500 persoas.

Redacción - 20:35 12/01/2009
Rubén Cela, na presentación do programa

Rubén Cela, na presentación do programa

Xuventude e Solidariedade presentou a terceira edición do seu Programa de Formación do Voluntariado. Segundo adiantou o director xeral, Rubén Cela, este ano haberá 83 actividades formativas para 2.500 persoas. En 2008 impartíranse 54 cursos.

Outra das novidades de 2009 será a descentralización das actividades, que chegarán por primeira vez ás vilas do país. Cela tamén engadiu que se van incorporar melloras na calidade de formación na área de solidariedade, como marca o Plan Galego de Voluntariado 2006-2010. Outra innovación será a especialización dos cursos, xa que as entidades de acción voluntaria demandaron temáticas concretas, como saúde mental, dependencia, inclusión social ou cibervoluntariado.

Continuarán, ademais, os cursos para o Voluntariado en Defensa do Monte Galego. En total dividiranse en seis áreas: inclusión social, autonomía persoal, infancia, cooperación, ambiente e voluntariado cívico. Na elaboración do programa participaron, ademais das EAV, as tres universidades, os concellos e departamentos do Goberno, e abriuse unha canle de comunicación por internet para recibir suxestións para axustar os horarios e os contidos á realidade do voluntariado.

O programa de formación seguirá con dúas liñas de actuación: presencial e de teleformación a través da súa web. Tamén haberá dous niveis: inicial e especializado. Ofrécese máis información no teléfono 900 400 800 ou no apartado Plans e programas da web.


4.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: