En 2005, unha asociación de Carballo enviou á Audiencia Nacional un documento con nomes de empresas da zona relacionadas co tráfico de drogas. Nunca tiveron resposta.
Quince folios onde se daban algunhas das claves do narcotráfico a mediana e gran escala na Costa da Morte. Iso é o que lle chegou, ou o que polo menos lle mandaron, ao xuíz Garzón en 2005. Fartos de ver caer centos de mozos de toda a zona, a asociación antidroga Vieiro de Carballo decidiu dar un paso á fronte. O colectivo puxo en negro sobre branco toda a información recadada durante anos.
O documento dirixido á Audiencia Nacional daba nomes de diferentes sociedades das comarcas de Fisterra, Soneira e Bergantiños que supostamente se encargan de branquexar as plusvalías millonarias que deixa o narcotráfico. No punto de mira estaban coñecidas empresas rexentadas por homes de palla dos narcos. Aínda que non de forma exclusiva, a construción, daquela nas súas horas máis altas, era un dos valores seguros. Pero no informe tamén se citaban episodios violentos. Malleiras e incluso algunhas mortes acaecidas tempo antes na Costa da Morte e que as forzas de seguridade nunca foron quen de aclarar completamente.
Case catro anos despois, os mesmos que se atreveron a desafiar os narcos locais e as súas conexións empresariais, seguen sen saber que foi daquel informe. “Non recibimos nin acuse de recibo”, comenta ao outro lado do teléfono o presidente de Vieiro, Xosé Manuel Vázquez. A asociación que preside é dende hai anos unha xostra na conciencia cidadán. Radicada en Carballo, a entidade leva axudado a centos de toxicómanos a saír do burato, mais tamén ten atacado onde máis doe: sinalando o peto do narcotráfico.
Un clan con monopolio
Os catro mil quilos de droga aprehendidos este domingo en Muxía, valorados en 120 millóns de euros, só confirman o que se sospeita dende hai ben anos: A Costa da Morte converteuse nunha das principais portas de entrada da cocaína. Tal e como xa informabamos en agosto de 2007, até a propia Fiscalía do TSXG reflectía este parágrafo nun seu informe: “Na provincia da Coruña, na Costa da Morte, radica un coñecido clan que é considerado un dos maiores traficantes de haxix en Galiza, xa que na zona non actúa ninguén que non teña o seu consentimento”.
Ese clan do que falaba o ministerio público non é outro que o coñecido como dos “Lulús”. Segundo a policía, un dos detidos na operación desta fin de semana está relacionado con esta coñecidísimo grupo de Muxía. De feito, algúns dos seus membros xa estiveron procesados penalmente por tráfico de droga a gran escala.
Ese mesmo clan ao que se refería o ministerio público vén sendo o mesmo que agora está baixo os focos por estar detrás do alixo de cocaína: os “Lulús”. A Garda Civil relaciona un dos detidos esta fin de semana con este grupo.
O rastro da cocaína: entre a hostalaría e a política
Unha das polémicas urbanísticas máis importantes que se lembran na Costa da Morte tivo como escenario Muxía e ao mesmo clan que agora a policía relaciona co último alixo de cocaína. Sen licenza urbanística, seguían adiante as obras dun pomposo establecemento hostaleiro. O restaurante estaba a nome da muller dun membro dos “Lulús”, daquela na cadea por outro asunto de drogas.
A asociación Vieiro, canda outros colectivos antidroga, puxo o berro no ceo cando o pleno de Muxía, co voto de concelleiros conservadores e socialistas, modificaba as normas de planeamento para darlle garantías legais a unha obra ilegal. Os veciños do lugar tamén presentaron denuncias contra o daquela alcalde, Alberto Blanco (PPdeG), ao que acusaban de empregar diferentes varas de medir.
Sexa como for, logo de toda a polémica, o restaurante consolidouse como un dos de referencia na zona. Moitos políticos da comarca convertéronse en clientes habituais. Sonada foi a voda dun concelleiro muxián en 2005 á que acudiu todo o goberno local a pesar das críticas dos colectivos de axuda a toxicómanos. A retranca da vida quixo que o complexo, rexentado por unha familia acusada de delitos contra a saúde pública, albergue agora reunións de sociedades médicas.
Todo mundo sabe que isto nom é nada novo.
A relaçâo entre o narco e os PIOLHOS bem de lonxe.
A remates dos 90,do seculo pasado,houbo umha obra totalmente ilegal na vila de mais turismo da Galiza.Foi denunciada na COTOP(o difunto Cuiña mandoume umha carta "oficial" na quediciaseme que se era ilegal seria adecuada(axeitada) os planos reales ou berdadeiros), na CONSELLERIA DE CULTURA E PATRIMONIO,E MAIS NO XUZGADO,particularmente,por delito penal.
Saíu na primeira paxina do diario EL PAIS.
Todos os dirixentes dos PIOLHOS tinhan conhecimento de que era dinheiro do narco.¡Non fixerom nada!.O contrario;os PIOLHOS,que eram os que gobernabam(e gobernam inda hoxe)fixerom todo o impensabel pra que rematarase a obra.
Pasados dous anos,detiberom o narco(propietário real da empresa constructora) e foi acusado de um alixo de 9 toneladas de cocaina.¡Está na rúa!
Suponho que ninguem vaise estranar agora do que está acontecer no país.
Certo xuez dixo que Galiza estabase tornando coma Sicilia.
Está no certo.Nom ha que esquecer que a Social Democracia gobernóu en Italia dinde o remate da II guerra.O presidente,Andreotti,do goberno estaba "misturado" co-a Mafia.
Cando foi do Prestige,fiquéi abraiado o saber que em Muxia botaram o mesmos piolhos que enzoufaronlhe a costa de chapapote.
Benchoseiv, comparto cousas que dis pero non o de relacionar un partido directamente con isto. Fabas podres hainas en todos os sitios e o narco o que fai é arrimarse ao poder, para garantir a legalización dos seus negocios suxos. Así de simple
"...pero non o de relacionar un partido directamente con isto" E un goberno... Ouh???
Eis a clave para participar en política: negar o evidente, calar...
Para "facer país", como dicides algúns, hai que comezar por falar claro. Se o que queredes é trepar "polo país" entón calaremos como en Calabria.
Fabas podre hainas en Muxía, por exemplo, e se seguen onde están é polo medo de perder: prevendas, chupes, votos...
Brais:
Se desexas,podo dar nomes e apelidos que vam dinde os politicos,coa primeira cachola o frente(o cacique),até os implicados no tráfego da "farinha branca".
É de curiosidade que um dos "farinheiros" tenha a sua morada na cidade que déu a porcentaxe mais alta dos rios do estado español.Aranda de Duero.
Os "piolhos" sabem de sobra quem é,e de onde vem o dinheiro que lhes dam pra "as suas cousas".
Nom é iste o milhor lugar pra encetar umha cousa como isto;pro tenho documentacion xudicial que arrepia o leéla.
A lepra dos corruptos chega até os xuzgados.
Nom digo mais.
Pasóuseme dicer que a porcentaxe,da que falei,é de COCAINA.
Saíu nos xornales.
lectura recomendada: GOMORRA
Dadelle unha ollada.