Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rexeita a obxección

O Tribunal Supremo ampara Educación para a Cidadanía

Conclúe que os decretos que regulamentan esta materia non lesionan o dereito dos pais a elixir a libre educación dos fillos.

Redacción - 18:30 28/01/2009

O Pleno da Sala Terceira do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo acordou esta cuarta feira rexeitar os recursos presentados por pais asturianos aos que o Tribunal Superior de Xustiza desta comunidade española lles denegou o dereito á obxección de conciencia á materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos.

Cos votos a favor de 22 maxistrados e o voto en contra de sete -un máis ausentouse por enfermidade-, o Supremo concluíu que os reais decretos que regulamentan esta materia non lesionan o dereito dos pais a elixir a libre educación dos fillos. A decisión tomouse logo de 20 horas de debate en sesións de mañá tarde dende o luns.

Nos días vindeiros o tribunal dará a coñecer o fallo coa resolución, que salva a materia e confirma as tres resolucións do TSX de Asturias e revoga a adoptada polo TSX de Andalucía, que fallou a favor duns pais aos que permitiu obxectar.

Os pais obxectores recorrerán até o final
A decisión baseouse nas tres sentenzas favorábeis en Asturias, onde se estabelecía que os dereitos humanos non se vulneraban e que tanto a autonomía dos centros para adaptar os contidos ao seu ideario como a liberdade de cátedra do profesorado tíñanse en conta no desenvolvemento da materia.

O TSX de Andalucía, pola súa banda, alegaba que os contidos fixados "vulneran o dereito dos pais a educar os seus fillos na formación relixiosa ou moral de acordo coas súas propias conviccións". As asociacións de pais obxectores xa anunciaron que recorrerán ao Tribunal Constitucional e, en última instancia, a Estrasburgo.


Ligazóns

4,2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: