Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIORIDADE NA VINDEIRA LEXISLTURA

Os ecoloxistas din que a alternativa a Sogama é comarcalizar a xestión de residuos

A FEG pide que en 2017 se remate coa incineración do lixo e estea en funcionamento un modelo con pequenas plantas que traten o lixo nas zonas onde se produce.

Redacción - 17:30 31/01/2009

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), plataforma que agrupa os principais colectivos ecoloxistas do país, fixo público un comunicado este sábado coas súas propostas para un novo Plan de Xestión de Residuos Urbanos 2007-2017, que agora mesmo está en trámite. Os ecoloxistas consideran que a grave crise que está a vivir na actualidade Sogama demostra que o modelo actual non deu resultado polo seu gran coste ambiental.

Na FEG consideran que a situación actual ten que ver coa decisión que tomou no seu momento a Xunta de centralizar nun só municipio (Cerceda) o tratamento da maior parte dos residuos do país. Por iso, os ecoloxistas coidan que unha das medidas prioritarias é a descentralización e a creación de plantas de carácter comarcal que xestionen os residuos na súa orixe. Tamén lle piden á Xunta que nun prazo de oito anos teña descartada totalmente a incineración de residuos en Galiza (o plan en trámite contempla unha redución na incineración pero non a supresión total da mesma).

Aínda que o novo plan no que traballa Medio Ambiente contempla en parte este proceso de descentralización en cinco plantas, a FEG considera que isto non é abondo e que pode facer que se repitan os problemas actuais a longo prazo. Por iso, consideran que é preciso a existencia de puntos de xestión comarcais.

A respecto do anterior, un voceiro da FEG, Tino Quintela, explicoulle a Vieiros que as instalacións de pequeño tamaño son “moito máis doadas de controlar” á vez que acaban manteñen e incluso aumentan os postos de traballo: “Hai que explicarlle á xente que o lixo é seu e que o seu papel é moi importante, polo que ten que responsabilizarse dun problema que é de todos”, en alusión á necesidade de medidas que tendan á redución de residuos en orixe.

A coordenadora ecoloxista demanda que se depuren todas as responsabilidades políticas e xudiciais polos delitos ambientais e de posíbel corrupción que se puideran ter dado na última década. De feito lembran que o Consello de Contas no informe de 2004, entre outras irregularidades, denunciaba tratos de favor a empresas do grupo Unión Fenosa.


4.36/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: