Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
NAS AFORAS DA CAPITAL

Catro mortos e 41 feridos nun choque de buses en Bos Aires

O violento accidente produciuse nas aforas da capital arxentina. Unha crónica de Débora Campos.

Débora Campos - 18:08 03/02/2009

Este luns pola tarde morreron catro persoas morreron e outras 41 resultaron feridas, cinco de gravidade, ao chocar de fronte dous buses -un deles incendiouse-, na cidade de Ramos Mejía, nas aforas de Bos Aires, na Arxentina.

O choque entre dous buses da liña 174, pertences á empresa Plaza, ocorreu nunha esquina do barrio Don Bosco da cidade de Ramos Mejía, no oeste do conurbano bonaerense. A causa do impresionante impacto, un dos colectivos incendiouse e provocou a morte de catro persoas, mentres que outras 41 resultaron feridas, entre elas dous nenos de 4 e 10 anos. De acordo ao informe, os feridos foron internados, segundo a súa gravidade, nos hospitais da zona.

A policía sinalou que o choque produciuse pasadas as 19:00 horas do luns, cando o interno 992 cruzou ao carril contrario e bateu de fronte contra a unidade 930, que, de inmediato, comezou a arder.Polo choque, ademais do conductor, faleceron tres pasaxeiros que viaxaban no interno 930, mentres que as persoas feridas viaxaban en ambos colectivos, que nese momento ían ateigados de pasaxeiros. Para rescatar o corpo do conductor falecido, os bombeiros de Ramos Mejía traballaron con estensores neumáticos, xa que o finado quedara atrapado entre o asento e o volante.

O ministro de Saúde bonaerense, Claudio Zin, xunto ao persoal da Dirección de Urxencias do seu ministerio, achegouse ao lugar do accidente para informarse sobre a atención que recibiron os feridos e xustificou o tempo de chegada das ambulancias.

Marcelo, un veciño do barrio, contou á prensa que el pasaba pola esquina onde se produciu o choque, momentos despois da colisión, e ao ver o que ocorría chamou ao 911. "Era un desastre. A xente estaba moi shockeada. No lugar había tres mortos, un dentro dun dos colectivos, contra un portelo, e os outros tirados no chan", relatou.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: