Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
TRADUTOR

Para Google, "Galiza is Spain"

O buscador líder incorpora a nosa lingua ao seu servizo de tradución automática, con resultados sorprendentes.

M. del Río - 19:40 03/02/2009
Tradución de "galiza" ao inglés, segundo Google

Tradución de "galiza" ao inglés, segundo Google

Xa dispoñía da tecnoloxía para facelo, pero non foi até este mes de febreiro cando o omnipresente buscador Google decidiu incorporar a nosa lingua ao seu servizo de tradución, Google Translate. Agora xa é posíbel traducir a ou dende outras corenta linguas textos ou webs en galego.

O tradutor, ao ser automático, ten os seus fallos, sobre todo ao traducir a idiomas lingüisticamente afastados, como o xaponés, o chinés ou o árabe. Pero o que non parece ter xustificación é que "galiza" se traduza por "españa" ou que "galego" se traduza por "portugués" en todas as outras linguas.

Porén, Google aínda non ofrece a posibilidade de traducir directamente as páxinas dos resultados das súas buscas noutras linguas ao galego, como acontece, por exemplo, co inglés. Haberá que agardar. O mesmo acontece con outros dos seus servizos, como Gmail, que seguen sen ter a posibilidade de podérense usar na nosa lingua, a pesar de estaren traducidos por persoas voluntarias.


3.56/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: