Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Canda Touriño e Quintana o día 20

Feijoo participará no debate televisado a tres bandas

Mais insistindo na necesidade de facer tres "cara a cara" bilaterais. El participaría nun co líder do PSdeG e noutro co líder do BNG.

Redacción - 18:04 05/02/2009
Feijoo xunto con Gerardo Conde Roa (PP de Compostela), esta quinta feira, presentado o programa de benestar do seu partido / Flickr: PPdeG

Feijoo xunto con Gerardo Conde Roa (PP de Compostela), esta quinta feira, presentado o programa de benestar do seu partido / Flickr: PPdeG

O presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, amosouse disposto a acudir ao debate proposto pola Galega para a vindeira sexta feira 20 de febreiro entre os tres principais candidatos ás vindeiras eleccións do 1 de marzo, el mesmo, Quintana e Touriño.

Porén, o candidato popular insistiu, outra volta, na necesidade de facer tres cara a cara bilaterais, polo que exixiu tanto a Anxo Quintana (BNG) como a Emilio Pérez Touriño (PSdeG), que sinalen se tamén aceptan esta fórmula. Un dos cara a cara sería protagonizado polo propio Feijoo e Quinta; o segundo tamén con Feijoo e Touriño; e un terceiro entre Touriño e Quintana.

"Eu levo meses aceptando debates"
"Nós aceptamos a súa proposta, e agora agardamos que eles acepten a nosa", expuxo o popular, apelando a que o seu partido "representa a case a metade dos galegos". Porén, os dous socios de goberno xa tiñan rexeitado a posibilidade dos tres debates, esta cuarta feira na xuntanza do Consello de Administración de la Compañía Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). Aínda así, Feijoo insistiu, e instou aos dous políticos a "reflexionar" porque, segundo el, esta fórmula é "a máis democrática".

Nesta liña, Feijoo tamén recalcou que el mesmo leva "meses aceptando debates", lembrando que xa lle dixera que si aos organizadores do debate de Antena 3, á proposta de Televisión Española -ámbalas dúas cadeas prepararan senllos cara a cara entre Feijoo e Touriño- e o debate a tres da Galega, á que o líder popular cualificou como "a televisión da Xunta".


3.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Imaxe do debate que se desenvolveu en 2008 entre os tres políticos, durante a campaña para as eleccións españolas
Imaxe do debate que se desenvolveu en 2008 entre os tres políticos, durante a campaña para as eleccións españolas
Antes de entrar no debate a tres, que o ano pasado transmitiu a Galega
Antes de entrar no debate a tres, que o ano pasado transmitiu a Galega