Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Cae a fichaxe estrela de Ourense

O PPdeG bota a Carrera das listas por non estar ao corrente con Facenda

"Respondo polos meus candidatos, non polos ex candidatos", dixo o líder da formación, Alberto Núñez Feijoo, quen xustificou a decisión na vontade de que non se identifique o partido con este tipo de actitudes.

Redacción - 17:35 06/02/2009
Carrera nun acto con Feijoo e Baltar

Carrera nun acto con Feijoo e Baltar

"Esta non é a conduta que desexo nin para o meu partido nin para o próximo Goberno", sinalou Alberto Núñez Feijoo na tarde deste venres, ao explicar a decisión de apartar das listas que o PPdeG presenta para estas eleccións na provincia de Ourense ao candidato que aparecía como número 1 debido a que non estaba ao corrente no pagamento de impostos.

"Tiven coñecemento de que Luís Carrera non estaba plenamente ao corrente coa Facenda pública, algo que descoñecía no momento de incluílo nas listas do partido", relatou Núñez Feijoo. "E por iso, agora que o sei, comunico a miña decisión de apartalo da candidatura", afirmou o líder do PP, asegurando que había "apenas 24 horas" que tivera coñecemento da situación de Carrera.

"El xa sabe esta decisión, que lla comuniquei esta mesma mañá, e entendeuno inmediatamente", indicou, "polo que me dixo, a súa conduta está amañada e foi ingresada na Facenda a cantidade pendente". "A súa situación pode ser legal, pero non representa a conduta que deseño para a rexeneración democrática de Galiza", dixo Feijoo. "Estou convencido de que é necesario un proceso de rexeneración democrática tanto entre os políticos como entre as institucións e por iso non me tremeu o pulso en tomar esta decisión", subliñou. Logo desta decisión, transmitida xa á Xunta Electoral Central, a lista do PP en Ourense pasa a estar encabezada pola até o de agora número dous, a concelleira popular en Verín, María do Carme Pardo.

Con 59 anos Luís Carrera, aínda que nado no concello lugués de Castro de Rei, acumula longa traxectoria por terras ourensás. É licenciado en Políticas e Económicas e foi director adxunto de Caixanova desde finais do 2000, após a fusión das caixas do sur. Anteriormente fora xustamente o presidente de Caixa Ourense.


4/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: