Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CARA A UN PLAN ESTRATÉXICO

En Galiza perviven 63 xogos e deportes tradicionais

Presentouse un estudo realizado conxuntamente pola Fundación Deporte Galego e a USC, que se empregará para a elaboración dun plan sectorial.

Redacción - 13:20 09/02/2009
Imaxe do acto

Imaxe do acto

Este domingo celebráronse en Compostela unhas xornadas que serviron para presentar as liñas de traballo que se van seguir na elaboración dun plan estratéxico dos xogos e deportes populares e tradicionais. Na xornada participaron catrocentas persoas entre as que estaban membros de asociacións de xogos tradicionais, practicantes e afeccionados aos 63 xogos e deportes tradicionais espallados polo país. O acto foi presidido pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto.

A xuntanza serviu para por en contacto aos diferentes representantes dos xogos tradicionais, aos que se lle ofreceu a posibilidade de integrarse nas catro mesas sectoriais que xa están traballando para elaboración dun plan sectorial que, en palabras de Ánxela Bugallo, debe "recuperar, revalorizar, transmitir, normalizar e normativizar os xogos e deportes tradicionais". No acto tamén se presentou un estudo realizado conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Deporte Galego, para o que se recolleron datos sobre a realidade actual dos deportes populares en todos os concellos do país.

O estudo titúlase "A realidade dos xogos e os deportes populares e tradicionais nos concellos galegos" e sobre el falou Constantino Arce, profesor da USC. O estudo destaca a existencia de 63 xogos tradicionais espallados polos diferentes recunchos de Galiza e a existencia dun movemento asociativo moi activo neste eido. Ademais, Arce falou instou a ampliar o traballo feito na promoción e conservación, levándoo a aqueles xogos que se están perder.


3.3/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: