ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Os veciños crean a plataforma furapresas

Mondoñedo ármase contras as minicentrais

Os habitantes da vila mariñá xuntáronse para loitar pola preservación dos ríos Figueiras e Tronceda, tentando evitar a construción de novos aproveitamentos hidroeléctricos.

Redacción - 18:30 13/02/2009
O fuciño do furapresas

O fuciño do furapresas

Esta quinta feira quedou constituída en Mondoñedo (A Mariña) a Plataforma Furapresas, creada polos veciños e veciñas da vila que se mobilizaron para evitar a construción de dúas novas minicentrais nos ríos Tronceda e Figueiras.

Na primeira xuntanza, subscribiron un seu manifesto (pode lerse aquí, en .pdf), e acordaron crear un grupo de traballo que ha planificar novas adhesións e tentar visibilizar, dende Mondoñedo a toda a Mariña, a magnitude dos danos que causan as minicentrais nos ríos. O que pretenden os e as mindonienses é artellar unha mobilización social firme e, ao tempo, manter un diálogo permanente coas administracións afectadas.

O furapresas é un mamífero (de nome científico, Galemys Pyrenaicus) que habita nalgúns ríos galegos. É unha especie endémica da Península Ibérica que se pode atopar nos augas ben conservadas e limpas, en hábitats que non foron alterados. O seu principal inimigo son os aproveitamentos hidroeléctricos, e a contaminación das augas. En galego tamén se coñece polo nome de Auganeira. A Plataforma escolleu este nome por tratarse dun animal que está a desaparecer dos ríos por causa da construción de minicentrais hidroeléctricas, mais, alén diso, segundo contan, "trátase dun nome moi axeitado ás nosas pretensións: a desaparición das presas, e deste xeito dar vida aos nosos ríos".


Ligazóns

4/5 (9 votos)

Comentarios (4)

tinho #1 13/Febreiro/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Todo o meu apoio

ecoe #2 13/Febreiro/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Outras xentes coma vós maniféstanse este domingo en Compostela, os de Galiza non se vende GOBERNE QUEN GOBERNE!

kelsen #3 13/Febreiro/2009 kelsen
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Vieiros, Mondoñedo é unha cidade dende 1157. Saúdos ós mindonienses i a salvar ise patrimonio que teñen

Benchoseiv #4 14/Febreiro/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paséi,pela primeira vegada,por Mondonhedo no ano 74.
O autocar parára diante da catedral(ía caminho de Xixón).Lembrome da moita xente que habia e do movimento do persoal.Percatabaste que habia vida.
Tornéi,pela cidade,no San Iago (xulho)do 008,cara Compostela.Fiquéi abraiado e areloado.Nâo podia acreditar o que olhaba.
Aquel Mondonhedo,que eu lembraba,estaba,ou está, esmorecendo.Pra onde queiras que botes os olhos somentes atopas esbarrulhamento social.Uma cidade morta e sem azos pra tomar alento e folgos.
Inda hoxe nâo posso esquecer esa coita imaxem.
P.D.Merquéi uma tarta de Mondonhedo.A dona da pasteleria da frente da catedral,que era ou é de Catalunha,dimpois de 20 e tantos anos alí,nâo falaba galego,senâo castelam.Cal nâo seria a minha sorpresa,cando,falandolhe em catalám,a resposta foi nessa lingua.
Sacade conclusôes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: