ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
NORMALIZACIÓN

Feijoo: “Pasamos dun bilingüismo cordial a un monolingüismo innecesario”

Núñez Feijoo, acompañado de Mariano Rajoy, sacou músculo xuntando a perto de 12 mil persoas en Pontevedra.

Redacción - 19:50 14/02/2009
Tags:

O candidato do PPdeG á Xunta, Alberto Núñez Feijoo, volveu falar de cuestións lingüísticas. Nun acto con medio cento de viúvas, o líder conservador comprometuse outra vez a derrogar o decreto de normalización do galego no ensino. Feijoo quere que os nenos poidan estudar no idioma que eles elixan á vez que garantiu a volta á “proporcionalidade” no uso de galego e castelán no sistema educativo.

Poucas horas despois deste acto, que tivo lugar en Compostela, Feijoo protagonizou o seu primeiro gran mitin de campaña en Pontevedra. Diante de perto de 12  mil simpatizantes chegados de diferentes bisbarras e escoltado por Mariano Rajoy, Feijoo comprometeuse a gobernar para todos deixando á marxe “as ideoloxías”.

Para o PPdeG a máxima prioridade é a creación de emprego e a loita contra ao paro. A este respecto, Feijoo chegou a  dicir que: “Non esquezo que o paro non é  unha simple estatística, son máis de 200 mil historias diferentes, como a de meu pai, dramas persoais e familiares, pero tamén historias de cooperación e superación”.


1/5 (1 votos)


Comentarios (6)

AGIL #1 15/Febreiro/2009 AGIL
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Por fim o pEpE faz o "estriptis" obsceno e amostra as suas vergonhas sem vergonha e "sin complejos": Unilinguísmo desnecessário, o Galego. Unilinguísmo necessário, o español. Bom, vale. Estamos no reino bourbónico herdeiro direto do franquismo. Vale!

pasarlobien #2 17/Febreiro/2009 pasarlobien
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Xa non é porque sexa do PP, e que este tipo é un mediocre.

Todo o día emPPorcando a política e levando o PPdG cara o neoliberalismo máis feroz.

Cal é o seu modelo para Galiza o modelo corrupto, bárbaro, irracional levado a cabo por o PP en Madrid, Valencia ou Murcia.

Cal é o seu ideal de sociedade os paraísos fiscais, o despido barato, a desregulación laboral. O crecemento baseado nas burbullas financieiras e do ladrillo.

Cal é a súa idea de identidade galega a cultura barata, a destrución do idioma, o turismo de flipaos e a nula presenza de Galiza no mundo.

tinho #3 17/Febreiro/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#2
Totalmente dacordo comtigo.
Iste quere levar o nosso povo direitinho cara a sua desapariçom, e nombrar-se a si mesmo como, o novo rei catolico do milenio como fies escudeiros tera a flor e nata do fascismoespanhol disfrazado de autoctono como a porro, lopez-chaves, negreira etc...
Nos como povo nom deberiamos permitirlho, pero hai tanto sipaio nas nossas filas...

Telleiro #4 17/Febreiro/2009 Telleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non entendo as palabras de Feijoo no derradeiro parágrafo: disque o seu pai está no paro?

suso #5 18/Febreiro/2009 suso
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois eu concordo 100% co Feijão.
Passamos, nas últimas décadas, do bilinguismo cordial ao monolinguismo innecessário....só que esse monolinguismo innecessário é em castelhano.
O bilinguismo "cordial" "harmónico", sempre conduz a isso: á monolinguização na língua dominante. Exemplos: Galiza, Gales, Escócia, Bretanha, Catalunha-Norte (Rosselló), Euskadi-Norte...
Só a immersão e a defesa total da língua própria, sem fissuras, garante o bilinguismo (lingua própria-língua franca de uso para comunicar-se co resto do estado): exemplos: Catalunha, Quebec.

Roquinho #6 18/Febreiro/2009 Roquinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A non moito tardar nos tratados de psicoloxía tratarase o caso do povo galego, un povo cunha cultura e lingua propia, que é quen de ter a un individuo coma Feijoo, que pregoa unha idea de españolismo sen tapuxos, contrario totalmente a súa propia cultura, con posibilidades incluso de gobernar. Para cando un povo que expulse do seu seo os fillos indignos de tal nome?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: