Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Concurso electoral

A vosa aposta: O luns trae agoiro de forza para o PP

A percepción media dos internautas de Vieiros que votaron até o de agora este luns é PP: 38; PSOE: 25 e BNG: 12. Entra e participa!

Redacción - 12:30 16/02/2009

No momento de escribirmos estas liñas, e no día posterior á publicación de diversas enquisas nos medios de comunicación, a sondaxe elaborada coas votacións en liña dos lectores de Vieiros reflicte un reparto de PP: 38; PSOE: 25 e BNG: 12.

Convidámosvos a enviar a vosa avaliación de resultados todos os días durante esta campaña. A idea é que acheguedes o voso prognóstico diario en función da percepción que tedes a pé de rúa. Repartide escanos, con sentidiño e observación, e dicídenos como vai ser o reparto de deputados que saia das urnas o próximo 1M. Recordámosvos que cada participación, permitirmos unha por cada nome de usuario e día, é unha opción máis para o sorteo dun computador ultraportátil.

Podedes facelo no espazo "A túa aposta", que atoparedes no especial Eleccións Galiza 2009, á beira da escolma de enquisas.


3.67/5 (6 votos)