Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Galiza2009

O ex responsábel de Acción Social do BNG na Arxentina votará por NÓS-UP

Guillermo Somoza comunicou por carta o seu apoio á candidatura da formación independentista que a enmarca dentro da "política de renuncias" dos nacionalistas.

Redacción - 17:30 27/02/2009

Guillermo Somoza, un dos dirixente do BNG na Arxentina, que en xaneiro abandonaron a organización por consideraren "esquizofrénico ser de esquerdas e militar nun partido que pretende ser o PNV", remitiu esta semana unha carta a NÓS-Unidade Popular onde comunicaba o seu apoio á organización independentista nas eleccións ao Parlamento.

Segundo confesa na misiva, Somoza considera que o BNG "traizoa as súas propias bases co seu xiro socialdemócrata e coa desconsideración da colectividade emigrante na Arxentina". A carta de apoio á candidatura de NÓS-UP remata cun "Até a vitoria sempre".

Pola súa banda, a formación agradeceu o apoio do Somoza, e enmarcou a súa decisión dentro de "toda unha tendencia de fondo dos sectores máis coherentes no mundo do BNG para o abandono dun proxecto desnaturalizado e negador do seu pasado rupturista e autodeterminista".

"Non podemos deixar de considerar significativo que algúns ex dirixentes e ex militantes do BNG na Arxentina, fillos dunha xeración ligada á esquerda e ao nacionalismo galego e republicano dos anos 30, se afasten da liña política de renuncias do BNG, apoiando a proposta anticapitalista e independentista de NÓS-UP", afirmaron.


4.33/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: