ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica reforma administrativa

Censuran que o PP venda como "aforro" a creación de "supercaciques" provinciais

O Colectivo de Servizo Público Galego analiza que o "delegado provincial único" agocha un proxecto de contrapoder ás deputacións que non aforrará cartos.

R. Noguerol - 18:05 04/03/2009
Afonso Rueda, secretario xeral do PPdeG

Afonso Rueda, secretario xeral do PPdeG

Combater o poder que nas provincias d'A Coruña e Lugo manteñen socialistas e nacionalistas a través dos pactos de goberno nas respectivas deputacións sería o obxectivo dunha das medidas estrela avanzada polo PPdeG á volta do 1 de marzo. Esa é a avaliación realizada polo Colectivo de Servizo Público Galego (CSPG), desde onde cualifican de enganosa a iniciativa anunciada polos populares. Unha novidade administrativa que mesmo lle permitiría a maiores ao novo executivo Feijoo ensombrecer por exemplo o poder do sector baltarista en Ourense ás portas do propio proceso de renovación a abrirse nesta baronía popular. "Supercaciques", é a definición que o colectivo cidadán lle outorga aos cargos que sairán desta iniciativa.

Tal e como o PPdeG presenta o proxecto, o actual esquema dun delegado de cada unha das consellarías en cada unha das provincias, até un total de 52 delegados provinciais, pasaría a un escenario de só 5 superdelegados, un por provincia e outro específico para a cidade de Vigo. Cada un deles asumiría a representación do conxunto das consellarías en cada unha destas demarcacións. Defenden os populares que se trata dunha iniciativa que será exemplo da austeridade prometida para o Goberno durante a recente campaña electoral.

Na práctica, medida irreal "e populista", analiza o CSPG
"Tratan de estabelecer un supercacique provincial que se poida impoñer e prevalecer sobre os presidentes das deputacións", critican desde o CSPG, usando para esta nova figura de superdelegados que propón o PP os cualificativos alternativos de "mandaríns" ou "virreis provinciais". "É un absurdo", debulla Xan Carlos Ansia, voceiro deste colectivo cidadán, recordando que na práctica o executivo necesitará de igual xeito unha estrutura que asuma as funcións de xestión irrenunciábeis do día a día. "Van pasar estes cinco señores toda a mañá asinando papeis", ironiza Ansia, censurando que o PP venda como aforro a presunta supresión de 47 delegados provinciais cando en realidade existirán figuras similares, xa que, evidentemente os superdelegados "nin poden entender de todo, nin xestionar todo". Aventura por isto que serán cargos parecidos con nomes diferentes e nomeados "a dedo".

"É unha nova figura que parece creada coa intención de despregar unha especie de deputación paralela", di Xan Carlos Ansia. "Que eliminen as deputacións se queren, pero ou sobra unha cousa ou outra", subliña. Segundo a percepción que o CSPG ten desta medida, estes novos "supercaciques" asumirían nas súas mans un inédito poder "mesmo superior a cada un dos conselleiros" e con ampla marxe de manobra a nivel provincial e perigo, advirten de caer en tentacións e prácticas "clientelares". "En cada provincia, as políticas en materia industrial, laboral, agrícola ou medioambiental, quedan impedidas e mesmo non natas, dependendo a planificación e efectividade da aquiescencia do mandarín", denuncian.

"A figura do virrei provincial non é do século XX, senón do XIX", apúntanlle aos populares desde a asociación. Agoiran que este novo cargo funcionará como instrumento de "substitución" dos cidadáns que teñen como interlocutor a administración por administrados condenados a "suplicar axuda política".

De paso, o Colectivo de Servizo Público Galego, que reúne non só a funcionarios da administración pública senón tamén a cidadáns doutros sectores sociais, aproveita para ofrecerlle ao próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, un resumo de ideas concretas e "realmente efectivas" para que cumpra coa promesa de austeridade. Entre outros, propoñen derrogar o polémico plus económico de altos cargos, reducir o número de asesores, reducir a propaganda institucional, suprimir "chiringuitos" ou "adelgazar" as asistencias técnicas.


4,19/5 (21 votos)

Comentarios (14)

Supertamarico #1 4/Marzo/2009 Supertamarico
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non o entendo, que austeridade? O que están a facer e crear mais postos. E dicir baixoumos un pouco o número de consellerías e mesmo metemos a xente de fora para que non teña que dar explicacións no parlamento, peeeeeeeero creamos unha chea de delegados nomeados a dedo que serán 52!!!!!!!!!1 O_o Pensan que somos parvos?

Gaias #2 4/Marzo/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Tanto falaban do coche de Touriño, que si era moi costoso e non era necesario, e resulta que o primeiro que escoitamos de Feijoo e que pensa mercar un novo.
Mais dun socialista que votou polo PP pola suposta "austeridade" de Feijoo e pola politica galegofoba vaise arrepentir ben cando empecen a gobernar con despilfarro, cheandose os bolsillos e incrementando as privatizacions eo paro entre a xente nova.

mnawe #3 4/Marzo/2009 mnawe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Se din que os conselleiros van ter adicación exclusiva, e non van ser deputados terá que haber 10 deputados máis(1 por cansellaría), e ¿10 deputados máis van custarnos menos que dúas consellerías q din quitar??

A min que mo expliquen.Toma austeridade.

mnawe #4 4/Marzo/2009 mnawe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quixen dicir que si 10 deputados van custar menos que dous conselleiros/as.

Porque aos funcionarios das consellarías non creo que os boten

Gaviotero #5 5/Marzo/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



xandaspipas #6 5/Marzo/2009 xandaspipas
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Quen é o "Colectivo de servizo publico galego" ? de ónde saiu? cal é a súa función? O plus de altos cargos, quen o estableceu? e os chiringuitos? Non entendo nada. Pero por si acaso ainda que nacionalista, eu non son Anxo Quintana.

Cesare #7 5/Marzo/2009 Cesare
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Gaviotero e demais, botemos as contas:
Agora hai 52 delegados das consellerías que cobran unha cantidade X. Despois haberá 5 delegados provinciais que cobrarán X e 50 máis subdelegados por áreas, que cobrarán algo menos que X. É dicir, auméntanse 3 postos de traballo, que, iso si, non son considerados "altos cargos". O que non sei é economicamente como resulta iso.

Pero todos eles estarán nomeados a dedo, porque é o que corresponde nun posto político. E iso non ten por que ser malo.

O do audi hai que botar as contas. É verdade que como promesa electoral mola, pero
a) o coche novo xa non se compra en Vigo, senón en Francia, porque en Vigo non se fabrica (co cal non sei que mal tiña Audi).
b) vaise gastar unha pasta en mercar un coche para substituír un que xa temos, e temos que conseguir vender o outro de segunda man, coa conseguinte depreciación... En euros contantes e soantes, canto aforramos?

roixordo #8 5/Marzo/2009 roixordo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Pero por Deus, ¿a estas alturas aínda hai alguén que pretende razoar con Gaviotero?

tinho #9 5/Marzo/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

os seculos escuros nom se podem volver a repetir-se o povo Galego todo aquel/aquela que ama esta terra nom pode olhar para outro lado agardando pola morte da sua cultura, do seu idioma,da sua alma ... em fim de todo o que representa-nos a todos-los Galegos de bem.

Reboredo #10 5/Marzo/2009 Reboredo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Xa podemos ir entendendo porque gañou como gañou o pp. Todos poñemonos a falar das tonterias que nos bota o pp. Que se vendo o coche, que se compro un de vigo, que se un citroen, que se agora suprimo delgados, cos choferes incluidos... sempre estamos a laricar sobre o que lle interesa ao pp e perdemos de vista o importante

Xistral #11 5/Marzo/2009 Xistral
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Citroen é unha marca francesa. E o C6 que se vai traer de Francia Feijoo unha vez blindado é tan caro como o audi. Só se fabrica en Francia ademais lede isto:
http://www.publico.es/espana/p...
Os cans sempre lamben aos seus amos verdade Gaviotero. E loxicamente vanse perder cartos ao vender un de segunda man e mercar outro novo.
Redución de postos??? Ja, ja,ja..., cando teña que comezar a colocar a todos este parvos dos que se nutre o pp e que estban sen facer nada na casa non vai dar abasto.

Benchoseiv #12 6/Marzo/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Gaviotero.¡Barra kelp,uld kahwa!

AdronoVeroti #13 6/Marzo/2009 AdronoVeroti
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Evidentemente que hai xente austera. Resulta que o cohe era prestado, pero non sabemos se pagaban os impostos correspondentes. O que si parece é que o préstamo vai ser agradecido, mercando un coche novo para presidencia (e quizas outros máis para os superdelegados, pois coa austeridade non creo que se deban cambiar os dos conselleiros e os do parlamento, por non citar outros máis que anda por aí) Por certo, é suxerente a resposta de dona Soraia aos autos de Garzón a propósito dos traxes do Sr. Camps para traslada a este asunto, que, sen dúbida, era menor pero convertido unha vez feito categoría, habera que seguirlle a pista e ver se o Sr. Feijóo declaraba o coche á Facenda, ou o declaraba o PP, ou ninguen, que como era un prestamo pois se usa sen máis. Si, pero agora, en agradecemento imoslle (todos os contribuintes) mercar máis coches novos. Por certo, para comprar subministros, na administración non se precisa facer un concurso? Ou é que por razóns de seguridade,etc.., vai por contrato directo, segundo os gustos.
Sorte para o galego, que nos vai cumprir.

Tome #14 30/Abril/2009 Tome
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

¿Preguntome se a Voz de Galicia ou o Faro de Vigo vanse facer eco desta noticia para facela publica, simplemente para que os paisanos se enteren? Si si si claro que si, ja ja ja ja ja.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: