Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONMÁN

O Octavio comeza contra o CAI Aragón a súa participación na Copa

Despois de anos ausentes, os vigueses participarán nunha competición que pode constituír o pasaporte para xogar torneos europeos o ano próximo.

Redacción - 12:30 10/03/2009
O Octavio volve a loitar cos grandes dende este mércores

O Octavio volve a loitar cos grandes dende este mércores

Este mércores comeza na localidade catalá de Granollers a Copa de balonmán, na que o Octavio terá o seu primeiro partido contra o CAI Aragón. O Academia Octavio volve a loitar cos grandes e, despois de anos subindo e baixando de categoría, semella que deste golpe vai a boa e o equipo vigués pode volver a consolidarse na elite estatal.

O primeiro gran síntoma é a súa clasificación para a Copa, competición na que estarán os equipos que ocupaban as oito primeiras posicións do campionato cando rematou a primeira volta. Alí os vigueses terán como rival ao CAI Aragón, o rival máis accesible dos sete que lle podían tocar. Aínda que ao comezo do ano os aragoneses partirían como favoritos neste partido, agora a cousa é ben diferente e malia non chegar no seu mellor momento de forma, o Octavio está facendo unha gran temporada e chega a este partido igualado cargado de ilusión.

O encontro será o mércores ás 19.00 horas, no Palau D´esports de Granollers. De acadar a vitoria, o Octavio enfrontaríase nas semifinais ao vencedor do encontro entre Ciudad Real e Ademar León, dous dos máis farrucos desta competición.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: