Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOVA WEB

Todo o patrimonio cultural galego, sen saír da casa

Patrimonio.org recolle fichas, imaxes e outros recursos de máis dun cento de elementos de valor histórico.

Redacción - 18:00 10/03/2009

Castelos, pazos, pontes, igrexas, mosteiros, patrimonio etnográfico, castros, gravados rupestres, megálitos, patrimonio industrial, museos, arquivos... Todo o patrimonio cultural galego con só facer 'clic' co rato. Patrimonio.org ofrece fichas, imaxes, vídeos e outros recursos sobre máis dun cento de elementos patrimoniais de todo o país.

A web nace coas fichas de 122 espazos, e cada ficha contén unha descrición do ben, con información sobre os seus valores históricos e artísticos, fotografías, o grao de protección do ben e outros datos de interese. Achégase ademais información práctica sobre a súa localización a través das coordenadas e da súa posición nun mapa. As fichas de bens patrimoniais están en continua actualización, polo que a diario iranse incorporando novos elementos patrimoniais á web.

A web reserva un espazo para rotas culturais. Trátase de propostas de percorridos por varias comarcas galegas para coñecer os seus elementos patrimoniais máis destacados. As rutas están pensadas para ser descargadas como PDF e acompañar aos viaxeiros, ademais de poder descargar a ruta en formato GPS.

Patrimonio.org constitúese como centro de recursos na Rede para achegarse á actualidade e acceder a información práctica sobre o patrimonio cultural de Galiza. A web conta cun apartado dedicado ao marco normativo, no que se pode descargar a lexislación galega do patrimonio cultural. Pódense descargar tamén publicacións da Consellaría de Cultura e vídeos sobre o patrimonio. Outro apartado está dirixido aos escolares, con información sobre patrimonio deseñada para público infantil, xunto con unidades didácticas pensadas para os diferentes niveis educativos.


4,33/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A web patrimonio.org (clica para ampliar)
A web patrimonio.org (clica para ampliar)
Castro de San Cibrao de Las
Castro de San Cibrao de Las
Castelo de Castro Caldelas
Castelo de Castro Caldelas
Muíños do Folón
Muíños do Folón