Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
20 anos de prisión

Manteñen a condena ao estudante afgán por "blasfemar" contra o Islam

Sen escoitar a defensa, o tribunal confirmoulle a sentenza á familia de Sayed Perwiz Kambakhsh. Acúsano de distribuír un texto dun blog que critica o tramento da muller.

Redacción - 14:00 11/03/2009
Unha fotografía de Sayed Perwiz Kambakhsh de estudante

Unha fotografía de Sayed Perwiz Kambakhsh de estudante

O Tribunal Supremo de Afganistán confirmou a condena de 20 anos de prisión imposta ao estudante de xornalismo Sayed Perwiz Kambakhsh, por "blasfemia", ao, presuntamente, distribuír na súa aula un artigo escrito por un blogueiro iraniano, no que se criticaba o tratamento da muller no Islam.

A Corte Suprema de Xustiza afgá xa hai un mes que tiña tomado a decisión, sen escoitar sequera a defensa, mais a familia só tivo coñecemento da sentenza o pasado domingo 8 de marzo. No xuízo non estivo presente nin o propio acusado, nin ninguén da familia ou o avogado. Nun comezo, Kambakhsh, que é estudante na Universidade de Balkh e traballaba para o xornal Jahan-e Now (O novo Mundo) -na cidade de de Mazar-i-Sharif, capital da provincia setentrional de Balkh- até o día da súa detención, en outubro de 2007, fora condenado a morte nun xuízo sumario. Posteriormente, a condena a morte foi conmutada por un tribunal de apelación de Kabul, en outubro do ano pasado.

Represalias polo traballo de seu irmán
Dende o comezo, o irmán de Kambakhsh, Ibrahimi, que tamén é periodista e colabora con medios internacionais dende o 2003, denuncioou que a condena é en realidade unha "represalia" polos artigos que el mesmo escribiu sobre as violacións dos dereitos humanos no norte de Afganistán. Ibrahimi fixo o ano pasado unha xira por varios países europeos na procura de amparo para seu irmán. O caso levou á organización Reporteiros Sen Fronteiras a demandar o goberno afgán para que reforme a lei contra a blasfemia.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: