Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
A nivel local

A CTNL falará coa Xunta, a Fegamp e as Deputacións para garantir a normalización da lingua

A Coordinadora de Traballadores/as da Normalización Lingüística acordou traballar en conxunto co movemento de defensa do galego.

Redacción - 10:45 17/03/2009
Unha imaxe tirada en Zúric (Suíza) / Flickr: calidonia

Unha imaxe tirada en Zúric (Suíza) / Flickr: calidonia

A Coordinadora de Traballadores/as da Normalización Lingüística (CTNL) desenvolveu a pasada sexta feira a súa Asemblea Xeral, na que resolveron renovar o argumentario e o traballo en defensa da nosa lingua, e en colaboración co conxunto do movemento normalizador do país, alén de planificar vindeiros contactos coa nova Xunta, a Fegamp e as Deputacións, para que non se paralicen os proxectos necesarios para a normalización lingüística.

Traballar xuntos pola defensa e promoción do idioma
"Ante a nova situación política e os proxectos anunciados para a lingua poño futuro Goberno", a CTNL acordou mudar a súa liña de traballo e ollar cara os outros movementos, colectivos e sectores implicados na defensa e promoción da nosa lingua, para colaborar e, xuntos, anovar os argumentos a favor da normalización. Alén disto, agardan unir forzas para que a nova Xunta "recúe nas súas anunciadas intencións de paralizar diversos proxectos de importancia para a normalización da lingua".

Propoñerlle a Xunta novos proxectos, para que non se paralice o traballo normalizador
Outra das liñas que se ha seguir dende a CTNL será a de colaboración coas administracións, como a Xunta, as catro Deputacións (as da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) e a Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) para propoñerlle o desenvolvemento de proxectos e accións "necesarios para o fomento do uso e prestixio" do galego.

Alén disto, dende a Coordinadora, tamén anunciaron que van continuar nas súas liñas de traballo, defendendo os intereses xerais dos traballadores e traballadoras da lingua -a nivel de contratación, da procura de igualdade nos procesos selectivos, melloras das condicións salariais, etc.-; e organizando accións formativas, dirixidas a todas as persoas que traballan na normalización da nosa lingua. Tamén se anunciaron unha liña de traballo dedicada a promover a entidade e a reforzar a organización. De momento, a CTNL conta cuns 200 socios e socias, e a pasada semana renovou a directiva.


4.56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: