Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protestaban contra Boloña

Nova carga contra os estudantes en Barcelona

Na mañá da cuarta feira os Mossos cargaron contra as persoas que foran desaloxados, tras catro meses de peche, e ao mediodía houbo novos enfrontamentos.

Redacción - 18:00 18/03/2009
Os Mossos detendo a Enric Duran, no edificio histórico da UB esta terza feira

Os Mossos detendo a Enric Duran, no edificio histórico da UB esta terza feira

18:00: Os partidos no goberno catalán néganse a falar das fortes cargas coas que se atoparon os estudantes que protestaban no centro de Barcelona

Tras o desaloxo, na madrugada desta cuarta feira, do edificio histórico da Universidade de Barcelona -que permanecía ocupado polos estudantes, en protesta contra o Proceso de Boloña, dende o pasado 20 de novembro-, os universitarios botáronse á rúa, nunha manifestación pacífica na que amosaban o seu malestar pola violencia con que foron tratados os seus compañeiros.

Porén, atopáronse con outra carga que os agardaba, ao mediodía, no centro da cidade. Finalmente, a manifestación improvisada disolveuse.

Os partidos no goberno catalán rexeitaron pronunciarse sobre a violencia que os Mossos d'Esquadra despregaron contra as protestas estudantís. Por outro lado, algúns profesores da UB amosaron a súa solidariedade cos detidos, nun acto público.

Para ampliar información:


14h00: Máis información sobre a marcha en solidariedade cos detidos no desaloxo (no mediodía da cuarta feira):




11h15: Desaloxan, con violencia, os estudantes que ocupaban dende hai catro meses a Universidade de Barcelona
O desaloxo de 53 estudantes de dentro do edificio histórico da Universidade de Barcelona (UB) cara a Praza Universitat, terminou nunha batalla campal, na madrugada desta cuarta feira. Os estudantes cortaron, na súa saída, o tránsito da Gran Vía, en sinal de protesta, e os Mossos d'Esquadra cargaron contra eles, para facelos dispersarse. En resposta á carga, os estudantes lanzáronlles obxectos aos axentes, e estes, polo seu lado, detiveron, segundo Barcelona Indymedia, unhas 17 persoas.

Mentres os seus compañeiros estaban a ser desaloxados, varios estudantes ocuparon a Facultade de Letras da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), e está previsto que esta quinta feira ocupen tamén as de Ciencias da Educación e Ciencias da Comunicación.

Os estudantes levaban pechados neste predio da UB dende o 20 de novembro de 2008, cando, ao terminar unha manifestación contra a entrada da Universidade catalá no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), a consecuencia do Proceso de Boloña, decidiron ocupar o edificio, en sinal de protesta. O predio histórico da UB foi un dos primeiros que se ocupou no marco das protestas contra Boloña nos Países Cataláns, xa que, anteriormente se tiñan ocupado varios edificios universitarios en Valencia.

Alén disto, e tamén relacionado coas protestas na Universidade, cómpre lembrar que esta terza feira os Mossos tamén entraron na edificio histórico da UB para deter o activista Enric Duran, coñecido como o estafador solidario.


Ligazóns

4.5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Elaborado polo xornal electrónico Vilaweb, vídeo sobre o peche dos estudantes na UB (24-11-2008)

"Deteñamos Boloña!", na faixa de cabeza nesta manifestación polas rúas de Barcelona, o domingo 6 / Flickr: jaceros
"Deteñamos Boloña!", na faixa de cabeza nesta manifestación polas rúas de Barcelona, o domingo 6 / Flickr: jaceros