Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Desde a agrupación viguesa do PSdeG-PSOE

A "reflexión política" toca antes que a "elección de persoas", analiza Gonzalo Caballero

O ex concelleiro vigués confirma contactos para a formación dunha candidatura alternativa á de Manuel Vázquez.

Redacción / EP - 10:00 21/03/2009

Cara ao congreso extraordinario que os socialistas celebrarán o próximo 25 de abril, abrolla xa a posibilidade dunha candidatura que se enfronte á que de momento goza co apadriñamento da dirección do PSOE. O líder da corrente crítica dos socialistas vigueses, Gonzalo Caballero, sobriño do actual rexedor da cidade olívica e enfrontado a este no interior do partido, confirmou a existencia de contactos con diversas agrupacións locais coa fin de deseñar unha posíbel candidatura alternativa á oficialista.

Caballero explica que os pasos seguintes dependerán da percepción da existencia ou non de "masa crítica" abondo no interior do partido para a conformación desa alternativa. Ao respecto das afirmacións de Manuel Vázquez este venres, nas que o do Carballiño aseguraba que a súa candidatura non estaba imposta desde arriba, en referencia ao apoio do propio vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco, o vigués considerou "normal que negue estar apadriñado". Así, e ao fío da prometida consulta á militancia, recordou que "as bases non son as que votan, senón que vota o aparato do partido".

O antigo edil no Concello de Vigo insistiu en que debería priorizarse a "reflexión política" sobre o futuro do PSdeG á propia "elección de persoas" para liderar o proxecto. "Psrimeiro deber haber un debate sobre o proxecto político do partido e logo ver qué compañeiros son os máis axeitados para asumir cada papel", expuxo. Así e todo, admitiu que Manuel Vázquez "é un valor do PSdeG", malia advertir que para lograr que os críticos vigueses lle apoien "debe facer unha oferta que convenza".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: